martes, 18 de febrero de 2025

SOMOS MIGRANTES: UNHA FRONTEIRA EN 16 MILÍMETROS

A ONGD Entreculturas denuncia que máis de 170.000 inmigrantes irregulares, principalmente subsaharianos, alxerianos e marroquís, chegaron ás fronteiras exteriores da Unión Europea ao longo do pasado ano. Desa cifra, 7.500 persoas arribaron ás costas españolas. A gran maioría trataron de entrar no país saltando os valos fronteirizos ou embarcados en pateiras aínda que a súa desesperación por sobrevivir os empurrou a navegar ata en balsas de xoguete ou simples flotadores. Con este panorama, que se repite día tras día, tanto os países membros da Unión Europea coma os gobernos africanos deben facer fronte a un drama cuxa solución máis efectiva radica na cooperación internacional e o investimento nos países afectados por esta situación de extrema pobreza, evitando así a emigración masiva dos seus habitantes.

"Cando nunha parte do mundo hai fame, a xente sae a saciala alí onde non a hai. 
Deste xeito foi sempre...e será".

Non vos perdades este documental de 15 minutos. Vén a complementar a realidade que vemos reflectida un día si e outro tamén a través dos medios de comunicación. Recuperemos a humanidade, tendamos a man aos que sufren  e sexamos hospitalarios. 



martes, 3 de diciembre de 2024

O ESPÍRITO DO NADAL "CONSÓMESE"!

 


Será verdade que xa non sabemos vivir o Nadal con sentido auténtico?

Dentro  dunhas semanas deixaremos aparcados os libros por uns días para centrarnos na festa do Nadal. Con todo, observamos que cada vez máis o que rodea a estas datas é máis ben consumismo que "espírito".

Por iso convidámosvos a que a través dun comentario no blog digádesnos como recuperar ese "espírito": que valores non debemos perder, que tradicións son importantes nas vosas familias, que recordos teñen os vosos maiores, que nos sobra nas nosas vidas, ... e non deixedes de contestar a esta pregunta, QUE É PARA TI O NADAL?

P.D. Felices Festas a tod@s!

miércoles, 2 de octubre de 2024

17 DE OUTUBRO, DÍA INTERNACIONAL PARA A ERRADICACIÓN DA POBREZA

 Nun mundo caracterizado por un nivel sen precedentes de desenvolvemento económico, medios tecnolóxicos e recursos financeiros, é un escándalo moral que millóns de persoas vivan na extrema pobreza.


As persoas que viven na pobreza experimentan moitas privacións interrelacionadas que se reforzan mutuamente, impedíndolles exercer os seus dereitos e perpetuar a súa pobreza, entre elas:

  • condicións de traballo perigosas
  • vivenda insegura
  • falta de alimentos nutritivos
  • acceso desigual á xustiza
  • falta de poder político
  • acceso limitado á atención médica

A desigualdade de oportunidades e de ingresos aumentan bruscamente e, cada ano, a brecha entre ricos e pobres faise máis grande. No último ano, mentres millóns de persoas loitan contra a erosión dos dereitos dos traballadores e a calidade do emprego para chegar a outro día, o poder empresarial e a riqueza da clase multimillonaria han rexistrado un aumento sen precedentes.

A pobreza e a desigualdade non son inevitables. Son o resultado de decisións deliberadas ou da falta de medidas que desempoderan aos máis marxinados das nosas sociedades e violan os seus dereitos fundamentais. A violencia silenciosa e sostida da pobreza dificulta a saída das persoas atrapadas na pobreza extrema  e nega a súa humanidade.




TRABALLO QUE CHE PIDO:

1. Que institucións hai na túa zona para axudar aos empobrecidos (só tes que citar os seus nomes)?

2. Dirías que a pobreza é algo que teñas habitualmente na túa contorna? A túa resposta pode ser SI ou NON, pero para estar máis seguros, PROCURA FIXARCHE, durante toda unha semana na túa contorna (o teu barrio, as rúas polas que pasas, os locais que frecuentas, as persoas coas que che atopas / cruzas, os xornais locais) e achega os datos da túa investigación.

3. ESTE VÍDEO que che convido a ver fálanos de dous mundos moi distantes, pero non tan distintos (Nova York e Quenia).


4. E España! Busca datos na internet sobre a pobreza no noso país en 2024 ou 2025. Logo comenta os dous datos que máis che fixeron pensar. SOBES a túa resposta a través dun comentario a esta entrada e NON ESQUEZAS escribir o teu NOME, número e curso. GRAZAS!



lunes, 16 de septiembre de 2024

HAI CORDAS QUE NON ATAN, SENÓN QUE LIBERAN

"Cuerdas" foi o filme que obtivo o Premio Goya 2014 na categoría de mellor curtametraxe de animación. A película, repleta de matices, narra en 10 minutos a historia de amizade entre María e un neno moi especial que chega ao colexio. Unha tenra historia de amizade que fala tamén de valores e ilusións. Pedro Solís, autor e director da curta, toma como inspiración a historia do seu fillo Nicolás, afectado de nacemento por unha parálise cerebral, e cuxa figura inspira a do neno protagonista desta ficción. Aquí vola deixamos. Non deixedes de vela é espectacular.


Despois de visionar a curta, fai unha pequena reflexión sobre ela no apartado de comentarios.

miércoles, 17 de abril de 2024

TRANSFORMA-T PARA CON(VIVIR): CAMPAÑA MUNDIAL POLA EDUCACIÓN 2024



A través do lema “Transforma-T para (con)vivir”, neste 2024 a CME quere visibilizar a loita contra os discursos de odio e como a educación transformadora é a ferramenta para conseguir unha sociedade máis xusta e igualitaria. A coalición galega de Campaña Mundial quere facer unha chamada para que toda a sociedade se mobilice e reclame o cumprimento íntegro dos compromisos políticos en favor do ODS 4, unha Educación inclusiva, equitativa, igualitaria e de calidade para todas e todos.

Este año queremos poner el foco en identificar las causas y posibles consecuencias del discurso de odio, así como procesos para deconstruir pensamientos y narrativas violentas y construir otras prosociales y transformadoras, al tiempo que desarrollar habilidades necesarias para la convivencia en la pluralidad. En este contexto, la Educación Transformadora para la Ciudadanía Global (ETCG) es clave para hacer frente a la incitación al odio y avanzar hacia sociedades pacíficas, justas e inclusivas que posibiliten el logro de los siguientes Objetivos de Desarrollo Sostenible (ODS): ODS 4 Garantizar una educación inclusiva, equitativa y de calidad y promover oportunidades de aprendizaje durante toda la vida para todas las personas, ODS 10 Reducir la desigualdad en y entre los países, ODS 16 Promover sociedades justas, pacíficas e inclusivas.

A CAMPAÑA MUNDIAL POLA EDUCACIÓN é unha coalición internacional formada por ONG, sindicatos do entorno educativo, centros escolares e movementos sociais de moi diverso signo, que ten o obxectivo principal de mobilizar á cidadanía para reclamar o cumprimento íntegro dos compromisos internacionais asinados polos estados, e así garantir o acceso a unha educación pública e de calidade para todas as persoas do mundo. O empoderamento e mobilización das persoas son un rol fundamental da Campaña Mundial pola Educación: a unión de toda a sociedade baixo a mesma mensaxe e co mesmo obxectivo a defensa do dereito humano á Educación.