jueves, 1 de octubre de 2015

CUARTO MUNDO: POBREZA NOS PAÍSES DESENVOLVIDOS

A distribución desigual da riqueza nos países do Primeiro Mundo aumentou a distancia que separa ás persoas ricas dos grupos máis desfavorecidos.

O crecemento económico dos países desenvolvidos deu orixe ao que se coñece como Cuarto Mundo, un termo que engloba a todas aquelas persoas que residen nos países máis avanzados, pero atopanse excluídas ou en risco de exclusión social.

¿Por que xorde?

 O termo 'Cuarto Mundo' foi utilizado por primeira vez nos anos 70 para designar a aquelas persoas que viven en situacións realmente precarias. O seu creador foi o pai Joseph Wresinski, criado nun ambiente moi afastado da opulencia e que fundou en 1957 a primeira asociación contra a exclusión dos máis pobres. "O Cuarto Mundo é un pobo formado por homes, mulleres e nenos que, xeración tras xeración, vense excluídos dos dereitos fundamentais dos que goza o resto da sociedade. Vense excluídos dos progresos sociais e da participación na vida asociativa, política, relixiosa, cultural, sindical... das súas sociedades. Non se conta con eles como interlocutores senón, como moito, como meros beneficiarios de axudas. ¿Pero cal é a principal característica deste denominado Cuarto Mundo? O máis curioso é que xurde dentro do que se coñece como Primeiro Mundo. É nos países máis avanzados onde a gran diferenza no reparto da riqueza dá lugar a dous grandes grupos que ocupan un mesmo espazo físico, pero non social. Non son casos illados. Segundo datos de Médicos do Mundo, só en Europa residen máis de 40 millóns de persoas pobres.
A miseria sempre estivo presente na nosa sociedade. Sempre existiron ricos e pobres. Pero é agora cando esta diferenza faise máis patente. A medida que a economía do mundo occidental crece, tamén aumenta o número de persoas ás que esta riqueza non chega. Téndese a pensar que os máis pobres viven nos países do Sur. Sorprende recoñecer a pobreza 'a beira da casa', pero a hai. "En tódolos países hai pobres, que son os que menos medios teñen para saír adiante".
Combater a pobreza é un dos retos da sociedade en que vivimos.
Se non se atopa unha solución, o problema pode facerse crónico e entrar nunha espiral de difícil saída. É necesario poñer sobre a mesa as diferentes situacións de exclusión social e afrontar cada unha delas coas mellores ferramentas. Unha das claves podería ser a incorporación destas persoas ao proceso produtivo ou a elaboración dunha Lei de Inclusión Social. "O crecemento económico espectacular xerado nos últimos anos non contribuíu a garantir os dereitos humanos nin a mellorar as condicións de vida de tódolos cidadáns porque o umbral de pobreza non descendeu.

Dentro da categoría podemos atopar:
  • Anciáns desamparados. 
  • Viuvas e nais sen medios económicos. 
  • Nenos abandonados, explotados ou prostituidos.
  • Marxinados sociais (drogadictos, alcohólicos...)
  • Persoas sen fogar e mendigos.
  • Persoas sen protección oficial.

 

 Proposta de actividade (ESO):
Tralo debate do tema e a exposición do tema do Cuarto Mundo: pobreza nos países desenvolvidos , debedes facer un comentario reflexivo e agregar as conclusiones as que cheguedes nun traballo persoal.( Mínimo unha cara dun folio).