domingo, 25 de diciembre de 2011

CARREIRA "QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE"


A  pesar do mal tempo que nos acompañou o martes, o milagre fíxose posible  e os nos@s rapaces vencendo a choiva e o frío correron no maratón  solidario que organizou o noso colexio.
Desde o CPI “Conde de  Fenosa” agradecemos a todo o alumnado a participación na carreira  “Quilómetros de Solidariedade” e por suposto, a nosa atleta Paula  Mayobre por apoiar esta causa e correr cos rapaces e rapazas do noso  colexio. Mención especial para os alumnos e alumnas que buscaron  patrocinadores entre os profesores/as e tamén fora das aulas, grazas aos cales a recadación superou os  800 euros.
Noraboa a tod@s e grazas pola vosa implicación e solidariedade.
  Nota de prensa

Os nosos atletas solidarios 


Paula recibindo de máns da directora un agasallo

EXITO DA "OPERACIÓN QUILO" REALIZADA NO NOSO COLEXIO




Por segundo ano consecutivo o noso colexio realizou a campaña de recollida de alimentos para a Cociña Económica. Recadáronse perto de 600 quilos de alimentos que foron levados, coa colaboración do Concello, ata  Ferrol. Grazas a todos e todas: familias, alumnado, profesorado e comunidade  educativa en xeral pola vosa aportación, pola vosa solidariedade e polo voso apoio nesta campaña.



 Nota de prensa no Diario de Ferrol. www.diariodeferrol.com

domingo, 18 de diciembre de 2011

I CERTAME DE PANXOLIÑAS CONCELLO DE ARES

O sábado 17 de decembro tivo lugar na Igrexia Parroquial de Ares o I Certame de Panxoliñas organizado polo noso Concello. Actuaron  o coro xuvenil ( no que temos grandes cantantes do noso cole), o coro Voces Amigas, a Coral do casino, o coro parroquial e a Rondalla Trovadores. Aqui vos deixamos un pequeno video con unha das panxoliñas de fondo que cantou o coro xuvenil.  FELIZ NADAL A TOD@S.



           

martes, 13 de diciembre de 2011

MARATÓN SOLIDARIO: VIII CARREIRA QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE


Dende fai 8 anos celébrase en miles de centros educativos de toda España a Carreira Quilómetros de Solidariedade. É unha actividade con dobre finalidade: por unha banda, espertar nos rapaces e rapazas un espírito crítico e solidario cara as inxustizas que afectan a millóns de nenos e nenas de todo o mundo e, por outra banda, recadar fondos para axudar a infancia mais desfavorecida e facer que se respecten os seus dereitos.
 O noso centro o CPI  “Conde de Fenosa”, a través dos departamentos de relixión e educación física, está a participar este ano nesta actividade en colaboración coa ONG “Save the Children”, polo que,  o martes 20 de decembro, os rapaces de secundaria do noso colexio realizarán un Maratón Solidario facendo un percorrido  por Ares.
Cada rapaz e rapaza abonará 1 € por inscribirse na carreira e recibirá un dorsal, un carné de corredor e un diploma acreditativo de participación. Pola súa banda, a recadación das inscricións irá a parar a través de Save the Children a reconstrución de infraestruturas escolares na República Democrática do Congo.
Estaremos acompañados nesta carreira pola atleta aresá Paula Mayobre que apoiará esta causa coa súa presenza , acompañando aos rapaces e rapazas do noso centro.
Agradecemos ao alumnado do noso centro a súa participación e  solidariedade e invitamos a todos os pais e nais a que o día 20 saian a rúa a apoiar aos nosos corredores solidarios.


lunes, 12 de diciembre de 2011

OPERACIÓN QUILO DE NADAL 2011

                    Solidarios coa Cociña Económica de Ferrol

Tras o éxito acadado coa I Operación Quilo no pasado Nadal, na que grazas á implicación de toda a comunidade educativa (alumnado, pais e nais, profesorado…) conseguimos perto de 500 quilos de alimentos, este ano estamos a  planificar a II Operación Quilo de Nadal 2011, unha campaña de recollida de alimentos para colaborar coa Cociña Económica de Ferrol. Esta é unha das institucións benéfico-sociais más importantes da cidade, e o seu comedor alberga diariamente a centos de persoas, que acoden a recibir unha ración de xantar coa que poder subsistir.Por isto alumnado, profesorado e familias poderán  contribuír de maneira voluntaria aportando  calquera alimento non perecedeiro, do 1 ao 15  de Decembro. Esperamos a vosa colaboración e que participedes xunto cos vosos/as fillos/as para contribuír a facelos máis solidarios e xenerosos fronte os menos favorecidos.

                                          Grazas pola vosa colaboración



lunes, 21 de noviembre de 2011

20 de Novembro Día Internacional dos Derechos da Infancia

Todos temos dereitos, adultos e nenos. A gran diferenza é que os adultos podemos pelexar por eles, esixir que se cumpran, en cambio os nenos, necesitan de nós para que os seus dereitos se respeten. Os nenos deben ser protexidos e coidados, non só pola súa familia e o seu grupo primario, polo Estado, polos políticos, pola cidadanía enteira. Os dereitos dos nenos son tan amplos como amplos son os aspectos dunha vida, teñen dereito a estudar, a vivir en condicións dignas, a que se coide da súa saúde (física e mental), a ser alimentados e sobre todo amados. Cada un de nós, seguramente desde o seu lugar, tenta que estes dereitos sexan respectados, pero non sempre a realidade permite que iso se cumpra. As políticas de seguridade social, saúde, educación moitas veces non contemplan estes dereitos básicos. É un deber de todos coñecer cales son os dereitos que os nosos mozos teñen porque, coñecendo, é máis fácil loitar por que todos gocen deles.
Todos e cada un dos dereitos da infancia son inalienables, irrenunciables, innatos e imprescindibles para unha boa infancia.
O alumnado  da ESO da clase de Reli, reflexionou sobre o tema e fixemos diversas actividades como murais, power points e videos. Aquí podedes ver unha mostra do seu traballo.





lunes, 10 de octubre de 2011

Semana de Mobilización contra a Pobreza. Outubro 2011

Entre o 9 e o 17 de outubro de 2011 celébrase en toda España a Semana de Mobilización contra a Pobreza. Desde o ano 2005 a sociedade mundial mobilízase durante esta Semana para esixir aos líderes políticos o fin da pobreza. Acabar coa pobreza é unha decisión política e o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio é o primeiro paso para acadala. Existen medios suficientes, tecnoloxías, desenvolvemento e capacidade para cumprilos. Tan só esixe vontade política por parte dos Estados.

A erradicación da pobreza só é posible co apoio e o esforzo de todas e todos. Todos podemos colaborar dando a coñecer a situación, sensibilizando ás nosas familias e compañeiros e compañeiras do centro educativo e actuando para que a erradicación da pobreza antes do ano 2015 sexa unha realidade e non só un soño. TODOS SOMOS RESPONSABLES.
Convidámoste a participar na Semana de Mobilización contra a Pobreza. Este ano, baixo o lema: ÚNETE Á REBELIÓN.

“A pobreza non é un fenómeno natural. É o resultado da acción humana e pode ser superada e erradicada coas accións dos seres humanos” . Nelson Mandela
SOMOS A PRIMEIRA XERACIÓN QUE PODE ERRADICAR A POBREZA.

domingo, 2 de octubre de 2011

" POR NADA": un corto que aborda la problemática del acoso escolar

COMENTARIO DIDÁCTICO
"Por nada" es un corto de ficción basado en hechos reales descritos por personas que llevan años analizando los comportamientos violentos de sectores muy concretos de nuestra juventud, más concretamente del que fuera el Primer Defensor del Menor, Javier Urra.
En él se nos presenta a unos alumnos de un colegio, la pandilla de Roi, aburridos y consentidos, resultado de una educación permisiva y superprotectora, que produce tanto daño como el autoritarismo, en nuestra juventud.
Aborda también el tema de la violencia, de su práctica y de su publicación a través de Internet, en Youtube en este caso, y del llamado ciberacoso, la grabación no autorizada de imágenes, reales o ficticias, que luego son publicitadas sin consentimiento en la red.
Permite reflexionar sobre la violencia, el ciberacoso o matonismo y la convivencia, sobre el respeto, la justicia, la responsabilidad sobre los propios actos, el aburrimiento o la diversión.

Vamos pues a reflexionar sobre ello, sobre si las situaciones que se describen en él se adaptan a la realidad, si se quedan cortas o si piensas que son una exageración...

Tras el debate del tema y la exposición del mismo en clase, deberéis de hacer un comentario reflexivo y agregar las conclusiones a las que lleguéis en el blog.



X NADA (1ª parte)


X NADA (2ª parte)



CHOCOLATADA SOLIDARIA EN ARES A FAVOR DE SOMALIA

Este venres celebrouse a I Chocolatada Solidaria en Ares.  A verdade e que foi todo un éxito. O diñeiro recadado irá a parar a Somalia a través de cáritas. 
Desde aquí felicitar as persoas que organizaron o evento e a toda a xente que solidariamente acudíu a el.   



                                          

viernes, 30 de septiembre de 2011

Anécdota: Que fai un microondas nunha igrexa?.


Durante unha excursión de clase, un grupo de alumnos entrou nunha igrexa para visitala. Ao pasar fronte á zona máis adornada e iluminada do templo -era o altar, pero iso algúns non o sabían- un dos nenos fixo un descubrimento que lle encheu de estrañeza. Achegouse ao seu mestre e sinalou unha especie de caixa. «Que fai un microondas aí?», preguntou cos ollos fixos no sagrario.
Anécdota publicada en Diario Vasco

Se a educación ten como obxectivo dotar duns coñecementos e destrezas básicas para interpretar a realidade que rodea ao alumno, por que deixar ao marxe unha dimensión, como é a relixiosa? A clase de relixión pode axudar a evitar estas "confusións" que, por certo, todo apunta a que cada día son máis frecuentes.

domingo, 18 de septiembre de 2011

BENVID@S AO CURSO 2011-2012!!!!


Ola a todos e todas. Xa estamos de volta das nosas "merecidas" vacacións e chega de novo o outono, e con el o cole, os madrugóns, as presas,...pero non todo é malo!.O curso que comeza ofrécevos novos retos e novas oportunidades para aprender, para encontrarnos,comunicarnos, axudarnos,  compartir experiencias…. Así que... xa sabedes!. Esperamos a vosa colaboración, as vosas  achegas, as vosas suxestións e sobre todo  que vos tomedes os vosos quefaceres con renovada ilusión e enerxía para levalos a cabo. 
BENVID@S AO  CURSO  2011-2012!!!!




jueves, 30 de junio de 2011

XOGOS COOPERATIVOS

Rematamos o curso con unha xornada lúdica na que fixemos xogos cooperativos. Aquí vos deixo algunhas das imaxes.

                BOAS VACACIÓNS A TODOS E TODAS E ATA SETEMBRO, QUE ESPERO VOLTEMOS TOD@S COAS PILAS CARGADAS

                                                                          

martes, 7 de junio de 2011

AVATARES

Estes produtos audiovisuais xurdiron a partires da realización de diversos textos sobre a solidariedade, o amor universal,  a educación para todos, os valores universais… que fixemos na clase.  O alumnado de 2º de ESO, redactou os textos e seleccionou imaxes para a animación.
Empregando as novas tecnoloxías a través de programas como Crazy Talk e Audacity os propios rapaces e rapaces gravaron as pistas de audio recitando os seus textos, aplicáronlles efectos de son e realizaron as animacións das imaxes. Podedes descubrir o espectacular resultado… 

                
                             
         
                            

                            

                            
                        
                            
                                                         
                            

                           

domingo, 29 de mayo de 2011

VALORES UNIVERSAIS


O alumnado de 3º e 4º da ESO elaboraron durante este curso un mural sobre os valores universais, eses valores que nos fan mellores e nos axudan a crecer  como persoas e nos acercan mais aos demais.
Ningún é novo. Cada valor representa o mellor de cada ser  para vivir plenamente e en armonía co mundo,e crear e sustentar as relacións humanas con dignidade e profundidade. Cooperación, liberdade, felicidade, respecto, responsabilidade, tolerancia… son algunhas das expresións que nos tocan día a día e que corresponden co mellor de cada un de nós, do que podemos facer para conseguir, a través da nosa forma de actuar, unha sociedade mellor de todos e para todos.
A verdade e que todos os rapaces e rapazas fixeron un bo traballo de elaboración dos valores, pero sobre todo o que pretendemos e aspiramos é a levalos á práctica.
Aquí vos dixamos unha mostra do traballo.

 









Picade enriba da seguinte presentación para vela en grande

Valores Universais

miércoles, 27 de abril de 2011

Sacalalengua - Religiones

Qué palabras usamos cando falamos de Deus?. Católicos, musulmáns, xudeos, anglicanos, budistas, hinduistas e tamén non  crentes e ateos, falannos na súa propia linguaxe acerca do divino.
Para ver o vídeo pica na imaxe de abaixo


Pray - Justin Bieber

SAME 2011 : A educación non é un conto, polos dereitos das nenas e as mulleres.


No ano no que o Día Internacional da Muller conmemora o seu 100 aniversario, a Campaña Mundial pola Educación ten como tema central a educación das mulleres e das nenas.

O acceso a unha educación de calidade para homes e mulleres debería estar garantido. Non obstante, a realidade mundial mostra que as mulleres seguen sendo discriminadas no exercicio do dereito a educació

Nós tamén queremos unirnos á Campaña Mundial pola Educación e ás accións da SAME 2011.


Baixo o lema A EDUCACIÓN NON É UN CONTO: POLOS DEREITOS DAS NENAS E As MULLERES, millóns de persoas en todo o mundo mobilizarémonos para lembrar aos líderes políticos as dificultades que millóns de nenas e mulleres teñen para acceder a unha educación de calidade e para pedirlles que tamén lembren e cumpran o seu compromiso de facer realidade a Educación para Todos e Todas en 2015.

Para iso, a actividade central da SAME 2011 consistirá na GRAN HISTORIA, é dicir, na elaboración dun gran libro de contos escritos por alumnos, alumnas, docentes e personalidades destacadas do mundo da interpretación nos que se reflicta como o acceso á educación -ou a falta desta- poden marcar a vida das mulleres e das nenas. Unha Gran Historia, que fale sobre os dereitos das nenas e mulleres e como a oportunidade para ir á escola cambiou o rumbo das súas historias.
Axúdanos a mostrar que a educación de calidade é necesaria para todos e todas.
Como podes facelo:


Podes colgar ti mesmo o relato a través da páxina internacional da Campaña Mundial pola educación http://www.cme-espana.org/ : Como? Só tes que asinar (Sign Up), escribir os teus datos (como persoa particular ou como profesor-organizador) e escribir unha pequena historia que quedará reflectida. Así poderás ler tamén as diferentes historias que se escribiron nos demais países.

Cantos máis relatos teñamos en todo o mundo máis alto e máis claro quedará a mensaxe!

jueves, 24 de febrero de 2011

UN XOGO PERIGROSO


Mans Unidas  presenta un xogo online para “concienciar aos xóvenes dos problemas do mundo” e mostrar alternativas reais para cambialo. Pica na imaxe para acceder ao xogo.



martes, 8 de febrero de 2011

Neste ano 2011 celébrase o 800 aniversario da consagración da basílica de Santiago de Compostela como Catedral

A Basílica estreaba fai oito séculos o Pórtico do Mestre Mateo. Entón foron o monarca leonés e o arcebispo Pedro Muñiz quenes presidiron os actos nunha cidade e unha Catedral que eran sensiblemente distintas das que o próximo mes de abril poderán contemplar os que participen nos actos.
O 21 de abril de 1211, o arcebispo D. Pedro Muñiz, por orde da súa santidade Inocencio III, consagrou a basílica nun cerimonial encabezado polo rei de León Alfonso IX e o seu fillo o príncipe Fernando, dando tres voltas ao redor do conxunto catedralicio en solemne procesión.
A historia da catedral é moi anterior a 1211, remontandose posiblemente á época romana, cun mausoleo romano que se transformaría nunha pequena igrexa ordenada construír por Alfonso II, o Casto. Tal igrexa iríase ampliando até a basílica existente cando a consagración, e moi distinta a como a vemos nós 800 anos despois.
Sirva este 800 aniversario para, unha vez máis, facer unha ruta de travesía, cultural ou peregrinación a Santiago de Compostela .

Podedes facer unha visita virtual picando na imaxe da catedral

lunes, 17 de enero de 2011

ÉXITO DA OPERACIÓN QUILO DE NADAL: RECOLLERONSE MAIS DE 500 QUILOS DE ALIMENTOS

Grazas a todos e todas, familias, alumnado, profesorado e comunidade educativa en xeral pola vosa aportación e apoio na Campaña de recollida de alimentos para axudar á “Cociña Económica”. A verdade é que non podemos mais que sentirmos orgullosos no lugar onde vivimos, porque a solidariedade é outra das características da nosa vila e esta campaña demostrouno con creces.



Tamén queremos transmitir o noso agradecemento ao Concello de Ares por colaborar no transporte dos alimentos ata o seu destino.

AGRADECEMENTO DA COCIÑA ECONÓMICA Ó NOSO CENTRO