miércoles, 20 de diciembre de 2023

FELICITACIÓNS PARA AS USUARIAS DO CENTRO DE DÍA

Un ano máis quixemos felicitar  ás persoas maiores usuarias do  Centro de Día de Ares. A rapazada da ESO elaborou  felicitacións personalizadas para cada unha delas cunha dedicatoria moi especial. Ademais agasallámolos cunha serie de xogos feitos no cole (un quebracabezas, un dominó, un tres en raia e un xogo de memoria) para que pasen algúns dos seus ratiños entreténdose con eles. Elas merecen o mellor e, sobre todo, que nos lembremos do moito que lles debemos.

Grazas a Felipe, o profe de tecnoloxía, por axudarnos na  elaboración dos xogos e a todas as rapazas e rapaces por esas postais tan fermosas.

Desexámoslles unhas Felices Festas e un próspero Ano Novo cardadiño de saúde e saudade para todas e para  o persoal que tan ben coida delas.

 


Algunhas das postais










martes, 19 de diciembre de 2023

OPERACIÓN QUILO DE NADAL. CPI AS MIRANDAS

Hoxe entregamos os alimentos recollidos na Operación Quilo de Nadal.

Un ano máis a vosa solidariedade paliará as necesidades das persoas que máis necesitan a axuda de todas e todos nós. Graciñas familias, alumnado, profesorado e comunidade en xeral pola vosa aportación, pola vosa solidariedade e polo voso apoio nesta campaña.

                                                             BO NADAL

sábado, 25 de noviembre de 2023

25 N: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 Neste “Día Internacional Contra a Violencia de Xénero” no CPI As Mirandas o alumnado e profesorado da ESO reunímonos  nun acto no que,  alumnas e alumnos de 4º da ESO,  deron lectura a dous manifestos a través dos cales quixemos arroxar luz e denunciar esta realidade, tantas veces escondida e silenciada como é a violencia de xénero, así como recordar que se debe seguir insistindo en campañas de prevención, informando e previndo desde todos os ámbitos da sociedade: desde a familia, cunha educación en igualdade, desde os colexios, cunha coeducación real, desde o traballo e desde os poderes políticos.




 
 Rematamos o acto cantando a canción “A veciña do cuarto” de Fillas de Casandra

viernes, 24 de noviembre de 2023

CONTACONTOS POLO DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA

 O xoves 23 de novembro, e con motivo do Día dos Dereitos da Infancia, parte do alumnado de 3º da ESO realizou unha actividade de contacontos para os nenos e nenas de 1º de primaria.

A través do conto “Artai, O neno xigante” aprendemos que os nenos e nenas deben ser protexidos contra toda forma de abandono, malos tratos, crueldade e abusos. Non deberá permitirse aos nenos e nenas traballar antes da idade mínima adecuada...' e non poden ser explotados.

O alumnado da ESO repartidos por parellas e en grupos, explicáronlles aos máis pequenos/as o por qué da celebración desta data tan importante, narraron o conto de “O neno xigante”, repartiron un pequeno agasallo a todos os asistentes (uns marcapáxinas feitos por eles que contiñan un dereito fundamental) e dinamizaron a actividade cun simpático xogo de pasapalabra.

Foi unha actividade super chula. Aos pequenos/as encantoulles e estiveron super atentos e participativos.

Grazas á rapazada de 3º ESO pola  preparación e realización desta actividade. Fixéstelo xenial!











 Aquí podedes acceder ao conto.

Artai, o Neno Xigante by yolick20003194

lunes, 20 de noviembre de 2023

20 novembro. DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DOS NENXS

 Hoxe celebramos o Día Internacional dos Dereitos dos Nenxs, lembrando e reivindicando os dereitos que cada neno e nena teñen polo simple feito de ser nenos. Debemos asegurarnos de que teñan unha infancia feliz, segura e chea de oportunidades para crecer e desenvolverse plenamente.

Neste día, non debemos esquecer que cada neno, nena ou adolescente é especial e único, e merece ser tratado con dignidade e respecto. É o deber de toda a sociedade asegurarnos de que se cumpran  os seus dereitos e de traballar xuntos para construír un mundo máis xusto e equitativo para todos.

O alumnado da ESO reuniuse para conmemorar esta data e ler un manifesto a favor dos seus dereitos.

Tamén o alumnado de 3º de ESO visitou as clases de infantil e primaria para falarlles deste día tan especial e agasallalos cun cartel e uns marcapáxinas  ilustrados con todos os dereitos, que fixeron para eles os alumnos e alumnas de 2º e 3º de ESO.

Aquí vos deixamos un vídeo resumo do acto.

lunes, 24 de abril de 2023

ZERO

 Nun mundo que xulga á xente polo seu número, Zero enfróntase a un prexuízo e unha persecución constante. El anda un camiño en soidade, ata que un encontro, por casualidade, cambia a súa vida para sempre. El coñece a unha muller Cero. Xuntos, demostran que a través  da determinación, da coraxe e do amor, nada pode ser realmente algo.

Unha curta marabillosa que pode ser unha analoxía da sociedade actual, e co que podemos comprender e aprender a:

·         Coñecer e denunciar aqueles sistemas totalitarios e xerarquizados de onte e de hoxe que degradaron e degradan ás persoas pola súa condición física, mental, sexual e/o pola súa ideoloxía.

·         Os dereitos humanos, o dereito para respectar ao ser diferente e a loitar contra o racismo e contra todo tipo de discriminacións.

·         A necesidade de sentirnos queridas, queridos e valorados/as como cimento da autoestima e, con iso, poder desenvolver o noso proxecto de vida.

·         Valorar a importancia da inclusión na sociedade na que vivimos.


Despois de ver a curta cubre a ficha de traballo.

miércoles, 1 de marzo de 2023

UN ERROR DE CÁLCULO

 


Este “collage” reflicte un cadro de Dalí e unha imaxe de Dionisio o Exiguo. Non sei si sabedes que este personaxe tivo moito que ver con "algo" do que representa Dalí no seu cadro.

Debedes investigar quen foi este personaxe e plasmar nun comentario a relación que ten coa imaxe do cadro.

CONMEMORACIÓN DO DÍA ESCOLAR DA PAZ

O luns 30 de xaneiro de 2023, conmemoramos o Día Escolar da Paz e da Non Violencia nun acto conxunto no que todo o alumnado e profesorado do centro visibilizamos unidos o noso compromiso cara á erradicación da violencia e o establecimento dunha cultura da paz no noso día a día. 

Os nenos e nenas de cada clase leron as mensaxes de paz coas que adornaron as portas das súas aulas  e  rematamos o acto cantando a canción “Mensajes del agua”.


domingo, 26 de febrero de 2023

ROSALÍA DE CASTRO A TRAVÉS DOS NOSOS MURAIS

 As nenas e nenos de infantil sumáronse  á conmemoración do Día de Rosalía facendo este fermoso mural inspirado  na frase de Rosalía de Castro:

 “ Galicia florida, cal ela ningunha de frores cuberta, cuberta de espuma». 

Que preciosidade!

 Tamén o alumnado de 3º e 4º da ESO, realizou na materia de Relixión un vistoso mural. Seguindo a proposta da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), que utiliza este ano o lema #cumpriuseaxustiza, o collage denuncia as inxustizas do mundo, plantexando a pregunta... "Que diría Rosalía"?.

A rapazada buscou na prensa imaxes de conflitos bélicos de hoxe, da inmigración no mundo, da explotación no traballo, os prezos da vivenda... e plasmouno no mural ilustrando as imaxes con palabras que nos deben facer reflexionar, e que ben poderían ser ditas por Rosalía, hoxe en día:  xustiza social, loita, lei, aldraxe, desigualdade, inxustizas, dignidade, solidariedade, conciencia, moral...

 


 
 

 




jueves, 16 de febrero de 2023

FESTIVAL DE CLIPMETRAXES: Persoa tamén se escribe con A, de Alimentos e Agua.

 O alumnado de 2º ESO crearon o seguinte vídeo para concursar no Festival de Clipmetraxes sobre a pobreza e o cambio climático . Como hai un premio ao clipmetraxe máis votado, pediriámosvos que si queredes, piquedes no enlace, o vexades e nos regaledes un voto.

https://www.youtube.com/watch?v=F2x3zKzoB8A

 

 O Festival de Clipmetraxes é unha actividade que fomenta o traballo en equipo e é unha maneira divertida e participativa de implicarse nun problema global. Nesta edición, queremos reflexionar sobre a repercusión que as nosas accións individuais, como un consumo máis responsable ou a loita contra o malgasto alimentario, teñen no acceso universal á auga e aos alimentos e descubrir os ODS (obxectivos de desenvolvemento sostible) como ferramenta para mellorar a vida das persoas e loitar contra a desigualdade. 

 POR UN MUNDO MÁIS HUMANO E SOSTIBLE!!!