domingo, 31 de enero de 2016

CELEBRACIÓN DO DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA

O 30 de xaneiro celébrase en todos os coles o Dia Escolar da Paz e a Non Violencia,  unha data na que debemos  recordar que a paz non é só cousa dun día, senón  de todos,  e temos que axudar a construíla cos nosos pequenos actos de cada día: na convivencia, no respecto a todas e todos, na tolerancia a diversidade, na  tarefa de compartir vivencias xuntos... ...para que o 30 de Xaneiro, non se converta nunha rutina, para que a paz sexa algo máis que un conto de pombas e globos, flor dun día, cada ano, por moi brillante que sexa.
E iso quixemos transmitir todo o alumnado e profesorado do noso centro nun acto conxunto no que os nenos e nenas,rapaces e rapazas de infantil, primaria e secundaria manifestaron os desexos de paz que todos queremos, desexos que quedan reflectidos na xenial ilustración que a nosa alumna Ana Martínez realizou para este día, e que encabeza esta entrada do blog.


Aquí podedes ver o vídeo do acto, no que os rapaces fixeron uns manifestos pola paz e que culminou coa canción SOMOS EL MUNDO.


                

martes, 5 de enero de 2016

BO NADAL


NOVO ÉXITO DA CARREIRA SOLIDARIA DO NOSO COLE

Desde o CPI “Conde de Fenosa” agradecemos a todo o alumnado a participación na carreira “Quilómetros de Solidariedade” e por suposto, a nosa atleta Paula Mayobre por apoiar esta causa e compartir con nós esta xornada. Grazas tamén a todos os país e nais que apoiaron aos nosos corredores solidarios en todas as categorías (infantil, primaria e secundaria) e grazas tamén pola vosa aportación que irá a parar a través de Save the Children aos programas de desenvolvemento e emerxencia que esta ONG leva a termo para combater a desnutrición infantil nos países máis empobrecidos.
Agradecemento tamén para os nosos patrocinadores Floristería Real, e Frutería Mary polas súas achegas, e por suposto á policía local e protección civil do noso concello.

Noraboa a tod@s e grazas pola vosa implicación e solidariedade.








NOVO ÉXITO DA OPERACIÓN QUILO DE NADAL