miércoles, 3 de febrero de 2010

2010, ANO SANTO COMPOSTELÁ

Como sabes, este ano 2010 celébrase un novo Ano Santo Compostelá. En torno ao Camiño de Santiago tecéronse, como sabemos, boa parte da cultura e a espiritualidade dos pobos de Occidente, singularmente os de Europa. Pero...
  • Qué é exactamente un Ano Santo?
  • Dende cando se celebra en Santiago de Compostela?.
  • Cando e por qué nace a peregrinación a Santiago?
  • Qué sinais guían o peregrino por todo o camiño?
  • Qué é a Compostela?

   

         Actividades
  • Amosa as túas dotes de investigador/a para averigualo  e resposta a través dun comentario.
  • Investiga na túa familia se alguén ou tí mesmo/a fixeron algunha vez o Camiño de Santiago e fálanos do que supuxo esa experiencia.