domingo, 29 de septiembre de 2019

20 NOVEMBRO: DÍA UNIVERSAL DOS DEREITOS DOS NEN@S

O Día Universal dos Dereitos dos Nen@s, que se celebra todos os anos o 20 de novembro, é un día dedicado a todos os nenos e nenas do mundo.
É un día de celebración polos avances conseguidos, pero sobre todo é un día para chamar a atención sobre a situación dos nenos máis desfavorecidos, dar a coñecer os dereitos da infancia e concienciar ás persoas da importancia de traballar día a día polo seu benestar e desenvolvemento.

Aquí vos deixo uns vídeos para que a través das imaxes tomedes conciencia do que significa que milleiros de nenos e nenas no noso planeta, a día de hoxe, en pleno século  XXI, aínda non dispoñan do máis básico e esencial: vivenda, sanidade, e sobre todo educación.... 


Podes facer unha pequena reflexión e dar a túa opinión sobre o que te suxiren os vídeos.






CAMINO A LA ESCUELA
Un documental que narra a historia real e extraordinaria de catro nen@s, Jackson, Carlitos, Zahira e Samuel- que deben enfrontarse diariamente cunha multitude de adversidades e perigos para chegar á escola.



 Poderiamos pensar que loitar contra estas inxustizas do noso mundo "é só cousa de adultos"... pero vai ser que NON!
AQUÍ VOS DEIXO UNHA LISTAXE:
  • Malala  Yousafzai
  • Jack  Andraka
  • Katie  Stagilano
  • Ryan  Hreljac
  • Marian  Bechtel
  • Shubham  Banerjee
  • Aidan  Robinson
  • Trisha  Prabhu
TRABALLO QUE CHE PIDO: destes oito nomes... cal te chama máis a curiosidade... Elixe ese e busca información sobre el. A pregunta que debes facerte é: que achegou esta persoa para mellorar o mundo e con que idade o fíxo?. Logo subes O IMPORTANTE da súa vida a través dun comentario a esta entrada e contestas tamén a esta pregunta: Eu que estou a facer para MELLORAR ESTE MUNDO?