jueves, 31 de marzo de 2022

GAÑANORES PROVINCIAIS DO CONCURSO ESCOLAR ONCE!!!

Carta Felicitación Gañadore... by yolick20003194




Estamos de en hora boa!!!  O grupo de alumn@s  de 1º de ESO formado por  Sofía, Martina, Álvaro, Leo, Bega, Carlos, Antonio, Hugo, Lucas, Sara, Paula, Malena, Adrián e Mario quedaron gañadores provinciais do Concurso Escolar Once co seu vídeo “A accesibilidade universal é un camiño cara a inclusión”.

Este ano baixo o lema “ O camiño que nos fai iguais” os nosos alumn@s  quixeron transmitir que cando unha persoa con discapacidade  atopa barreiras para vivir na súa contorna, estáselle privando da súa liberdade e dos seus dereitos e que tod@s  comezando polos poderes públicos  deben traballar pola accesibilidade en todos los ámbitos de la vida.

Non queremos deixar de felicitar aos outros grupos de  rapaces e rapazas de 1º, 2º , 3º e 4º da ESO que aínda que non gañaron, fixeron uns  traballos impresionantes. Grazas a todos polo voso esforzo, entusiasmo, creatividade e conciencia.



AXUDA HUMANITARIA Á INFANCIA DE UCRAÍNA. CPI AS MIRANDAS

Como sabedes o noso colexio, o CPI As Mirandas, é centro embaixador de Save the Children. Levamos unha década axudando a través desta ONG á infancia máis desfavorecida en distintos lugares do mundo no que hai conflitos. Neste momento a guerra en Ucraína estase cebando cos máis vulnerables, entre os que se atopan as nenas e os  nenos. Por elo, o alumnado de ESO propuxo unha acción solidaria destinada a recadar fondos para a infancia de Ucraína.

                     Pero mellor que vexades este vídeo onde explican a súa proposta.


Todo o recadado irá, a través de Save the Children, íntegramente destinado a axuda humanitaria para as nenas e nenos en Ucraína. Esto inclúe apoio no seu acceso á educación, apoio psicosocial, distribución de kits de inverno e de hixiene e entrega de pequenas aportacións en efectivo ás familias para que poidan satisfacer as súas necesidades básicas (alimentos e medicamentos).

Tamén as rapazas e rapaces de 1º de ESO quixeron poñer voz ao seguinte manifesto que foi escrito,  polas nenas e nenos  de Mali, Sudán, Colombia, Yemen e Siria, países en conflito. Nel se expresa o que pensan das guerras e fan un chamamento aos dirixentes para que tomen medidas XA, porque todas as guerras son guerras contra a infancia.


miércoles, 9 de marzo de 2022

AXUDA HUMANITARIA A UCRANIA

 



    O próximo luns 14 e martes 15 de marzo 2022 imos participar nunha recollida de recursos para Ucraína. Nesta iniciativa participan o grupo folclórico e cultural de Monfero, o Concello e o centro e todos as persoas da Comunidade educativa estamos invitadas a participar. 
    As doazóns deixaranse ao carón da porta de acceso do patio cuberto a primeira hora, cando o alumnado chegue ao centro. Da xestión loxística desta recollida encargaranse a mestra Cristina Rabuñal en colaboración con Verónica, Andrea e Yolanda. Pregamos axuda na mesma. 
     Será para a Asociación Ask Aga-Ucraína: ASOCIACIÓN GALEGA DE AXUDA A UCRAÍNA e os recursos que se precisan son: 
  • Para bebés e nenos: comida (galletas tipo maría, papillas ou purés (non de cristal), cacao, cueiros, toallitas), roupa térmica bebé-3/4 a. 
  • Hixiene: papel hixiénico, pasta de dentes, cepillo de dentes, xabón, compresas, tampóns, máquinas para afeitar. 
  • Roupa e outros: roupa térmica adultos, roupa interior de home térmica, gorros, luvas, polares t. L- XL, lanternas, pilas, filtros para a auga, camisetas manga curta escuras, sacos de durmir, xeonlleiras, esterillas. 
  • Comida: conservas (non de cristal), sopas instantáneas, barras enerxéticas, froitos secos, leite condensado, chocolate negro, té, café. 
Tamén son necesarias menciñas: vendas, betadine, auga osixenada, alcol, bepanten crem, antibióticos, ibuprofeno e parcetamol. As mesmas, recolléranse no: Local social dás Travesas. Mañás: de 10:00 h a 12:00 h, tardes de 19:00 h a 21:00 h, non no cole. 

No caso de querer facer unha doazón económica o nº de conta é: ABANCA ES73 2080 0000 7230 4027 0691.

8 M. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 2022

 


O 8M permitirá que a nosa comunidade educativa  o Concello e a veciñanza de Ares participen conxuntamente en múltiples actividades a prol dunha sociedade xusta e libre de violencia machista.

Dende o ente municipal promoveranse dúas marchas, un total de 28 charlas dentro do proxecto Control Off e, no eido cultural, o monólogo de educación afectivo-sexual levado a cabo por Patty Diphusa.

A primeira das marchas reivindicativas organizarase o próximo xoves, 10 de marzo, ás 14.00 horas, e conectará a tódolos cursos do CPI As Mirandas, ás asociacións de Amas de Casa de Ares e Concepción Arenal e ao Concello. Percorrerá o núcleo urbano da vila dende o colexio ata a Praza da Constitución, con lectura dun manifesto por parte do alumnado, e suporá a terceira edición desta iniciativa.

A esta marcha súmase a xa planificada para o sábado, 12 de marzo, “Móvete pola Igualdade”, que permitirá á veciñanza defender a inclusión da muller na sociedade a través da práctica deportiva. Non obstante, no evento poderán participar todas as persoas que o desexen, homes e mulleres, sempre e cando sexan maiores de 12 anos.

A maiores destes eventos, o Centro de Información á Muller (CIM) e o CPI desenvolverán un amplo proxecto de obradoiros para previr a violencia de xénero dende este mes de marzo, co gallo do 8M, ata final do curso académico. Os obradoiros Control Off chegarán á localidade financiados entre o Concello e o Pacto de Estado contra a violencia de xénero e axudarán ao alumnado da ESO a aproximarse ás relacións afectivas saudables; a definir e identificar a violencia de xénero ou a establecer mecanismos de prevención desta violencia na contorna dixital, sempre dende unha metodoloxía participativa e aberta ó debate.

#ConcellodeAres #CPIAsMirandas#CIMAres#DíaInternacionaldaMuller #8M #DíadaMuller #ConcellariaBenestarIgualdadeAres #ConcellariaCulturaAres  

38 CONCURSO ESCOLAR ONCE. O CAMIÑO QUE NOS FAI IGUAIS



        Este ano o Concurso Escolar do Grupo Social ONCE, na súa 38 Edición e baixo o lema
"O CAMIÑO QUE NOS FAI IGUAIS", convídanos a traballar unidos pola inclusión e converte ao alumnado en axentes de cambio, animándoos a actuar, dentro e fóra das aulas, para facer máis inclusiva a contorna, porque todos podemos sumar pasos no camiño da igualdade.

E así o entenderon as rapazas e rapaces da ESO  creando pezas audiovisuais, de como máximo  1 minuto, nas que intentaron comunicar as súas ideas para facer máis inclusiva a contorna nos seguintes ámbitos: Lecer, educación, emprego e accesibilidade universal.

Aquí tedes os traballos que realizaron e que  foron presentados ao concurso. Xa veredes que chulos!!!.