domingo, 17 de febrero de 2013

ADEUS A BENEDICTO XVI


Benedicto XVI deixará de ser Papa o próximo 28 deste mesmo mes, por "falta de forzas". O anuncio realizouno  en persoa o propio Pontífice, en latín, durante un consistorio no Vaticano para a canonización duns mártires. O pontífice foi elixido o 19 de abril de 2005. Segundo o 'Osservatore Romano', esta decisión foi tomada "fai moitos meses" e decidiuno trala longa viaxe que en marzo de 2012 levouno a México e Cuba.
Joseph Ratzinger, de 85 anos, ten toda unha retahíla de achaques. Desde fai tempo camiña con bastón e utiliza unha plataforma con rodas empuxada por empregados do Vaticano para desprazarse pola Basílica de San Pedro. Nos últimos meses, sempre por motivos de saúde, diminuíu os seus compromisos públicos, as súas viaxes e as audiencias.
"Cando un Papa alcanza a clara conciencia de que xa non é física, mental e espiritualmente capaz de levar a cabo o seu encargo, entón ten nalgunhas circunstancias o dereito, e ata o deber, de dimitir”. E ese día xa chegou.
Respecto de que Pontífices renunciaron anteriormente ao ministerio papal, menciónase só a un: Celestino V (no ano 1294), coñecido como o 'Papa do gran rexeitamento'. Con todo, para moitos historiadores tamén habería que contar coa marcha de Gregorio XII, en 1415.
Joseph Ratzinger trasladarase á residencia de Castel Gandolfo cando comece o proceso de Sé Vacante (o tempo que transcorre desde que un Papa falece ou renuncia ata que se elixe sucesor) e unha vez que haxa novo Sumo Pontífice retirarase a un mosteiro de clausura dentro do Vaticano.
Todo apunta a que o cónclave para elixir sucesor celebrarase en marzo. Nel, participarán 120 cardeais do Colexio Cardenalicio vaticano, que debaterán na Capela Sixtina (illados, sen poder poñerse en contacto co exterior) ata que haxa 'fumata branca'.

sábado, 2 de febrero de 2013

DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA. 30 XANEIRO DE 2013

Este mércores 30 de xaneiro celebramos o Día Escolar pola Paz e a Non Violencia. Neste día, ademais de conmemorar o aniversario da morte de Gandhi, trataremos de imaxinar un mundo sen violencia, sen guerra, sen odio, sen prexuízos, sen pobreza... un mundo no que todos poidamos vivir en harmonía e igualdade. O obxectivo deste día é resaltar a importancia da educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto polos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz. E destacar o papel dos centros educativos como instrumentos de paz e entendemento entre persoas de distinta formación, raza, cultura e relixión. No noso cole quixemos resaltar a importancia deste día realizando unha serie de actividades. Así os alumnos e alumnas de 1º da ESO fixeron un programa de radio sobre a Paz que foi emitido integramente en Radio Fene dentro do seu programa a Fenestra Solidaria. Se premedes no podcast que tedes debaixo podedes escoitalo. Non vos deixará indiferentes!. En hora boa ao alumnado de 1º.

                                              

Tamén o alumnado de secundaria, amosando as súas dotes artísticas, quixo poñer o seu gran de area realizando unha serie de debuxos alusivos á paz que, posteriormente, convertimos en pegatinas. Estas foron repartidas a toda comunidade educativa. Aquí tedes unha presentación dos deseños. 

 Manifesto que os maiores de primaria leron nas clases co gallo do Día da Paz.