Tras o éxito acadado coa I Operación Quilo no pasado Nadal, na que grazas á implicación de toda a comunidade educativa (alumnado, pais e nais, profesorado…) conseguimos perto de 500 quilos de alimentos, este ano estamos a planificar a II Operación Quilo de Nadal 2011, unha campaña de recollida de alimentos para colaborar coa Cociña Económica de Ferrol. Esta é unha das institucións benéfico-sociais más importantes da cidade, e o seu comedor alberga diariamente a centos de persoas, que acoden a recibir unha ración de xantar coa que poder subsistir.Por isto alumnado, profesorado e familias poderán contribuír de maneira voluntaria aportando calquera alimento non perecedeiro, do 1 ao 15 de Decembro. Esperamos a vosa colaboración e que participedes xunto cos vosos/as fillos/as para contribuír a facelos máis solidarios e xenerosos fronte os menos favorecidos.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
-
Viento impetuoso, temblor del cielo, fuego sobre los hombres... pintar Pentecostés es un reto para el arte. "Pentecostés", obra ...
-
Son muchos los libros que se han publicado en los últimos años respondiendo a la pregunta de si Fe y Ciencia son compatibles. Uno de los ...
-
Preparados para a Semana de Acción Mundial pola Educación (SAME) 2019?. Este ano baixo o lema "Defendemos a educación, sostemos o mund...
1 comentario:
A verdade é que os rapaces e rapazas de Ares son moi solidarios. Noraboa por esta actividade que, ademais de educar en valores, nos fai estar máis cerca dos que máis necesitan a nosa axuda.
Publicar un comentario