viernes, 11 de noviembre de 2016

AS GRANDES RELIXIÓNS


Nun mundo tan plural como o noso, non é nada difícil encontrarnos, charlar, convivir, con persoas doutras culturas, doutras razas e doutras relixións.
De moitas destas relixións non sabemos nada ou case nada e doutras só utilizamos tópicos que para nada axudan ao dialogo e ao entendemento entre a xente.
Imos afondar con este traballo no coñecemento dunha das grandes relixións do mundo.
Cada un de vos poderá elixir unha das grandes relixións ( Cristianismo, Hinduísmo, Budismo, Xudaísmo ou Islam). Debedes reunir información, ordenala e elaborar un traballo escrito para expoñer na clase(en formato word, power point ou en mural) sobre o tema elixido.
Estas preguntas poderanvos servir de guión para o traballo, aínda que podedes modificar o guión sempre que recollades o esencial da relixión que elixistes:

- Quen fundou a devandita relixión?
- Cando e onde se fundou?
- En que países se encontra implantada actualmente?
- Cales son os seus mandamentos principais?
- Ten "libro sagrado"? Como se chama?
- Os seus seguidores teñen algunha particularidade especial, chaman a atención por algo?
- Hai algún rito particular da devandita relixión?
- Cales son os seus lugares sagrados?
- Existe algún día ou lugar especial de reunión? Para que se reúnen?

Tedes, pois, que elaborar un traballo escrito tratando de responder a todas estas cuestión. Podedes engadir mapas, debuxos ou outros elementos que completen e axuden a entender mellor a devandita relixión.
Aquí póñovos uns enlaces que vos poden servir de axuda, pero podedes buscar pola vosa conta.
http://www.portalplanetasedna.com.ar/religion2.htm
http://www.monografias.com/trabajos28/religiones/religiones.shtml
http://es.catholic.net/indice/mapa.php?ts=42&ca=786&te=2599
http://www.rosario.org.mx/doctrina/grandes1.htm

Podedes entregar o traballo na clase ou mandalo á dirección de correo: enreliando@gmail.com

miércoles, 9 de noviembre de 2016

DÍA INTERNACIONAL PARA A ERRADICACIÓN DA POBREZA

Este DÍA INTERNACIONAL celébrase cada ano desde 1993. Con el, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas quere concienciar ao mundo sobre a necesidade de erradicar a pobreza e a indixencia en todos os países e segue sendo o elemento central dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) para alcanzar antes do ano 2030.
Desgraciadamente as noticias que nos chegan ultimamente de distintas partes do mundo fálannos de traxedias (catástrofes naturais, guerras, terrorismo, fame, violencia...), pero tamén hai motivos para a esperanza. Hai moitas persoas implicadas na solución dos problemas... 
Aquí déixoche un vídeo que nos fala de esperanza, aínda que sexa nun contexto de pobreza...Desa esperanza que o Papa Francisco nos di que temos que ter presente e da que nos da conta no Ano da Misericordia.
 MÍRA o video e logo fai a actividade que está abaixo.




TRABALLO QUE CHE PIDO: que investigues na internet e busques noticias positivas de loita contra a pobreza, a fame, a violencia, os desastres naturais... e envíes a ligazón e un breve comentario do que opinas ti. Falo a través dun comentario a esta entrada do BLOGUE!