miércoles, 3 de febrero de 2021

OPERACIÓN QUILO DE NADAL 2021

 Hoxe un grupiño de alumnas da clase de 1º de ESO achegouse ao local de Cáritas de Ares a entregar o recadado nesta especial Operación Quilo de Nadal. Este ano por mor da pandemia non puidemos facer a recollida de alimentos como todos os anos, pero a solidariedade de toda a comunidade educativa (alumnado, familias e profesorado) nunca defrauda. Grazas a vosa solidariedade recadamos a cantidade de 700 euros que foron repartidos entre Cáritas de Ares e a Casa de Acollida do Patronato Concepción Arenal de Ferrol.

Grazas infinitas a todxs pola vosa colaboración e compromiso.

  “Moita xente pequena, en lugares pequenos,

 facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo”.

FELICES FESTAS E MELLOR ANINOVO 20201






No hay comentarios: