É un día de celebración polos avances conseguidos, pero
sobre todo é un día para chamar a atención sobre a situación dos nenos máis
desfavorecidos, dar a coñecer os dereitos da infancia e concienciar ás persoas
da importancia de traballar día a día polo seu benestar e desenvolvemento.
Aquí vos deixo uns vídeos para que a través das imaxes tomedes conciencia do que significa que milleiros de nenos e nenas no noso planeta, a día de hoxe,
en pleno século XXI, aínda non dispoñan
do máis básico e esencial: vivenda, sanidade, e sobre todo educación....
Podes facer unha pequena reflexión e dar a túa opinión sobre o que te suxiren os vídeos.
CAMINO A LA ESCUELA
Un documental que narra a historia real e extraordinaria de catro nen@s, Jackson, Carlitos, Zahira e Samuel- que deben enfrontarse diariamente cunha multitude de adversidades e perigos para chegar á escola.
Poderiamos pensar que loitar contra estas inxustizas do noso mundo "é só cousa de adultos"... pero vai ser que NON!
AQUÍ VOS DEIXO UNHA LISTAXE:
- Malala Yousafzai
- Jack Andraka
- Katie Stagilano
- Ryan Hreljac
- Marian Bechtel
- Shubham Banerjee
- Aidan Robinson
- Trisha Prabhu
No hay comentarios:
Publicar un comentario