sábado, 20 de noviembre de 2010

DIA DOS DEREITOS DOS NEN@S



O 20 de Novembro celébrase o Día Universal do Neno desde que así o recomendase aos seus membros a Asemblea Xeral da Nacións unidas en 1954, para que ese día se adicase á fraternidade e a comprensión entre os nenos do mundo enteiro e para que ese día se celebrasen actividades destinadas a promover o benestar de todos os nenos.

Na Cume do Milenio no 2000 establecéronse os 8 obxectivos de desenvolvemento do Milenio que teñen moi presente, como non podía ser doutra maneira, a saúde, a educación dos nenos e a preservación dun medio saudable:

1. Erradicar a pobreza e a fame

2. Lograr o ensino primario universal

3. Promover a igualdade de xénero e a autonomía da muller

4. Reducir a mortalidade infantil

5. Mellorar a saúde materna

6. Combater VIH/SIDA, o paludismo e outras enfermidades prevalecentes

7. Garantir a sostibilidade do medio ambiente

8. Fomentar unha asociación mundial para o desenvolvemento
                     

O neno debe ser protexido e coidado, non só pola súa familia e o seu grupo primario, polo Estado, polos políticos, pola cidadanía enteira. Os dereitos dos nenos son tan amplos como amplos son os aspectos dunha vida, teñen dereito a estudar, a vivir en condicións dignas, a que se coide da súa saúde (física e mental), a ser alimentados e sobre todo amados. Cada un de nós, seguramente desde o seu lugar, tenta que estes dereitos sexan respectados, pero non sempre a realidade permite que iso se cumpra.  É un deber de todos coñecer cales son os dereitos que os nosos mozos teñen porque, coñecendo, é máis fácil loitar por que todos gocen deles.
Todos e cada un dos dereitos da infancia son inalienables, irrenunciables, innatos e imprescindibles para unha boa infancia.

Todos os nenos e nenas teñen o mesmo dereito a desenvolver o seu potencial: todos, en todas as situacións, todo o tiempo, en todas partes.

martes, 9 de noviembre de 2010

As grandes relixións


Nun mundo tan plural como o noso, non é nada difícil encontrarnos, charlar, convivir, con persoas doutras culturas, doutras razas e doutras relixións.
De moitas destas relixións non sabemos nada ou case nada e doutras só utilizamos tópicos que para nada axudan ao dialogo e ao entendemento entre a xente.
Imos afondar con este traballo no coñecemento dunha das grandes relixións do mundo.
Cada un de vos poderá elixir unha das grandes relixións ( Cristianismo, Hinduísmo, Budismo, Xudaísmo ou Islam). Debedes reunir información, ordenala e elaborar un traballo escrito para expoñer na clase(en formato word, power point ou en mural) sobre o tema elixido.
Estas preguntas poderanvos servir de guión para o traballo, aínda que podedes modificar o guión sempre que recollades o esencial da relixión que elixistes:

- Quen fundou a devandita relixión?
- Cando e onde se fundou?
- En que países se encontra implantada actualmente?
- Cales son os seus mandamentos principais?
- Ten "libro sagrado"? Como se chama?
- Os seus seguidores teñen algunha particularidade especial, chaman a atención por algo?
- Hai algún rito particular da devandita relixión?
- Cales son os seus lugares sagrados?
- Existe algún día ou lugar especial de reunión? Para que se reúnen?

Tedes, pois, que elaborar un traballo escrito tratando de responder a todas estas cuestión. Podedes engadir mapas, debuxos ou outros elementos que completen e axuden a entender mellor a devandita relixión.
Aquí póñovos uns enlaces que vos poden servir de axuda, pero podedes buscar pola vosa conta.
http://www.portalplanetasedna.com.ar/religion2.htm
http://www.monografias.com/trabajos28/religiones/religiones.shtml
http://es.catholic.net/indice/mapa.php?ts=42&ca=786&te=2599
http://www.rosario.org.mx/doctrina/grandes1.htm

Podedes entregar o traballo na clase ou mandalo á dirección de correo: enreliando@gmail.com

jueves, 4 de noviembre de 2010

BOAS VIBRACIÓNS

Good Vibrations 2009 (Boas vibracións) é unha curtametraxe animada creada para a campaña "Proxecto de responsabilidade" da compañía de seguros “Liberty Mutual”. Forma parte dunha serie de curtos de animación destinada a crear un debate na xente sobre os actos persoais da responsabilidade e sobre a necesidade das persoas de tomar a iniciativa en lugar de curiosear e fisgar.
Este vídeo foi escrito e dirixido por Jeremy Clapin (París 1974) artista gráfico, ilustrador para prensa e varias casas editoriais e director independente de anuncios publicitarios.

                           


PARA COMENTAR NA CLASE:

1. Resume a breve historia.
2. Os personaxes que aparecen (Executivo con lentes,señor con lentes,paxaro comendo pan,ancián, neno en bici, persoas nas ventás do edificio).
3. Que quere dicir esta pequena historia?
4. Que lles fai reaccionar ás persoas que están nas ventás?,
5. Que lle fai actuar ao ancián de xeito diferente?
6. Podemos pensar en nós mesmos: que nos fai vibrar na vida?.
7. Somos persoas espectadoras das cousas ou gústanos actuar?
8. Comenta algunha acción que fagas en que deixes de ser espectador do que estaba acontecendo.
9. Pensa nalgún personaxe que na historia deixe de ser espectador para traballar e facer algo polos demais.
10. Gustouche esta historia?