domingo, 25 de diciembre de 2011

CARREIRA "QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE"


A  pesar do mal tempo que nos acompañou o martes, o milagre fíxose posible  e os nos@s rapaces vencendo a choiva e o frío correron no maratón  solidario que organizou o noso colexio.
Desde o CPI “Conde de  Fenosa” agradecemos a todo o alumnado a participación na carreira  “Quilómetros de Solidariedade” e por suposto, a nosa atleta Paula  Mayobre por apoiar esta causa e correr cos rapaces e rapazas do noso  colexio. Mención especial para os alumnos e alumnas que buscaron  patrocinadores entre os profesores/as e tamén fora das aulas, grazas aos cales a recadación superou os  800 euros.
Noraboa a tod@s e grazas pola vosa implicación e solidariedade.
  Nota de prensa

Os nosos atletas solidarios 


Paula recibindo de máns da directora un agasallo

EXITO DA "OPERACIÓN QUILO" REALIZADA NO NOSO COLEXIO




Por segundo ano consecutivo o noso colexio realizou a campaña de recollida de alimentos para a Cociña Económica. Recadáronse perto de 600 quilos de alimentos que foron levados, coa colaboración do Concello, ata  Ferrol. Grazas a todos e todas: familias, alumnado, profesorado e comunidade  educativa en xeral pola vosa aportación, pola vosa solidariedade e polo voso apoio nesta campaña.



 Nota de prensa no Diario de Ferrol. www.diariodeferrol.com

domingo, 18 de diciembre de 2011

I CERTAME DE PANXOLIÑAS CONCELLO DE ARES

O sábado 17 de decembro tivo lugar na Igrexia Parroquial de Ares o I Certame de Panxoliñas organizado polo noso Concello. Actuaron  o coro xuvenil ( no que temos grandes cantantes do noso cole), o coro Voces Amigas, a Coral do casino, o coro parroquial e a Rondalla Trovadores. Aqui vos deixamos un pequeno video con unha das panxoliñas de fondo que cantou o coro xuvenil.  FELIZ NADAL A TOD@S.



           

martes, 13 de diciembre de 2011

MARATÓN SOLIDARIO: VIII CARREIRA QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE


Dende fai 8 anos celébrase en miles de centros educativos de toda España a Carreira Quilómetros de Solidariedade. É unha actividade con dobre finalidade: por unha banda, espertar nos rapaces e rapazas un espírito crítico e solidario cara as inxustizas que afectan a millóns de nenos e nenas de todo o mundo e, por outra banda, recadar fondos para axudar a infancia mais desfavorecida e facer que se respecten os seus dereitos.
 O noso centro o CPI  “Conde de Fenosa”, a través dos departamentos de relixión e educación física, está a participar este ano nesta actividade en colaboración coa ONG “Save the Children”, polo que,  o martes 20 de decembro, os rapaces de secundaria do noso colexio realizarán un Maratón Solidario facendo un percorrido  por Ares.
Cada rapaz e rapaza abonará 1 € por inscribirse na carreira e recibirá un dorsal, un carné de corredor e un diploma acreditativo de participación. Pola súa banda, a recadación das inscricións irá a parar a través de Save the Children a reconstrución de infraestruturas escolares na República Democrática do Congo.
Estaremos acompañados nesta carreira pola atleta aresá Paula Mayobre que apoiará esta causa coa súa presenza , acompañando aos rapaces e rapazas do noso centro.
Agradecemos ao alumnado do noso centro a súa participación e  solidariedade e invitamos a todos os pais e nais a que o día 20 saian a rúa a apoiar aos nosos corredores solidarios.


lunes, 12 de diciembre de 2011

OPERACIÓN QUILO DE NADAL 2011

                    Solidarios coa Cociña Económica de Ferrol

Tras o éxito acadado coa I Operación Quilo no pasado Nadal, na que grazas á implicación de toda a comunidade educativa (alumnado, pais e nais, profesorado…) conseguimos perto de 500 quilos de alimentos, este ano estamos a  planificar a II Operación Quilo de Nadal 2011, unha campaña de recollida de alimentos para colaborar coa Cociña Económica de Ferrol. Esta é unha das institucións benéfico-sociais más importantes da cidade, e o seu comedor alberga diariamente a centos de persoas, que acoden a recibir unha ración de xantar coa que poder subsistir.Por isto alumnado, profesorado e familias poderán  contribuír de maneira voluntaria aportando  calquera alimento non perecedeiro, do 1 ao 15  de Decembro. Esperamos a vosa colaboración e que participedes xunto cos vosos/as fillos/as para contribuír a facelos máis solidarios e xenerosos fronte os menos favorecidos.

                                          Grazas pola vosa colaboración