Para ver o vídeo pica na imaxe de abaixo
miércoles, 27 de abril de 2011
Sacalalengua - Religiones
Qué palabras usamos cando falamos de Deus?. Católicos, musulmáns, xudeos, anglicanos, budistas, hinduistas e tamén non crentes e ateos, falannos na súa propia linguaxe acerca do divino.
SAME 2011 : A educación non é un conto, polos dereitos das nenas e as mulleres.
No ano no que o Día Internacional da Muller conmemora o seu 100 aniversario, a Campaña Mundial pola Educación ten como tema central a educación das mulleres e das nenas.
O acceso a unha educación de calidade para homes e mulleres debería estar garantido. Non obstante, a realidade mundial mostra que as mulleres seguen sendo discriminadas no exercicio do dereito a educació
Nós tamén queremos unirnos á Campaña Mundial pola Educación e ás accións da SAME 2011.
Baixo o lema A EDUCACIÓN NON É UN CONTO: POLOS DEREITOS DAS NENAS E As MULLERES, millóns de persoas en todo o mundo mobilizarémonos para lembrar aos líderes políticos as dificultades que millóns de nenas e mulleres teñen para acceder a unha educación de calidade e para pedirlles que tamén lembren e cumpran o seu compromiso de facer realidade a Educación para Todos e Todas en 2015.
Para iso, a actividade central da SAME 2011 consistirá na GRAN HISTORIA, é dicir, na elaboración dun gran libro de contos escritos por alumnos, alumnas, docentes e personalidades destacadas do mundo da interpretación nos que se reflicta como o acceso á educación -ou a falta desta- poden marcar a vida das mulleres e das nenas. Unha Gran Historia, que fale sobre os dereitos das nenas e mulleres e como a oportunidade para ir á escola cambiou o rumbo das súas historias.
Axúdanos a mostrar que a educación de calidade é necesaria para todos e todas.
Como podes facelo:Podes colgar ti mesmo o relato a través da páxina internacional da Campaña Mundial pola educación http://www.cme-espana.org/ : Como? Só tes que asinar (Sign Up), escribir os teus datos (como persoa particular ou como profesor-organizador) e escribir unha pequena historia que quedará reflectida. Así poderás ler tamén as diferentes historias que se escribiron nos demais países.
Cantos máis relatos teñamos en todo o mundo máis alto e máis claro quedará a mensaxe!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
-
Viento impetuoso, temblor del cielo, fuego sobre los hombres... pintar Pentecostés es un reto para el arte. "Pentecostés", obra ...
-
Son muchos los libros que se han publicado en los últimos años respondiendo a la pregunta de si Fe y Ciencia son compatibles. Uno de los ...
-
Preparados para a Semana de Acción Mundial pola Educación (SAME) 2019?. Este ano baixo o lema "Defendemos a educación, sostemos o mund...