miércoles, 9 de marzo de 2022

8 M. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 2022

 


O 8M permitirá que a nosa comunidade educativa  o Concello e a veciñanza de Ares participen conxuntamente en múltiples actividades a prol dunha sociedade xusta e libre de violencia machista.

Dende o ente municipal promoveranse dúas marchas, un total de 28 charlas dentro do proxecto Control Off e, no eido cultural, o monólogo de educación afectivo-sexual levado a cabo por Patty Diphusa.

A primeira das marchas reivindicativas organizarase o próximo xoves, 10 de marzo, ás 14.00 horas, e conectará a tódolos cursos do CPI As Mirandas, ás asociacións de Amas de Casa de Ares e Concepción Arenal e ao Concello. Percorrerá o núcleo urbano da vila dende o colexio ata a Praza da Constitución, con lectura dun manifesto por parte do alumnado, e suporá a terceira edición desta iniciativa.

A esta marcha súmase a xa planificada para o sábado, 12 de marzo, “Móvete pola Igualdade”, que permitirá á veciñanza defender a inclusión da muller na sociedade a través da práctica deportiva. Non obstante, no evento poderán participar todas as persoas que o desexen, homes e mulleres, sempre e cando sexan maiores de 12 anos.

A maiores destes eventos, o Centro de Información á Muller (CIM) e o CPI desenvolverán un amplo proxecto de obradoiros para previr a violencia de xénero dende este mes de marzo, co gallo do 8M, ata final do curso académico. Os obradoiros Control Off chegarán á localidade financiados entre o Concello e o Pacto de Estado contra a violencia de xénero e axudarán ao alumnado da ESO a aproximarse ás relacións afectivas saudables; a definir e identificar a violencia de xénero ou a establecer mecanismos de prevención desta violencia na contorna dixital, sempre dende unha metodoloxía participativa e aberta ó debate.

#ConcellodeAres #CPIAsMirandas#CIMAres#DíaInternacionaldaMuller #8M #DíadaMuller #ConcellariaBenestarIgualdadeAres #ConcellariaCulturaAres  

No hay comentarios: