viernes, 26 de febrero de 2021

ANTÓN PEREGRINO DO CAMIÑO. CAPÍTULO 2. "PREPARÁNDONOS"

Ola de novo, xa temos aquí o capítulo 2 de "Antón, peregrino do Camiño". O noso amigo móstranos como hai que prepararse para comezar a peregrinación.  Ficade moi atentos aos seus consellos. 


            

jueves, 18 de febrero de 2021

ANTÓN, PEREGRINO DO CAMIÑO

Como ben sabedes, este 2021 é ano Xacobeo. Quizais non teñades oportunidade de facer o Camiño pero se queredes, podedes acompañar na súa viaxe a Antón, un xove peregrino natural de Monfero. Por mor das restricións perimetrais que hai, debido á situación sanitaria do COVID, o noso amigo non puido saír de Roncesvalles para facer o Camiño francés, como tiña pensado, así que decidiu saír de Ferrol e realizar as etapas do Camiño inglés. Se queredes coñecelo podedes ver o capítulo 1 da mini serie Antón, peregrino do camiño. Nos sucesivos capítulos iranos amosando cousas moi interesantes da súa peregrinaxe.
 Aquí tedes o capítulo 1

 

jueves, 4 de febrero de 2021

37 CONCURSO ESCOLAR ONCE. CONEXIÓN -ADICCIOFF, ISTO NON É UN XOGO

 Baixo o lema "ConexiON-AdicciOFF, isto non é un xogo", o alumnado da ESO realizou nas materias de Relixión+Valores Éticos as súas propostas de aula: nesta 37 edición do Concurso Escolar ONCE trátase de MUPIS (carteis de publicidade de mobiliario urbán), sensibilizando á mocidade dos riscos dun uso incontrolado e abusivo das novas tecnoloxías. 

Aquí deixamos os MUPIS realizados polos alumnos e alumnas da ESO que foron presentados ao concurso.









miércoles, 3 de febrero de 2021

ACTIVISTAS POLO MUNDO QUE QUEREMOS

Inauguramos  unha  nova travesía dentro do Plan  Proxecta dá Xunta de Galicia acompañados por un grupo de Ongs que se  uniron  coa meta de transformar este o noso mundo desigual por outro máis xusto e equitativo.

Este proxecto pretende apoiar ao alumnado para que coñeza e, dalgunha maneira, entre a formar parte deste movemento global de mocidade inspiradora. Todo isto, para fomentar o respecto e a valoración da diversidade como algo enriquecedor, o consumo responsable, a conciencia ambiental, o respecto aos  DD. HH, o coñecemento dos  ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sostible) a igualdade de xénero... e ademais potenciar habilidades e actitudes como o diálogo, a corresponsabilidade, a empatía, a resolución positiva dos conflitos e a solidariedade, desde unha conciencia crítica, activa, investigadora, non conformista e motivando o OPTIMISMO CARA O CAMBIO.

Así o pasado  luns 18 de  xaneiro  tivemos o  primeiro taller  nas aulas como punto de inicio. Nesta ocasión  coa visita de María Caride e Ángela  quenes con grandes  doses de entusiasmo e  unha  ollada  moi positiva  fixeron reflexionar  ao alumnado de 1º e 2º de ESO  sobre Que significa ser activista?.

A través dunha dinámica os rapaces e rapazas analizaron as problemáticas que afectan a milleiros de persoas no noso planeta, e foron quen de idear solucións para erradicalas.









DÍA ESCOLAR DA DAZ E A NON VIOLENCIA NO CPI AS MIRANDAS

O 30 de xaneiro conmemórase, como todos os anos, o Día Escolar pola Paz e a Non Violencia. E por iso no CPI As Mirandas , onde convivimos e estudamos, onde nos divertimos e formámonos como persoas, quixemos celebrar este día facendo unha morea de actividades para deixar constancia de que temos que seguir traballando para que na nosa sociedade poidamos vivir todxs xuntos e en paz.

O alumnado enteiro do cole desde os  máis pequerrechos ata os máis maiores participamos nas diferentes actividades facendo murais, vídeos, debuxos.... Aquí vos deixamos unha mostra do noso traballo.

Grazas a todo o alumnado e aos profes que a pesares de ter que lidiar con esta situación de pandemia que estamos a padecer, seguen traballando e adaptandose as circunstancias sen perder a motivación e a alegría. Desexamos que para o ano que ven, poidamos volver a xuntármonos todxs como en anos anteriores e  así poder celebrar xuntxs, cunha gran aperta este Día Escolar da Paz e a non Violencia.

VÍDEO REALIZADO POLO ALUMNADO DE 1ºA 

AUDIOVISUAIS REALIZADOS POLO DÍA DA PAZ NO PROXECTO ERASMUS  (ARTWORKS FROM EUROPEAN FESTIVITIES AND TRADITIONS)

https://erasmusplusasmirandas.blogspot.com/2021/01/peace-day.html


Over the rainbow.  Interpretada polo alumnado de música de  4º ESO

ACTIVIDADES, DEBUXOS E MURAIS REALIZADOS POLO ALUMNADO DE INFANTIL E PRIMARIA




DÍA ESCOLAR DA DAZ E A NON VIOLENCIA 2021 NO CPI VIRXE DA CELA

O 30 de xaneiro conmemórase, como todos os anos, o Día Escolar pola Paz e a Non Violencia.  E por iso no CPIP Virxe da Cela , onde convivimos e estudamos, onde nos divertimos e formámonos como persoas, quixemos celebrar este día facendo nas nosas aulas diversidade  de actividades para deixar constancia de que temos que seguir traballando para que na nosa sociedade poidamos vivir todxs xuntos e en paz.

No seguinte vídeo deixamos a nosa pegada e os nosos mellores desexos  berrando coas mans e o corazón abertos...QUE VIVA A PAZ!!!




DÍA INTERNACIONAL DA VIOLENCIA DE XÉNERO NO CPI AS MIRANDAS

Hoxe é o Día Contra a Violencia de Xénero . Traballamos nas aulas este tema tan importante realizando varias actividades encamiñadas a concienciar ao alumnado sobre a relevancia deste problema na sociedade.

Aquí tedes os murais e paneis realizados en infantil, primaria e ESO así como un vídeo no que toda a comunidade educativa súmase  á loita contra esta lacra que a día de hoxe segue a deixar sen soños e sen vida a moitas mulleres.


 
MURAL DOS PEQUERRECHOS DE INFANTIL


EXPOSICIÓN DE CARTEIS DO ALUMNADO DA ESO



20 novembro. DÍA DOS DEREITOS DOS NENXS

O 20 de novembro conmemórase en todo o mundo o Día Internacional dos Dereitos dos Nenxs. Desde o CPI As Mirandas queremos chamar a atención sobre os millóns de nenos e nenas que seguen sen ter acceso aos dereitos máis básicos como a educación, a sanidade, un fogar...e que teñen que abandonar os seus soños. E facemos tamén un chamamento aos gobernos para que cumpran os seus compromisos de realizar plenamente os dereitos da infancia. Hai que traballar para que todos, independentemente do lugar ou as condicións nas que nazan, teñan un futuro mellor!   

          Os nenxs son o recurso máis importante do mundo e a mellor esperanza para o futuro.

       Aquí podedes ver o vídeo que as alumnas e alumnos de 2º ESO na clase de RELI realizaron para difundir esta data.

                          Grazas a Raquel, a intérprete de lingua de signos, pola súa colaboración.