lunes, 22 de marzo de 2010

O ARTE DÁS CATEDRAIS: O CEO NA CIDADE

Querid@s alumnos de 4º,seguindo o modelo de comentario que vos indico a continuación tedes que facer un breve estudo sobre un dos mellores exemplos da arquitectura románica: a Catedral de Santiago de Compostela.

Para facer o traballo podedes efectuar unha visita á páxina oficial  da catedral, extraordinariamente ben concebida a través da cal podedes facer unha visita virtual. Igualmente, existen boas informacións na web da igrexa compostelá . Por último, non deixedes de visitar as dúas excelentes páxinas que presenta a Fundación Barrié sobre cuestións relacionadas coa catedral: o  coro pétreo do Mestre Mateo  e a  música do Pórtico da  Gloria,  que podedes oir en directo.  (Picade enriba da cor amarela para acceder as páxinas).
Actividade

Vista do cruceiro da catedral

1) DETERMINAR:
a) Tipo de obra:
b) Título:
c) Localización:
d) Autor:
e) Data:
f) Estilo:



             Planta da catedral                       2


2) ANALIZAR

a) Análise técnica:
 Forma:
 Descrición xeral:

b) Análise simbólica:
Que simboliza a catedral de Santiago

c) Análise sociolóxico:
O fenómeno das peregrinacións.

                                                  Nave central e tribunas dunha  nave lateral.

martes, 9 de marzo de 2010

8 DE MARZO, DÍA DA MULLER



O día oito é o Día da Muller traballadora. Ben sabedes que o día 8 de Marzo de 1908, 146 mulleres que protestaban en Nova York polos baixos salarios nunha fábrica téxtil, foron calcinadas polas bombas incendiarias que lanzou a policía.
Lembremos á nosa muller galega que traballaba na casa, criaba os fillos e tamén traballaba nas leiras.
Á muller do emigrante, que facía fronte á vida ela sola.
Ás avoas dos matrimonios emigrantes que fixeron de nais para cos seus netos.
Á muller do mariñeiro, tanto o que pescaba en alta mar coma o de baixura. Mulleres estas, moitas veces viúvas, polos naufraxios que enchían de dor e bágoas os nosos peiraos galegos.
Ás mulleres “viúvas de vivos” que dixo Rosalía. Porque había un océano de por medio que impedía a comunicación.
Mulleres, en fin, que pola súa condición feminina, hoxe, ou non atopan traballo, ou reciben un salario menor.
Unha lembranza garimosa para ás nais solteiras, víctimas do desamparo, abandonadas, esquencidas, pero que poñen todo o seu amor en criar, educar uns fillos que teñen dereito a recibir axuda, amor compartido, dos pais.

Galicia ten nome de muller, porque é unha terra traballadora, farturenta e chea de vitalidade, anque marxinada terra de tantas mulleres traballadoras que o día 8 de Marzo quere homenaxear.