miércoles, 29 de diciembre de 2021

BO NADAL E FELIZ ANINOVO!

AGRADECEMENTOS OPERACIÓN QUILO NADAL

 


XI CARREIRA QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE. CPI AS MIRANDAS

Un ano máis, e xa van once, o noso centro organizou a Carreira Quilómetros de Solidariedade para colaborar coa ONG “Save the Children”. Desde o noso centro agradecemos a todo o alumnado e profesorado a participación na carreira solidaria e por suposto, á nosa atleta Paula Mayobre, madriña da carreira, por apoiar esta causa e acompañarnos durante todos estes anos.

Grazas tamén as familias por patrocinar coas súas aportacións esta carreira, a deportes MARVI pola doazón das medallas, á policía local de Ares e a protección civil.

BO NADAL  E FELICES FESTAS

CPI AS MIRANDAS: CONSTRUÍNDO UN MUNDO MELLOR


ESO

INFANTIL


PRIMARIA


MARCHA POLA IGUALDADE NO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA CARA A MULLER

 Hoxe, 25 de novembro o alumnado  e profesorado da ESO do CPI As Mirandas, en colaboración cos Servizos Sociais de Ares e o Centro de Información á Muller (CIM) realizamos conxuntamente unha Marcha pola Igualdade neste Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

Alumnas e alumnos do centro leron un manifesto de compromiso para condenar a violencia e recordar que debemos seguir insistindo en campañas de prevención, informando e previndo desde todos os ámbitos da sociedade: desde a familia, cunha educación en igualdade, desde os colexios, cunha coeducación real, desde o traballo e desde os poderes políticos.













O CPI AS MIRANDAS E O CPIP VIRXE DA CELA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Co gallo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero que se celebra hoxe 25 de novembro, o alumnado dos centros escolares CPI As Mirandas de Ares e CPI Plurilingüe Virxe da Cela de Monfero, realizaron un vídeo para visibilizar e sensibilizar á comunidade educativa e a toda a sociedade en xeral, sobre esta data. 
Desde os nosos centros adherímonos pois, a todas aquelas iniciativas que suman esforzos e solucións á erradicación da violencia cara a muller, na loita contra os malos tratos e no apoio ás vítimas e as súas familias. Apoiamos ás accións que tratan de concienciar ao tecido social e a todas as actividades educativas baseadas na formación en valores para que a sociedade avance no camiño da igualdade, no benestar común e a convivencia que todas e todos queremos.

20 Novembro. DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DOS NENXS. CPI AS MIRANDAS

O 20 de novembro conmemórase en todo o mundo o Día Internacional dos Dereitos dos Nenxs. Desde o CPI As Mirandas queremos chamar a atención sobre os millóns de nenos e nenas que seguen sen ter acceso aos dereitos máis básicos como a educación, a sanidade, un fogar...e que teñen que abandonar os seus soños. E facemos tamén un chamamento aos gobernos para que cumpran os seus compromisos de realizar plenamente os dereitos da infancia. Hai que traballar para que todxs, independentemente do lugar ou as condicións nas que nazan, teñan un futuro mellor! Con este vídeo reivindicamos os dereitos para todos os nenos e nenas do mundo!











viernes, 5 de noviembre de 2021

CINEFORUM: CADENA DE FAVORES. QUE FAGO EU PARA CAMBIAR O MUNDO?

Cadea de favores demóstranos a capacidade de contaxio da bondade humana, a través dos pequenos xestos solidarios que cada persoa realiza. Estes xestos permiten, dalgún xeito cambiar o mundo e que todas as persoas, sen importar a súa idade, teñen o poder de facelo.

As accións cotiás feitas coa intención de mellorarme a min mesmo ou achegar algo positivo aos demais, son das cousas que máis valen, e que están ao alcance de todos. É o valor por excelencia que Xesús, Teresa de Calcuta, Gandhi e moit@s máis  puxeron de manifesto:"o valor do Amor incondicional".

   A historia demóstranos que facer o ben non sempre é sinal de éxito social, ás veces ata se perde a vida por estar no lugar que a outros lles molesta porque a nosa presenza denuncia malas actitudes dos demais aínda que non queiramos. Esa é a historia de Trévor, un bo rapaz que non caeu nin quedou pasivo ante a inxustiza, a violencia nin o acoso.

PREME NO ENLACE PARA ACCEDER
                                                                           PELÍCULA

Tras o visionado da película e a posta en común na clase, debes descargar e realizar a ficha que tes aquí embaixo. 

                                                          FICHA CADENA DE FAVORES


FAI A SEGUINTE SOPA DE LETRAS. SÓ TES QUE PREMER EN COMENZAR

lunes, 13 de septiembre de 2021

BENVID@S A UN NOVO CURSO (2021-22)

Xa estamos en setembro. 
Tras un verán, no que desexamos que cargarades pilas e gozarades del, comeza un novo curso escolar.
 Un mes cuxo significado transcende máis aló do fin de verán. Un mes no que predominan os novos proxectos, propósitos e ilusións; case como un inicio de ano onde tras un merecido descanso, renóvase a enerxía e sénteste capaz de todo. Sexa como sexa este curso escolar non nos vai deixar indiferentes a ninguén. 

Desde aquí moito ánimo a todos e...Feliz volta ao cole!!!

sábado, 24 de abril de 2021

ANTÓN PEREGRINO DO CAMIÑO. POR FIN CHEGAMOS!!. CAPÍTULO 8. ETAPA A LAMEIRA-SANTIAGO.

O camiño chegou ao sen fin. O noso amigo Antón chegou a Santiago. Neste último capítulo podedes ver a alegría e a sensación de contento do noso Antón despois da peregrinaxe.   

 

ACTIVIDADES PARA CONMEMORAR O DÍA DO LIBRO. CPI AS MIRANDAS

 O día Internacional do Libro é unha data moi especial para as escolas, para os lectores e para todas as persoas amantes dos libros. No noso centro unímonos a Biblioteca Carabela, O Equipo de Dinamización Lingüística, o Equipo do proxecto ERASMUS+  e a Concellaría de  Cultura do noso concello para facer e programar unha morea de actividades.  Aquí vai unha mostra delas.

 IV EDICIÓN do CONCURSO DE PORTADA DE LIBROS 


CONCURSO DE MICRORRELATOS EN COLABORACIÓN CO CONCELLO DE ARES



POEMAS CON AROMA A ROSA ( Realizados polo alumnado de 6º EP)


ERASMUS -DÍA DO LIBRO

Nas seis escolas que estamos  no ERASMUS preparamos algunhas actividades en común. Fixemos un libro-vídeo (en dúas versións inglés e galego) sobre a vida de Cervantes e Shakespeare ademais doutro sobre a orixe desta celebración e os diferentes eventos que teñen lugar en outros países.



Tamén  as nenas e nenos realizaron marcapáxinas, debuxos, colgadores de portas ou minilibros




Como vedes, unha morea de actividades para celebrar e gozar deste día

FELIZ DÍA DO LIBRO


A lectura, como o amor, é a pedra ideal para afinar a nosa alma

 Paul Desalmand- Escritor 









I CONCURSO DE MICRORRELATOS . DÍA DO LIBRO 2021

Dentro das actividades propostas para conmemorar o Día do Libro, o EDLG do CPI As Mirandas e a Concellaría de Cultura do Concello de Ares lanzamos o 

 I Concurso de escritura creativa de Microrrelatos.

 ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!

AQUÍ TEDES AS BASES. 

domingo, 11 de abril de 2021

ANTÓN PEREGRINO DO CAMIÑO. CAPÍTULO 7. CUARTA ETAPA BRUMA-A LAMEIRA

Nesta etapa Antón levaranos desde  Bruma ata A Lameira. Xa queda só unha etapa para que o noso amigo Antón e o seu can Couto cheguen ao a Santiago. O Camiño vai chegando ao seu fin.


lunes, 5 de abril de 2021

domingo, 21 de marzo de 2021

ANTÓN PEREGRINO DO CAMIÑO. CAPÍTULO 5. TERCEIRA ETAPA PONTEDEUME-BETANZOS

 Aquí vos deixamos o capítulo 5 da serie Antón, peregrino do camiño. Nesta etapa Antón levaranos desde Pontedeume ata Betanzos.  Xa queda menos para chegar a Santiago!!

viernes, 12 de marzo de 2021

ANTÓN PEREGRINO DO CAMIÑO. CAPÍTULO 4. SEGUNDA ETAPA NEDA-PONTEDEUME

 Ola de novo, queridos amigos e amigas, xa temos aquí o capítulo 4 de "Antón, peregrino do Camiño". Neste vídeo cóntanos a súa etapa de Neda ata Pontedeume, pero nesta ocasión ten un novo compañeiro de viaxe. Non deixedes de velo para saber quen é.

A próxima semana contaranos como foi  a terceira etapa que o levará ata Betanzos.

Unha aperta!!


DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 2021

Neste Día Internacional da Muller, desde o CPI As Mirandas de Ares e o CPIP Virxe da Cela de Monfero,  vai o noso recoñecemento a todas as mulleres e o noso desexo dun futuro en igualdade en tódolos ámbitos da vida. Grazas a todas por saber  escribir a historia con tinta indeleble e por deixar a vosa pegada  nas nosas vidas.


jueves, 4 de marzo de 2021

ANTÓN PEREGRINO DO CAMIÑO. CAPÍTULO 3. PRIMEIRA ETAPA FERROL-NEDA

Ola de novo, queridos amigos e amigas, xa temos aquí o capítulo 3 de "Antón, peregrino do Camiño". O noso amigo xa comezou a primeira etapa  que o levou dende Ferrol ata Neda. Aquí podedes ver os lugares polos que pasou ata chegar ao albergue onde quedou a descansar ata o día seguinte.  Esperamos que vos guste.

Ah! e estade atentos ao seguinte capítulo no que poderemos ver a súa andaina da segunda etapa dende Neda ata Pontedeume.

           

viernes, 26 de febrero de 2021

ANTÓN PEREGRINO DO CAMIÑO. CAPÍTULO 2. "PREPARÁNDONOS"

Ola de novo, xa temos aquí o capítulo 2 de "Antón, peregrino do Camiño". O noso amigo móstranos como hai que prepararse para comezar a peregrinación.  Ficade moi atentos aos seus consellos. 


            

jueves, 18 de febrero de 2021

ANTÓN, PEREGRINO DO CAMIÑO

Como ben sabedes, este 2021 é ano Xacobeo. Quizais non teñades oportunidade de facer o Camiño pero se queredes, podedes acompañar na súa viaxe a Antón, un xove peregrino natural de Monfero. Por mor das restricións perimetrais que hai, debido á situación sanitaria do COVID, o noso amigo non puido saír de Roncesvalles para facer o Camiño francés, como tiña pensado, así que decidiu saír de Ferrol e realizar as etapas do Camiño inglés. Se queredes coñecelo podedes ver o capítulo 1 da mini serie Antón, peregrino do camiño. Nos sucesivos capítulos iranos amosando cousas moi interesantes da súa peregrinaxe.
 Aquí tedes o capítulo 1

 

jueves, 4 de febrero de 2021

37 CONCURSO ESCOLAR ONCE. CONEXIÓN -ADICCIOFF, ISTO NON É UN XOGO

 Baixo o lema "ConexiON-AdicciOFF, isto non é un xogo", o alumnado da ESO realizou nas materias de Relixión+Valores Éticos as súas propostas de aula: nesta 37 edición do Concurso Escolar ONCE trátase de MUPIS (carteis de publicidade de mobiliario urbán), sensibilizando á mocidade dos riscos dun uso incontrolado e abusivo das novas tecnoloxías. 

Aquí deixamos os MUPIS realizados polos alumnos e alumnas da ESO que foron presentados ao concurso.









miércoles, 3 de febrero de 2021

ACTIVISTAS POLO MUNDO QUE QUEREMOS

Inauguramos  unha  nova travesía dentro do Plan  Proxecta dá Xunta de Galicia acompañados por un grupo de Ongs que se  uniron  coa meta de transformar este o noso mundo desigual por outro máis xusto e equitativo.

Este proxecto pretende apoiar ao alumnado para que coñeza e, dalgunha maneira, entre a formar parte deste movemento global de mocidade inspiradora. Todo isto, para fomentar o respecto e a valoración da diversidade como algo enriquecedor, o consumo responsable, a conciencia ambiental, o respecto aos  DD. HH, o coñecemento dos  ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sostible) a igualdade de xénero... e ademais potenciar habilidades e actitudes como o diálogo, a corresponsabilidade, a empatía, a resolución positiva dos conflitos e a solidariedade, desde unha conciencia crítica, activa, investigadora, non conformista e motivando o OPTIMISMO CARA O CAMBIO.

Así o pasado  luns 18 de  xaneiro  tivemos o  primeiro taller  nas aulas como punto de inicio. Nesta ocasión  coa visita de María Caride e Ángela  quenes con grandes  doses de entusiasmo e  unha  ollada  moi positiva  fixeron reflexionar  ao alumnado de 1º e 2º de ESO  sobre Que significa ser activista?.

A través dunha dinámica os rapaces e rapazas analizaron as problemáticas que afectan a milleiros de persoas no noso planeta, e foron quen de idear solucións para erradicalas.









DÍA ESCOLAR DA DAZ E A NON VIOLENCIA NO CPI AS MIRANDAS

O 30 de xaneiro conmemórase, como todos os anos, o Día Escolar pola Paz e a Non Violencia. E por iso no CPI As Mirandas , onde convivimos e estudamos, onde nos divertimos e formámonos como persoas, quixemos celebrar este día facendo unha morea de actividades para deixar constancia de que temos que seguir traballando para que na nosa sociedade poidamos vivir todxs xuntos e en paz.

O alumnado enteiro do cole desde os  máis pequerrechos ata os máis maiores participamos nas diferentes actividades facendo murais, vídeos, debuxos.... Aquí vos deixamos unha mostra do noso traballo.

Grazas a todo o alumnado e aos profes que a pesares de ter que lidiar con esta situación de pandemia que estamos a padecer, seguen traballando e adaptandose as circunstancias sen perder a motivación e a alegría. Desexamos que para o ano que ven, poidamos volver a xuntármonos todxs como en anos anteriores e  así poder celebrar xuntxs, cunha gran aperta este Día Escolar da Paz e a non Violencia.

VÍDEO REALIZADO POLO ALUMNADO DE 1ºA 

AUDIOVISUAIS REALIZADOS POLO DÍA DA PAZ NO PROXECTO ERASMUS  (ARTWORKS FROM EUROPEAN FESTIVITIES AND TRADITIONS)

https://erasmusplusasmirandas.blogspot.com/2021/01/peace-day.html


Over the rainbow.  Interpretada polo alumnado de música de  4º ESO

ACTIVIDADES, DEBUXOS E MURAIS REALIZADOS POLO ALUMNADO DE INFANTIL E PRIMARIA




DÍA ESCOLAR DA DAZ E A NON VIOLENCIA 2021 NO CPI VIRXE DA CELA

O 30 de xaneiro conmemórase, como todos os anos, o Día Escolar pola Paz e a Non Violencia.  E por iso no CPIP Virxe da Cela , onde convivimos e estudamos, onde nos divertimos e formámonos como persoas, quixemos celebrar este día facendo nas nosas aulas diversidade  de actividades para deixar constancia de que temos que seguir traballando para que na nosa sociedade poidamos vivir todxs xuntos e en paz.

No seguinte vídeo deixamos a nosa pegada e os nosos mellores desexos  berrando coas mans e o corazón abertos...QUE VIVA A PAZ!!!




DÍA INTERNACIONAL DA VIOLENCIA DE XÉNERO NO CPI AS MIRANDAS

Hoxe é o Día Contra a Violencia de Xénero . Traballamos nas aulas este tema tan importante realizando varias actividades encamiñadas a concienciar ao alumnado sobre a relevancia deste problema na sociedade.

Aquí tedes os murais e paneis realizados en infantil, primaria e ESO así como un vídeo no que toda a comunidade educativa súmase  á loita contra esta lacra que a día de hoxe segue a deixar sen soños e sen vida a moitas mulleres.


 
MURAL DOS PEQUERRECHOS DE INFANTIL


EXPOSICIÓN DE CARTEIS DO ALUMNADO DA ESO



20 novembro. DÍA DOS DEREITOS DOS NENXS

O 20 de novembro conmemórase en todo o mundo o Día Internacional dos Dereitos dos Nenxs. Desde o CPI As Mirandas queremos chamar a atención sobre os millóns de nenos e nenas que seguen sen ter acceso aos dereitos máis básicos como a educación, a sanidade, un fogar...e que teñen que abandonar os seus soños. E facemos tamén un chamamento aos gobernos para que cumpran os seus compromisos de realizar plenamente os dereitos da infancia. Hai que traballar para que todos, independentemente do lugar ou as condicións nas que nazan, teñan un futuro mellor!   

          Os nenxs son o recurso máis importante do mundo e a mellor esperanza para o futuro.

       Aquí podedes ver o vídeo que as alumnas e alumnos de 2º ESO na clase de RELI realizaron para difundir esta data.

                          Grazas a Raquel, a intérprete de lingua de signos, pola súa colaboración.