miércoles, 20 de diciembre de 2023

FELICITACIÓNS PARA AS USUARIAS DO CENTRO DE DÍA

Un ano máis quixemos felicitar  ás persoas maiores usuarias do  Centro de Día de Ares. A rapazada da ESO elaborou  felicitacións personalizadas para cada unha delas cunha dedicatoria moi especial. Ademais agasallámolos cunha serie de xogos feitos no cole (un quebracabezas, un dominó, un tres en raia e un xogo de memoria) para que pasen algúns dos seus ratiños entreténdose con eles. Elas merecen o mellor e, sobre todo, que nos lembremos do moito que lles debemos.

Grazas a Felipe, o profe de tecnoloxía, por axudarnos na  elaboración dos xogos e a todas as rapazas e rapaces por esas postais tan fermosas.

Desexámoslles unhas Felices Festas e un próspero Ano Novo cardadiño de saúde e saudade para todas e para  o persoal que tan ben coida delas.

 


Algunhas das postais










martes, 19 de diciembre de 2023

OPERACIÓN QUILO DE NADAL. CPI AS MIRANDAS

Hoxe entregamos os alimentos recollidos na Operación Quilo de Nadal.

Un ano máis a vosa solidariedade paliará as necesidades das persoas que máis necesitan a axuda de todas e todos nós. Graciñas familias, alumnado, profesorado e comunidade en xeral pola vosa aportación, pola vosa solidariedade e polo voso apoio nesta campaña.

                                                             BO NADAL