Cadea de
favores demóstranos a capacidade de contaxio da bondade humana, a través dos
pequenos xestos solidarios que cada persoa realiza. Estes xestos permiten, dalgún
xeito cambiar o mundo e que todas as persoas, sen importar a súa idade, teñen o
poder de facelo.
As accións cotiás feitas coa intención de mellorarme a min mesmo ou achegar algo positivo aos demais, son das cousas que máis valen, e que están ao alcance de todos. É o valor por excelencia que Xesús, Teresa de Calcuta, Gandhi e moit@s máis puxeron de manifesto:"o valor do Amor incondicional".
A historia demóstranos que facer
o ben non sempre é sinal de éxito social, ás veces ata se perde a vida por
estar no lugar que a outros lles molesta porque a nosa presenza denuncia malas
actitudes dos demais aínda que non queiramos. Esa é a historia de Trévor, un bo
rapaz que non caeu nin quedou pasivo ante a inxustiza, a violencia nin o acoso.
Tras o visionado da película e a posta en común na clase, debes descargar e realizar a ficha que tes aquí embaixo.
FAI A SEGUINTE SOPA DE LETRAS. SÓ TES QUE PREMER EN COMENZAR
No hay comentarios:
Publicar un comentario