viernes, 6 de diciembre de 2019

O DRAMA DA INMIGRACIÓN


ACTOS NO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO NO CPI AS MIRANDAS


Hoxe, 25 de novembro, no CPI As Mirandas, lembramos o Día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero cunha actividade en colaboración con CIM do Concello de Ares. 
As 13:00 horas o director do CIM e a directora do centro tomaron a palabra para condenar esta lacra e recordar que debemos seguir insistindo en campañas de prevención, informando e previndo desde todos os ámbitos da sociedade: desde a familia, cunha educación en igualdade, desde os colexios, cunha coeducación real, desde o traballo e desde os poderes políticos. 
A nosa profe de inglés, Amparo, realizou a tradución simultánea do manifesto xa que neste acto acompañáronnos os alumnos/as e profesores do intercambio Erasmus +.
Trala lectura dos manifestos soltáronse varios globos cargados de mensaxes realizadas por todo o alumnado do centro (E.I, E.P, ESO). Mensaxes que voarán cheos de esperanza concretados en desexos do alumnado do CPI As Mirandas.


Xa pola tarde tivo lugar unha charla para o alumnado de 4º curso de ESO sobre a violencia sexual impartida por Angélica Mercado Torres  especialista universitaria en estudos de xénero e políticas de igualdade a través da Secretaría Xeral de Igualdade.
Mañá martes 26 de novembro, o alumnado de 5º e 6º de infantil asistirán á  sesión de contacontos “As cores” coa temática da Igualdade e impartido pola artista local Lidia Pena.


Os nenos e profes de infantil tamén conmemoraron esta data cun mural realizado por eles.





DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DOS NEN@S. "MAHÁN E A CADEIRA VERMELLA". UN CONTO POLO DEREITO Á EDUCACIÓN UNIVERSAL.

"A cadeira vermella" é a campaña que a ONG Entreculturas lanza para concienciar á poboación do Dereito á Educación de máis de 61 millóns de nen@s en todo o mundo que están sen escolarizar.
 Un grupiño de alumnos/as de 1º e 4º da ESO axudaron a presentar esta campaña reivindicando a escolarización universal para todos os nenos e nenas do mundo. Así, realizaron diversas sesións de contacontos para o alumnado de infantil e primaria. Nas sesións os rapaces da ESO narraron o conto “Mahán e a cadeira vermella”, un conto creado polo alumnado do cole Virxe da Cela de Monfero, e que fala sobre o Dereito á Educación Universal. Logo como parte da dinámica, realizaron o xogo de “ A cadeira vermella” así como un pasapalabra sobre o conto. Ao remate da sesión todos os nenos e nenas foron agasallados cunha pegatina alusiva a esta data e levaron unha pequena “cadeiriña vermella” para a súa clase, como símbolo do Dereito á Educación de todos os nen@s do mundo.



Por outra banda, na entrada de secundaria temos un mural realizado polo alumnado da ESO acompañado dunha cadeira pintada de cor vermella. Animamos a todos e todas os que o desexen, a tomar unha foto no mural coa cadeira vermella para realizar unha montaxe fotográfica como apoio á Educación Universal. 



Esta actividade está organizada polo EDLG, a Biblioteca escolar e o Departamento de Reli e valores. Queremos  a través dela potenciar o uso da lingua galega, tanto de maneira escrita como oral, e ofrecernos o lugar perfecto para mergullarnos no mundo das historias.

domingo, 29 de septiembre de 2019

20 NOVEMBRO: DÍA UNIVERSAL DOS DEREITOS DOS NEN@S

O Día Universal dos Dereitos dos Nen@s, que se celebra todos os anos o 20 de novembro, é un día dedicado a todos os nenos e nenas do mundo.
É un día de celebración polos avances conseguidos, pero sobre todo é un día para chamar a atención sobre a situación dos nenos máis desfavorecidos, dar a coñecer os dereitos da infancia e concienciar ás persoas da importancia de traballar día a día polo seu benestar e desenvolvemento.

Aquí vos deixo uns vídeos para que a través das imaxes tomedes conciencia do que significa que milleiros de nenos e nenas no noso planeta, a día de hoxe, en pleno século  XXI, aínda non dispoñan do máis básico e esencial: vivenda, sanidade, e sobre todo educación.... 


Podes facer unha pequena reflexión e dar a túa opinión sobre o que te suxiren os vídeos.






CAMINO A LA ESCUELA
Un documental que narra a historia real e extraordinaria de catro nen@s, Jackson, Carlitos, Zahira e Samuel- que deben enfrontarse diariamente cunha multitude de adversidades e perigos para chegar á escola.



 Poderiamos pensar que loitar contra estas inxustizas do noso mundo "é só cousa de adultos"... pero vai ser que NON!
AQUÍ VOS DEIXO UNHA LISTAXE:
  • Malala  Yousafzai
  • Jack  Andraka
  • Katie  Stagilano
  • Ryan  Hreljac
  • Marian  Bechtel
  • Shubham  Banerjee
  • Aidan  Robinson
  • Trisha  Prabhu
TRABALLO QUE CHE PIDO: destes oito nomes... cal te chama máis a curiosidade... Elixe ese e busca información sobre el. A pregunta que debes facerte é: que achegou esta persoa para mellorar o mundo e con que idade o fíxo?. Logo subes O IMPORTANTE da súa vida a través dun comentario a esta entrada e contestas tamén a esta pregunta: Eu que estou a facer para MELLORAR ESTE MUNDO?

lunes, 8 de abril de 2019

GAÑADORES AUTONÓMICOS DO CONCURSO ESCOLAR ONCE. AGORA A REPRESENTAR A GALICIA NO NACIONAL!!!

 Estamos de en hora boa!!!  Parabéns ao  grupo de alumn@s  de 1º de ESO formado por  Antía, Gabriela, David, Sofía, Laura Gisell, Geovanna, Brais, Hugo, Carlos, Axel, Melani, Paula, Isaac e  Noelia GAÑADORES AUTONÓMICOS DO CONCURSO ESCOLAR ONCE que pasan directamente á FASE NACIONAL representando a Galicia NA CATEGORÍA D.
Este ano baixo o lema "Por min e por tódolos meus compañeiros” os nosos alumn@s quixeron mostrar a través dun videoclip a importancia de crear recreos inclusivos  onde todxs poidan xogar, gozar  e aprender a vivir coa diferenza e desde a diferenza nunha escola inclusiva por e para todxs.




VISITA A ERMIDA DA MERCÉ DE CHANTEIRO

O venres os nenos e nenas de infantil realizaron unha visita á Chanteiro enmarcada dentro do proxecto de centro "Ares arredor de si", un proxecto que ten como obxectivo estudar e investigar  a cerca da nosa contorna máis próxima. Visitaron a ermida da Merced, próxima á praia do mesmo nome, na parroquia de Cervás. Esta pequena xoia arquitectónica data do século XV e  mandouna  edificar o cabaleiro Fernán Pérez de Andrade, que tiña, entre outros, os señoríos de Ferrol e de Pontedeume. Tamén puideron visitar a praia recollendo cunchas e pedras e logo gozar dunha estupenda merenda no campo.

     

AUDICONTOS REALIZADOS POLO ALUMNADO DE 2º ESO

As rapazas e rapaces de 2º de ESO realizaron unha serie de audicontos para os máis pequenos.
Valores como a amizade, a paz, o respecto, a empatía, a cooperación ou a confianza nun mesmo son os que se reflicten nestes contos:   A carreira de zapatillas,  A espada pacifista e a Cincenta que non quería comer perdices .
Aquí tedes o resultado.





viernes, 15 de marzo de 2019

OS RAPACES E RAPAZAS DE 1º DE ESO GAÑADORES PROVINCIAIS DO CONCURSO ESCOLAR ONCE!!!


Estamos de en hora boa!!!  O grupo de alumn@s  de 1º de ESO formado por  Antía, Gabriela, David, Sofía, Laura Gisell, Geovanna, Brais, Hugo, Carlos, Axel, Melani, Paula, Isaac e  Noelia quedaron gañadores provinciais do Concurso Escolar Once coa súa canción "O noso patio é particular" Este ano baixo o lema "Por min e por tódolos meus compañeiros” os nosos alumn@s  quixeron mostrar a través dun videoclip a importancia de crear recreos inclusivos  onde todxs poidan xogar, gozar  e aprender a vivir coa diferenza e desde a diferenza nunha escola inclusiva por e para todxs.

Parabens!!!!  e.... seguimos!!!!!

Aquí podedes ver vídeo gañador.

         

ACTO POLO DÍA DA MULLER .

Dentro dos actos que se están a levar a termo co gallo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, o CPI As Mirandas  xunto co Concello de Ares a través do Centro de Información á Muller –CIM- e a Concellaría de Muller, realizou hoxe unha marcha polas rúas da vila como concienciación e visibilización das enormes diferenzas que existen aínda nos dereitos de mulleres e homes. Na marcha participaron  as/os estudantes do CPI As Mirandas xunto coas súas profesoras e profesores así como as asociacións de mulleres do municipio e representantes do Concello.
O acto rematou coa lectura de manifestos por parte das alumnas do centro, da asociación de mulleres de Ares e da concelleira Mª Victoria Montenegro.

Aquí podedes ver a reportaxe gráfica.

A CINCENTA QUE NON QUERÍA COMER PERDICES

Adaptación do conto "A Cincenta que non quería comer perdices", realizado polas alumnas de 2º ESO.
Un conto que  reivindica a figura da muller como dona do seu propio destino, con capacidade de valerse por si mesma e de buscar a súa propia felicidade. Non hai príncipes, nin princesas que solucionen a vida, nin nos fagan profundamente felices, hai seres humanos que deben aspirar a ser  autodependentes e que, se queren, vivan a súa felicidade á beira de quen desexe.

lunes, 4 de febrero de 2019

DEFENDEMOS A EDUCACIÓN, SOSTEMOS O MUNDO

Preparados para a Semana de Acción Mundial pola Educación (SAME) 2019?. Este ano baixo o lema "Defendemos a educación, sostemos o mundo" celebrarase do 1 ao 7 de abril destacando o papel fundamental da educación na loita contra a degradación medioambiental e a transformación cara un modelo social e medioambiental sostible. O futuro do noso Planeta depende de que seamos capaces de transformar o noso modelo económico e os sistemas de produción e consumo. A educación pode salvar o Planeta. Por iso é necesario formar a unha cidadanía consciente das causas e consecuencias do cambio climático e outros problemas medioambientais, e dotala de coñecementos, competencias e actitudes necesarios para buscar solucións, cambiar os seus patróns de consumo e transformar a sociedade.

Preme nesta imaxe e visita a páxina web SAME 2019



CELEBRACIÓN DO DÍA ESCOLAR DA PAZ NO CPI AS MIRANDAS




Programa de radio realizado polo alumnado de 4º de ESO no 
Día Escolar da Paz e a non Violencia.

DÍA INTERNACIONAL DE CONMEMORACIÓN EN MEMORIA DAS VÍTIMAS DO HOLOCAUSTO NO CPI AS MIRANDAS

Hoxe  no noso centro conmemoramos o Día Internacional das vitimas do Holocausto nun emotivo acto no que estivemos acompañados polos membros da Asociación Democrática da Memoria Histórica así como representantes do Concello e a comunidade educativa.
Os rapaces e rapazas de 3º e 4º de ESO, acompañados pola música de Jaime e Jéssica, acenderon 6 velas para lembrar aos millóns de persoas asasinadas no holocausto.
Rematamos o acto coa Canción “Sólo le pido a Dios” de León Gieco, cuxa letra achéganos a tomar conciencia das inxustizas sociais  e dos abusos do poder establecido:

“Que a  dor non me sexa indiferente, que a guerra non me sexa indiferente, que o inxusto non me sexa indiferente, que o futuro non me sexa indiferente…”
Todos nós estamos chamados a saír da indiferenza porque a indiferenza fainos cómplices de tódalas inxustizas do mundo. Quen esquece a historia está condenado a repetila.


          

CARREIRA SOLIDARIA: AGRADECEMENTO DE "SAVE THE CHILDREN"




CARREIRA SOLIDARIA NO CPI AS MIRANDAS

No  CPI As Mirandas de Ares organizamos este xoves a oitava edición da carreira quilómetros de solidariedade. Unha xornada na que o tempo deunos unha tregua para poder desenvolver a carreira e na que no transcurso da mesma, gardouse un minuto de silencio en repulsa polo asasinato machista da profesora Laura Luelmo.
Un ano máis, a nosa querida atleta Paula Mayobre,xa madriña de oficio, acompañounos durante toda a xornada.
Desde o noso centro queremos amosar o noso agradecemento a todo o alumnado, pais, nais e profesores pola participación e implicación na carreira solidaria así como agradecer a  GADIS, Deportes MARVI, La Frutería de Mari, Floristería REAL, e ao Concello de Ares a súa inestimable colaboración.
Aquí deixamos os vídeos da xornada.

ESO



INFANTIL E PRIMARIA