martes, 17 de octubre de 2017
17 DE OUTUBRO: DÍA INTERNACIONAL POLA ERRADICACIÓN DA POBREZA
Hoxe, 17 de outubro, celébrase o Día Internacional para a erradicación da pobreza. Con tal motivo a ONG Entreculturas publica unha unidade didáctica para traballar con rapaces/zas de entre 8 e 16 anos o concepto de desigualdade e as consecuencias que esta ten sobre as persoas a nivel global, explorando alternativas, roles e hábitos de consumo e participación que poden adoptar para contribuír ao deseño dunha contorna global máis xusta e equitativa.
martes, 19 de septiembre de 2017
SOMOS: UNIDOS PARA CAMBIAR O MUNDO
A unión fai a forza, e de momento, xa SOMOS máis de tres millóns de persoas
dispostas a cambiar o mundo. Así nace SOMOS, unha iniciativa que agrupa a
numerosas ONGs coa finalidade de fomentar a solidariedade na sociedade na que
vivimos, e para recoñecer todo o que os colaboradores das ONGs fan día a
día.
O noso cole leva mostrando o seu compromiso coa solidariedade en diferentes
proxectos, e neste día, queremos mostrar a todo o mundo
que podemos dar a volta ás cousas. Deixaremos a nosa testemuña a través dos
retratos dos rapaces e rapazas e dos profes, que decidiron exhibir unha prenda
de vestir ao revés, sumándose a este soño de cambiar o mundo e de dar volta ás
cousas.
Pedímosche
que fagas, no apartado de comentarios na
entrada de SOMOS: UNIDOS PARA
CAMBIAR O MUNDO ,unha
proposta persoal de 10 máximas que
sirvan para cambiar o mundo e facelo máis humano e solidario:
Como exemplo aquí vai a miña lista:
1. Nunca fagas dano: trata sempre de evitar ou ferir ás persoas coa túa actitude, as túas palabras, os teus feitos.
2. Na vida hai que marcarse metas, obxectivos e non acomodarse.
3. Esforzarse por coñecer ás persoas, non quedarse coa primeira impresión.
4. Non finxas ser quen non es.
5. Rompe co teu pasado; aprende del, pero avanza.
6. A solidariedade non ocupa lugar.
7. Loita polo que queres.
8. Fai o que sexa necesario para ser feliz, respectando aos demais.
9. Non te fixes só en ti mesmo.
10. Traballar,
traballar, traballar = resultado.
1. Nunca fagas dano: trata sempre de evitar ou ferir ás persoas coa túa actitude, as túas palabras, os teus feitos.
2. Na vida hai que marcarse metas, obxectivos e non acomodarse.
3. Esforzarse por coñecer ás persoas, non quedarse coa primeira impresión.
4. Non finxas ser quen non es.
5. Rompe co teu pasado; aprende del, pero avanza.
6. A solidariedade non ocupa lugar.
7. Loita polo que queres.
8. Fai o que sexa necesario para ser feliz, respectando aos demais.
9. Non te fixes só en ti mesmo.
sábado, 29 de abril de 2017
CONCURSO ESCOLAR ONCE: "TODOS SOMOS DIFERENTES, NON INDIFERENTES"
Baixo o lema “Somos diferentes, non indiferentes” os alumnos
e alumnas do CPI As Mirandas de Ares e do CPI Plurilingüe Virxe da Celade
Monfero, uniron esforzos para elaborar e realizar unha serie de vídeos para o Concurso Escolar
Once. Este ano desde a ONCE pretendeuse
que o alumnado desenvolvese un modelo de convivencia baseado nos valores
cívicos como o respecto, tolerancia e igualdade, aprendendo a tratarse asertivamente
e previndo modelos xerarquizados de acoso escolar ou bullying.
Na convivencia non
ten cabida o sufrimento, o rexeitamento ou a pasividade, convivir é abrir a
porta ao encontro cos que nos rodean, estar dispostos a escoitar, empatizar e
impregnarnos das súas vivencias. Este concurso quere contribuír a sensibilizar
á comunidade educativa, especialmente ao alumnado, da importancia de convivir
democraticamente con todos aqueles que nos rodean. Todos somos dignos de ser
recoñecidos (non ignorados) e tratados con respecto dadas as nosas diferenzas
(étnicas, sexuais, por razón de discapacidade, relixiosa...).
Ante o
acoso, “Todos somos diferentes, non
indiferentes”
viernes, 28 de abril de 2017
NO NOSO COLE PEDIMOS A PALABRA POLA EDUCACIÓN (SAME 2017)
No noso cole levantamos a man e pedimos aos gobernos o cumplimento dos ODS(Obxectivos de Desenvolvemento Sostible) e sobre todo reivindicamos que todas as persoas do mundo teñan acceso á educación e que todas as nenas e todos os nenos terminen os ciclos do ensino primario e secundario, que debe ser gratuíto, equitativo e de calidade.
lunes, 17 de abril de 2017
XA ESTÁ AQUÍ A "SAME",CAMPAÑA MUNDIAL POLA EDUCACIÓN, 2017
Este
ano do 24 ao 29 de abril celebraremos a Semana de Acción Mundial pola educación
(SAME), baixo o lema “Pide a palabra pola educación”, para esixir aos representantes políticos que cumpran os
seus compromisos en materia educativa e que promovan espazos que permitan a
participación da cidadanía no proceso. O dereito a unha educación gratuíta,
equitativa, inclusiva e de calidade para todas as persoas.
XOGAR
POLA EDUCACIÓN
Si
premes no seguinte enlace poderás coñecer a través dun xogo o que sabes sobre a
SAME e as educación no mundo. Atrévete a xogar!!!
domingo, 19 de marzo de 2017
XOGAMOS UN TRIVIAL?
Estamos en Cuaresma e está xa próxima a
Semana Santa que en Ares, como xa sabéis, se celebra de manera intensa. Os
proponemos un Trivial super chulo a través do cal coñeceremos os textos da Paixón, Morte e Resurrección de Xesús de Nazaret a través da fonte
orixinaria dos evanxeos. Isto axudaranos a coñecer de primeira man o que os cristiáns celebramos na Semana Santa á vez que poderemos descubrir o
que di o evanxeo, comparar o texto da Biblia impresa coa Biblia
online, vendo que a Biblia sempre é a mesma independientemente da súa edición.
Desenvolvemento
Formade grupos. Cada grupo terá unha folla coas preguntas e as citas bíblicas para poder resolvelas.
Para buscar a resposta poderedes utilizar a Biblia impresa e a Biblia online (no blog, á dereita no apartado de enlaces de interese, tedes un link para acceder á Biblia online).
Gañará o grupo que en dúas sesións resolva todas as preguntas ou acerte o maior número delas.
miércoles, 8 de marzo de 2017
HOMENAXE AS MULLERES DESDE O CPI AS MIRANDAS
Todos os días semellan iguais mais este 8 de marzo o
queremos celebrar dun xeito
especial, lembrándolle á
sociedade que tod@s
temos que asegurarnos de que as mulleres participen plenamente e gocen da igualdade en
todos os ámbitos da
vida.
Velaí vai este recoñecemento a
todas as mulleres e o noso desexo dun mellor futuro para todas. Grazas,
avoas, nais, fillas, irmáns,
amigas e mulleres
todas por saber escribir a
historia con
tinta indeleble e
por deixar a vosa
pegada nas nosas
vidas.
sábado, 11 de febrero de 2017
12 DE FEBREIRO: DÍA DOS NENOS SOLDADO
El próximo 12 de febrero se conmemora el Día Internacional contra la Utilización de Menores Soldado. Desde Colombia, nos envían una propuesta que allá trabajan todos los años en los colegios desde el SJR (Servicio Jesuita a Refugiados). Esta propuesta se enmarca dentro de la campaña que allá llaman Mano Roja (símbolo contra la utilización de menores soldado).
Os hacemos llegar adjunta dicha propuesta por si queréis adaptarla para conmemorar y hacer presente de alguna manera en vuestro centro esta terrible situación que todavía hoy afecta a cerca de 300.000 niños y niñas en el mundo. El gesto es muy sencillo, una mano roja para mostrar nuestro rechazo a la utilización de menores en conflictos armados.
Un abrazo grande desde Entreculturas.
martes, 17 de enero de 2017
GRAZAS A TOD@S POLA VOSA SOLIEDARIEDADE
Na carreira quilómetros de solidariedade recadamos 976,45 € que foron enviados á ONGD Save The Children. Nunca me cansarei de sorprender ante tanta xenerosidade. Grazas a toda a comunidade educativa pola vosa colaboración e esforzo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
-
Viento impetuoso, temblor del cielo, fuego sobre los hombres... pintar Pentecostés es un reto para el arte. "Pentecostés", obra ...
-
Son muchos los libros que se han publicado en los últimos años respondiendo a la pregunta de si Fe y Ciencia son compatibles. Uno de los ...
-
Preparados para a Semana de Acción Mundial pola Educación (SAME) 2019?. Este ano baixo o lema "Defendemos a educación, sostemos o mund...