O alumnado de 2º ESO crearon o seguinte vídeo para concursar no Festival de Clipmetraxes sobre a pobreza e o cambio climático . Como hai un premio ao clipmetraxe máis votado, pediriámosvos que si queredes, piquedes no enlace, o vexades e nos regaledes un voto.
https://www.youtube.com/watch?v=F2x3zKzoB8A
O Festival de Clipmetraxes é unha actividade que fomenta o traballo en equipo e é unha maneira divertida e participativa de implicarse nun problema global.
Nesta edición, queremos reflexionar sobre a repercusión que as nosas accións individuais, como un consumo máis responsable ou a loita contra o malgasto alimentario, teñen no acceso universal á auga e aos alimentos e descubrir os ODS (obxectivos de desenvolvemento sostible) como ferramenta para mellorar a vida das persoas e loitar contra a desigualdade.
POR UN MUNDO MÁIS HUMANO E SOSTIBLE!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario