lunes, 19 de noviembre de 2012

20 NOVEMBRO. DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA

En 1956, a Asemblea Xeral de Nacións Unidas recomendou que se instituíra en todos os países un Día Universal da Infancia, que se consagraría á fraternidade e á comprensión entre os nenos e as nenas do mundo enteiro e destinaríase a actividades propias para promover o benestar dos nenos e nenas do mundo. O 20 de novembro conmemórase a data en que a Asemblea Xeral aprobou a Declaración sobre os Dereitos do Neno en 1959 e a Convención sobre os Dereitos do Neno en 1989. Por iso, o 20 de novembro pasou a ser o Día Universal dos Nenos e as Nenas.
Os rapaces e rapazas de 1º da ESO do CPI "Virxe da Cela" a través do canal "Radio Monfero FM 3.9", realizaron un interesante programa sobre o Día dos Dereitos dos Nenos. Premede debaixo para escoitalo, seguro que nos vos deixará indiferentes. 



                                                 

sábado, 17 de noviembre de 2012

VISITAMOS O LOCAL DE CÁRITAS EN ARES

O pasado xoves o alumnado de 1º e 2º dá ESO visitou as instalacións de Cáritas sitas no baixo dá Biblioteca de Ares, lugar que cedeu amablemente o Concello para que esta institución poida atender as persoas que o necesitan.
Cando chegamos estábanos a esperar Concha que é unha dás voluntarias de Cáritas. Amablemente explicounos como xurdíu Cáritas, canto tempo levaba en funcionamento, cantos alimentos recollían ao mes e unha morea de preguntas máis que os races e rapazas  lle fixeron. Tamén amosounos as instalacións: o ropeiro con toda a roupa doada pola xente, os conxeladores onde gardan alimentos perecedeiros, a sala onde están en diversas estanterías, os alimentos recollidos. Explicounos que ademais dos alimentos que recollen na sé de Cáritas, tamén contan coa colaboración de diversos supermercados e establecementos de Ares onde a xente pode depositar a súa doazón. 
“Aínda que estamos en tempos de crise, e todos a notamos, a xente de Ares é moi solidaria”, suliñou Concha, quen nos puxo o exemplo de  xente que nun determinado momento tivo que acodir a Cáritas e  hoxe en día, esa mesma xente, que xa non necesita a axuda de Cáritas, achégase pola institución para deixar alimentos e aportar o que pode dentro dás súas posibilidades.
Esta visita é previa á que faremos no nadal cando levemos a Cáritas e á Cociña Económica de Ferrol os alimentos que recolleremos no noso centro dentro da “Operación Quilo” de Nadal.