lunes, 4 de febrero de 2019

DEFENDEMOS A EDUCACIÓN, SOSTEMOS O MUNDO

Preparados para a Semana de Acción Mundial pola Educación (SAME) 2019?. Este ano baixo o lema "Defendemos a educación, sostemos o mundo" celebrarase do 1 ao 7 de abril destacando o papel fundamental da educación na loita contra a degradación medioambiental e a transformación cara un modelo social e medioambiental sostible. O futuro do noso Planeta depende de que seamos capaces de transformar o noso modelo económico e os sistemas de produción e consumo. A educación pode salvar o Planeta. Por iso é necesario formar a unha cidadanía consciente das causas e consecuencias do cambio climático e outros problemas medioambientais, e dotala de coñecementos, competencias e actitudes necesarios para buscar solucións, cambiar os seus patróns de consumo e transformar a sociedade.

Preme nesta imaxe e visita a páxina web SAME 2019



CELEBRACIÓN DO DÍA ESCOLAR DA PAZ NO CPI AS MIRANDAS




Programa de radio realizado polo alumnado de 4º de ESO no 
Día Escolar da Paz e a non Violencia.

DÍA INTERNACIONAL DE CONMEMORACIÓN EN MEMORIA DAS VÍTIMAS DO HOLOCAUSTO NO CPI AS MIRANDAS

Hoxe  no noso centro conmemoramos o Día Internacional das vitimas do Holocausto nun emotivo acto no que estivemos acompañados polos membros da Asociación Democrática da Memoria Histórica así como representantes do Concello e a comunidade educativa.
Os rapaces e rapazas de 3º e 4º de ESO, acompañados pola música de Jaime e Jéssica, acenderon 6 velas para lembrar aos millóns de persoas asasinadas no holocausto.
Rematamos o acto coa Canción “Sólo le pido a Dios” de León Gieco, cuxa letra achéganos a tomar conciencia das inxustizas sociais  e dos abusos do poder establecido:

“Que a  dor non me sexa indiferente, que a guerra non me sexa indiferente, que o inxusto non me sexa indiferente, que o futuro non me sexa indiferente…”
Todos nós estamos chamados a saír da indiferenza porque a indiferenza fainos cómplices de tódalas inxustizas do mundo. Quen esquece a historia está condenado a repetila.


          

CARREIRA SOLIDARIA: AGRADECEMENTO DE "SAVE THE CHILDREN"




CARREIRA SOLIDARIA NO CPI AS MIRANDAS

No  CPI As Mirandas de Ares organizamos este xoves a oitava edición da carreira quilómetros de solidariedade. Unha xornada na que o tempo deunos unha tregua para poder desenvolver a carreira e na que no transcurso da mesma, gardouse un minuto de silencio en repulsa polo asasinato machista da profesora Laura Luelmo.
Un ano máis, a nosa querida atleta Paula Mayobre,xa madriña de oficio, acompañounos durante toda a xornada.
Desde o noso centro queremos amosar o noso agradecemento a todo o alumnado, pais, nais e profesores pola participación e implicación na carreira solidaria así como agradecer a  GADIS, Deportes MARVI, La Frutería de Mari, Floristería REAL, e ao Concello de Ares a súa inestimable colaboración.
Aquí deixamos os vídeos da xornada.

ESO



INFANTIL E PRIMARIA