Déixovos unha curta para a reflexión.
miércoles, 25 de noviembre de 2015
HOXE CONMEMÓRASE O DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
A violencia tamén existe entre os adolescentes. Non deixedes que o ciclo comece
Déixovos unha curta para a reflexión.
Déixovos unha curta para a reflexión.
20 NOVEMBRO : DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA
"Os nenos, as nenas, os rapaces e rapazas non son só a esperanza e o futuro dun país. Son o presente, o aquí e o agora".
jueves, 1 de octubre de 2015
CUARTO MUNDO: POBREZA NOS PAÍSES DESENVOLVIDOS
A distribución desigual da riqueza nos países do Primeiro Mundo aumentou a distancia que separa ás persoas ricas dos grupos máis desfavorecidos.
O crecemento económico dos países desenvolvidos deu orixe ao que se coñece como Cuarto Mundo, un termo que engloba a todas aquelas persoas que residen nos países máis avanzados, pero atopanse excluídas ou en risco de exclusión social.
¿Por que xorde?
O termo 'Cuarto Mundo' foi utilizado por primeira vez nos anos 70 para designar a aquelas persoas que viven en situacións realmente precarias. O seu creador foi o pai Joseph Wresinski, criado nun ambiente moi afastado da opulencia e que fundou en 1957 a primeira asociación contra a exclusión dos máis pobres. "O Cuarto Mundo é un pobo formado por homes, mulleres e nenos que, xeración tras xeración, vense excluídos dos dereitos fundamentais dos que goza o resto da sociedade. Vense excluídos dos progresos sociais e da participación na vida asociativa, política, relixiosa, cultural, sindical... das súas sociedades. Non se conta con eles como interlocutores senón, como moito, como meros beneficiarios de axudas. ¿Pero cal é a principal característica deste denominado Cuarto Mundo? O máis curioso é que xurde dentro do que se coñece como Primeiro Mundo. É nos países máis avanzados onde a gran diferenza no reparto da riqueza dá lugar a dous grandes grupos que ocupan un mesmo espazo físico, pero non social. Non son casos illados. Segundo datos de Médicos do Mundo, só en Europa residen máis de 40 millóns de persoas pobres.
A miseria sempre estivo presente na nosa sociedade. Sempre existiron ricos e pobres. Pero é agora cando esta diferenza faise máis patente. A medida que a economía do mundo occidental crece, tamén aumenta o número de persoas ás que esta riqueza non chega. Téndese a pensar que os máis pobres viven nos países do Sur. Sorprende recoñecer a pobreza 'a beira da casa', pero a hai. "En tódolos países hai pobres, que son os que menos medios teñen para saír adiante".
Combater a pobreza é un dos retos da sociedade en que vivimos.
Se non se atopa unha solución, o problema pode facerse crónico e entrar nunha espiral de difícil saída. É necesario poñer sobre a mesa as diferentes situacións de exclusión social e afrontar cada unha delas coas mellores ferramentas. Unha das claves podería ser a incorporación destas persoas ao proceso produtivo ou a elaboración dunha Lei de Inclusión Social. "O crecemento económico espectacular xerado nos últimos anos non contribuíu a garantir os dereitos humanos nin a mellorar as condicións de vida de tódolos cidadáns porque o umbral de pobreza non descendeu.
Se non se atopa unha solución, o problema pode facerse crónico e entrar nunha espiral de difícil saída. É necesario poñer sobre a mesa as diferentes situacións de exclusión social e afrontar cada unha delas coas mellores ferramentas. Unha das claves podería ser a incorporación destas persoas ao proceso produtivo ou a elaboración dunha Lei de Inclusión Social. "O crecemento económico espectacular xerado nos últimos anos non contribuíu a garantir os dereitos humanos nin a mellorar as condicións de vida de tódolos cidadáns porque o umbral de pobreza non descendeu.
Dentro da categoría podemos atopar:
- Anciáns desamparados.
- Viuvas e nais sen medios económicos.
- Nenos abandonados, explotados ou prostituidos.
- Marxinados sociais (drogadictos, alcohólicos...)
- Persoas sen fogar e mendigos.
- Persoas sen protección oficial.
Proposta de actividade (ESO):
Tralo debate do tema e a exposición do tema do Cuarto Mundo: pobreza nos países desenvolvidos , debedes facer un comentario reflexivo e agregar as conclusiones as que cheguedes nun traballo persoal.( Mínimo unha cara dun folio).
domingo, 13 de septiembre de 2015
martes, 16 de junio de 2015
O NOSO PATRIMONIO
Os alumnos de reli realizamos unha serie de mini-documentais e actividades para colaborar e nutrir os contidos da nova páxina paxina web do noso centro: www.patrimoniodeares.com.
Entre eles destacan os vídeos relativos a Igrexa de Santa Olalla de Lubre realizado integramente polos alumnos/as de 4º da ESO; o vídeo sobre a Igrexa de San Pedro de Cervás realizado polo alumnado de 1º da ESO e por último o audiovisual sobre San Vicente de Caamouco (Redes), realizado polos alumnos/as de 2º da ESO.
Esperamos que vos gusten
sábado, 13 de junio de 2015
FINALISTAS NO FESTIVAL OLLOBOI
Os alumnos de 3º e 4º de Reli do CPI Virxe da Cela co mini-documental “Os
obxectivos do Milenio, unha visión dende o CPI Virxe da Cela",
resultaron finalista na categoría “Peleóns” (categoría que premia aos
audiovisuais coa temática máis reivindicativa e comprometida), nesta nova
edición do Festival Audiovisual Galego Olloboi, ao que se
presentaron 60 centros educativos cun total de 150 traballos.
A gala, que tivo a súa final o 30
de maio en Boiro, resultou todo un éxito, tanto de público como de
participación. O día comezou pola recepción dos participantes nas instalacións
do Náutico de Cabo de Cruz. Desde alí os participantes dirixímonos a nave de
Asteleiros Triñanes, que por un día se transformou en sala de cine. Alfonso
Zarauza e Luis Avilés presentaron nela as súas películas “Encallados” e
“Unary”. Os actos remataron na Casa de Cultura da Cachada coa gala de entrega
de premios, conducida polos actores Federico Pérez e X.A. Touriñán e coa
colaboración musical do alumnado de Música do CPI de Dodro. Contouse, asemade,
coa presenza dos membros do Xurado: o profesor Nacho Rodiño, o técnico de
cultura de Boiro Alberto García e a actriz Sabela Hermida.
Non acadamos o premio final
pero xa somos uns gañadores por chegaren ata aquí. Felicitar tamén ao CPI Conde
de Fenosa de Ares que resultou finalista na categoría de “Embarcacións
tradicionais” co seu vídeo "Meteorefráns".
Parabéns a todos os alumnos
e alumnas que participáchedes no traballo, aos que estades no centro e aos que
estabades o ano pasado en 4º ESO e xa non estades, xa que este traballo comezou
a xestarse no curso pasado.
lunes, 8 de junio de 2015
CAMIÑO DE SANTIAGO
Os departamentos de Ciencias Sociais e Relixión realizamos conxuntamente cos alumnos/as de 2º e 1º da ESO un proxecto sobre o Camiño de Santiago, que culminou cunha estupenda exposición.
Nela poderedes atopar un inmenso mapa que ilustra o itinerario do Camiño Francés por terras do norte da península, destacando os diferentes puntos de interese relixioso-artístico, así como unha mesa con gran cantidade e variedade de materiais explicativos (libros, folletos, revistas, etc). Incluso poderedes facer máis real a vosa “inmersión” polo Camiño de Santiago probando unha auténtica capa de peregrino, así como outros "accesorios": o sombreiro, o bastón ou báculo, a cuncha de vieira, a cabaza. Animádesvos??
Nela poderedes atopar un inmenso mapa que ilustra o itinerario do Camiño Francés por terras do norte da península, destacando os diferentes puntos de interese relixioso-artístico, así como unha mesa con gran cantidade e variedade de materiais explicativos (libros, folletos, revistas, etc). Incluso poderedes facer máis real a vosa “inmersión” polo Camiño de Santiago probando unha auténtica capa de peregrino, así como outros "accesorios": o sombreiro, o bastón ou báculo, a cuncha de vieira, a cabaza. Animádesvos??
domingo, 10 de mayo de 2015
VIAXE A UN PASADO MILAGREIRO.
Na clase de Reli os alumnos e alumnas de 1º ESO realizamos unha pequena viaxe a unha parte do pasado
milagreiro dá nosa contorna para comprender que ás
lendas, os mitos, os contos... son tamén unha pista da nosa cultura, das nosas
tradicións... Nelas descubrimos paisaxes, montañas, vales...emprendemos unha
viaxe que nos perde no tempo para encontrarnos cos nosos antepasados, con
deuses case esquecidos, con santos, heroes, ritos sorprendentes, narracións dignas
de ser oídas. A nosa tradición é a nosa historia, e a nosa historia é parte
importante de nós. Todos os pobos parten nos seus inicios, dunha historia que é
mais lenda que verdadeira testemuña fiel, pero non por iso esta deixa de ser
menos valida, mais ben todo o contrario, en canto un pobo toma como propio un
mito ou unha lenda, pasa a integrar a súa realidade e configurar parte da súa
historia.
A continuación tedes o traballo de investigación feito polos rapaces e rapazas de 1º da ESO.
viernes, 24 de abril de 2015
domingo, 12 de abril de 2015
FESTIVAL DE CLIPMETRAXES DE MANOS UNIDAS: O ALUMNADO DE 4º ESO GAÑA O PREMIO Á CLIPMETRAXE MÁIS VOTADA.
Onte venres, tivo
lugar no salón de actos do centro Fonseca de A Coruña, a entrega de premios de
carácter autonómico da VI Edición do Festival de Clipmetraxes “O teu punto de
vista pode cambiar o mundo”. O xurado composto polo historiador da arte e profesor José Eulogio
Rouco Lamela, polo actor Paulo Gouveia Gaboco e pola profesora María del
Mar García Fernández, presidíu o acto no que recibimos o Premio ao Clipmetraxe máis votado.
Recolleron o galardón en representación de toda a clase de 4º de ESO, Noe, Cris, Raquel e
Elisabeth. En hora boa a todos os alumnos/as que fixestes este estupendo traballo, a
Luisa a profe de lingua de signos do noso cole por participar signando a nosa clipmetraxe, e as nais e profes que nos acompañaron á Coruña. Grazas polo voso
traballo e esforzo.
lunes, 30 de marzo de 2015
VISITA DOS ALUMNOS/AS DE 1º DA ESO A CÁRITAS DE ARES
Os alumnos e alumnas de 1º ESO realizamos unha visita ás instalacións de Cáritas onde amablemente nos recibiu Conchi, unha das voluntarias. Explicounos pormenorizadamente como funciona a asociación en Ares e contounos anecdotas e detalles do seu traballo. Tamén contestou a toda e cada unha das preguntas que os rapaces e rapazas lle fixeron.
Grazas a Conchi por ser tan boa anfitriona e graciñas tamén a todos os alumnos/as que levaron alimentos.
viernes, 6 de marzo de 2015
8 de MARZO: DÍA DOS DEREITOS DA MULLER
A día de hoxe, aínda queda moito
por facer para que os dereitos das mulleres e as nenas non sexan vulnerados.
Aínda non fomos capaces de suprimir as disparidades entre sexos no ensino
primario e secundario e lograr a igualdade de xénero na educación. Os obstáculos
máis relevantes son a pobreza, as prácticas sociais discriminatorias, a
distancia dos centros escolares para as persoas que viven en zonas rurais, os
matrimonios precoces, a falta de instalacións sanitarias axeitadas que fai que
as mulleres e as nenas sexan máis vulnerables á violencia, ou vivir en ámbitos
escolares perigosos por conflitos armados.
O Estado ten un papel fundamental en promover
políticas e estratexias adecuadas para lograr unha educación de calidade para
nenas e mulleres, como por exemplo:
•Asegurar un investimento
axeitado que teña impacto en todos os obstáculos que impiden a educación das
mulleres e nenas.
•Acurtar as brechas producidas
pola pobreza e a exclusión e facer que a educación sexa de igual calidade para
todos e todas.
•Revisar a estrutura e o
funcionamento xeral do sistema educativo, erradicando calquera forma de
discriminación e incluíndo eixes transversais para a equidade de xénero.
•Unha boa escola vai asociada a
un bo proxecto de comunidade. Coherencia entre os códigos éticos da escola e os
códigos éticos que desenvolve a convivencia cotiá.
•Garantir unha boa formación dos
docentes en perspectiva de xénero, cidadanía e democracia.
•Asegurar características
inclusivas na escola como: infraestruturas axeitadas, contidos e materiais
educativos comprometidos coa igualdade de xénero e que sexan espazos de
reeducación das relacións entre home e mulleres eliminando os roles
tradicionais.
Para a consecución plena do
dereito á igualdade no mundo, son necesarias sociedades que traballen en pro de
dito dereito e a favor do empoderamento das mulleres. Está amplamente
recoñecido pola comunidade internacional, que os países con maior igualdade
entre homes e mulleres experimentan progresos en diferentes ámbitos como maior
crecemento económico, erradicación da pobreza, desenvolvemento sostible e
acordos de paz máis duradeiros.
Por iso todos debemos de seguir traballando na liña da sensibilización
e da incidencia política. Porque, cantos máis sexamos empurrando nesta
dirección, máis forte será a nosa voz e máis pronto lograremos alcanzar a meta
dunha cidadanía igualitaria, con plenos dereitos e garantista dunha igualdade
real e diaria entre homes e mulleres.
sábado, 28 de febrero de 2015
CONCURSO AUDIOVISUAL "TE VEO EN 3 MINUTOS". FUNDACIÓN PRINCESA DE ASTURIAS
A Fundación Princesa de Asturias
(FPA) que procura, entre os seus fins, a exaltación e promoción de cantos
valores científicos, culturais e humanísticos son patrimonio universal,
convocou a primeira edición do concurso «Te
veo en 3 minutos», dirixido aos alumnos de ESO e BAC, sobre os galardoados
co Premio Príncipe de Asturias en calquera das súas categorías e edicións. O
obxecto deste concurso é o de achegar a actividade da FPA e dos seus premiados
aos estudantes de E.S.O. e Bacharelato dos centros educativos españois co fin
de fomentar os fins e valores que impulsa a FPA e de promover a utilización das
novas tecnoloxías na educación.
No CPI Virxe da Cela (Monfero) os nosos alumnos de 3º
ESO (Silvia, María, Sara e Lara) e de 4º ESO ( Manuel, Michelle, Laura Muíño e
Cintia), tomando como referencia a categoría dos Premios Príncipe de Asturias á
Concordia, realizaron uns estupendos traballos audiovisuais que presentaron ao
concurso. Parabén a todos eles e mención especial a Manuel Santamariña pola
edición do vídeo de 4º, no cal realizou el só toda a produción audiovisual.
Felicidades a tod@s polo voso
traballo.
SOMOS MIGRANTES: UNHA FRONTEIRA EN 16 MILÍMETROS
A ONGD Entreculturas denuncia que máis de 170.000 inmigrantes irregulares, principalmente
subsaharianos, alxerianos e marroquís, chegaron ás fronteiras exteriores da
Unión Europea ao longo do pasado ano. Desa cifra, 7.500 persoas arribaron ás
costas españolas. A gran maioría trataron de entrar no país saltando os valos
fronteirizos ou embarcados en pateiras aínda que a súa desesperación por
sobrevivir os empurrou a navegar ata en balsas de xoguete ou simples
flotadores. Con este panorama, que se repite día tras día, tanto os países
membros da Unión Europea coma os gobernos africanos deben facer fronte a un
drama cuxa solución máis efectiva radica na cooperación internacional e o
investimento nos países afectados por esta situación de extrema pobreza, evitando
así a emigración masiva dos seus habitantes.
"Cando nunha parte do mundo hai fame, a xente sae a saciala alí onde non a hai.
Deste xeito foi sempre...e será".
Non vos perdades este documental de 15 minutos. Vén a complementar
a realidade que vemos reflectida un día si e outro tamén a través dos medios de
comunicación. Recuperemos a humanidade, tendamos a man aos que sufren e sexamos hospitalarios.
lunes, 16 de febrero de 2015
FESTIVAL DE CLIPMETRAJES DE MANOS UNIDAS
O alumnado de 4º ESO do cole de Ares está a concursar no Festival de Clipmetraxes sobre a pobreza e o cambio climático. Como hai un premio ao clipmetraxe máis votado, pediríavos que si queredes, piquedes na foto, o vexades e nos regaledes un voto.
GRACIÑAS. POR UN MUNDO MÁIS HUMANO E SOSTIBLE!!!
miércoles, 4 de febrero de 2015
MINI DOCUMENTAL: AS ONGD´S COLECTIVOS DE ACCIÓN SOLIDARIAS
O alumnado de 1º ESO estivo a traballar
sobre o papel que xogan as ONGD´s no desenvolvemento humano dos pobos. A partir
da información que foron recompilando gravaron este vídeo documental no que se
inclúen algunhas das ONGD´s máis importantes e as actuacións que están a
realizar, encamiñadas ao desenvolvemento de colectivos excluídos ou en risco de
exclusión, así como a países ou comunidades necesitados de axuda e ao desenvolvemento humano e sostible do noso
planeta.
Con esta actividade preténdese potenciar o uso oral e escrito do noso idioma así
como fomentar os “Proxectos documentais” que integran
as Tic e o Proxecto Lector.
Aquí vos deixamos o vídeo. Esperamos que vos guste.
viernes, 30 de enero de 2015
CONTOS PARA A PAZ .
Co gallo da celebración do Día Escolar da Paz e a Non Violencia os alumnos e alumnas de 4º da ESO da materia de Reli,(Alba, Noe, Andrea, Begoña e José Manuel), prepararon e interpretaron dous contos para os pequerrechos de primaria. As historias tituladas "A espada pacifista" e "Buscando a paz", encantáronlle aos mais pequenos, que estiveron moi atentos e participativos coma sempre. Aquí vos deixamos o vídeo da sesión e os contos para que gozedes coa súa lectura.
Moitas grazas aos peques e as súas profes pola súa visita e parabéns aos rapaces/as da ESO polo seu traballo.
CELEBRACION DO DÍA DA PAZ NO NOSO COLE.
Hoxe 30 de xaneiro celébrase en todos os coles o Dia Escolar da Paz e a Non
Violencia, pero recordade que a paz non é
só cousa dun día, dunha data siginificativa, senón que a paz é cousa de todos
os días e temos que axudar a construíla cos nosos pequenos actos de cada
día.
No noso centro fixemos unha morea de actividades en todos os cursos desde
infantil ata primaria e secundaria. Así, os rapaces da ESO realizaron unha
serie de debuxos relativos á paz que foron convertidos en pegatinas e que
repartiron os alumn@s de 1º ESO da clase de Reli, polas distintas aulas, ademáis de falarlles un pouquiño
aos mais pequenos do significado desta data.
A nosa brillante ilustradora Ana Martínez (3º ESO) realizou este estupendo cartel para conmemorar este día.
Por outra banda os rapaces de 4º ESO realizaron unha sesión de contacontos
para os nenos e nenas do 1º ciclo de primaria. Alba, Noe, Andrea, Begoña e José
Manuel levaron a termo esta sesión. Os pequenos desfrutaron moito cos contos “A
espada pacifista” e “En busca da Paz”, que tan ben ilustraron na ESO con imaxes dos clicks de Famobil.
Por último os alumnos e alumnas de 2º ESO realizaron un estupendo vídeo sobre a paz que podedes ver a continuación.
FELIZ DÍA DA PAZ e xa sabedes, intentemos construíla e celebrar a
paz de todos os días: a convivencia, o respecto, compartir vivencias xuntos...para que o 30
de Xaneiro, non se converta nunha rutina, para que a paz sexa algo máis que un
conto de pombas e globos, flor dun día, cada ano, por moi brillante que sexa.
miércoles, 28 de enero de 2015
30 DE XANEIRO: DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ
Achegámonos a unha nova edición do Día Escolar da Non
violencia e a Paz (DENYP), na súa denominación completa e tal como a acuñou
Llorenç Vidal, alá a mediados dos anos 60, en coincidencia co aniversario da
morte violenta de Mahatma Gandhi, un 30 de Xaneiro de 1948.
Ademais de celebrar o Día Escolar pola Paz cada 30 de
Xaneiro, cousa que debemos facer, sería mellor (e desde logo máis efectivo)
celebrar a paz de todos os días e preguntármonos e interpelar ao alumnado sobre
onde está a paz, e en que lugar debemos buscala.
Porque non está, como adoitamos crer, fóra de nós, nos grandes líderes
mundiais, nas mans de cores que estampamos en muros e corredores, nin tampouco nas pombas que soltamos ou nos paneis que debuxamos, como ás veces cre o
noso alumnado, senón que debemos aprender a escoitar a voz da nosa propia
conciencia (Jonan Fernández), dentro do noso corazón. Desde aí é desde onde
construímos a paz, cada día, con nós mesmos e cos demais. Tal e como dicía
maxistralmente o propio Mahatma Gandhi: "Os únicos demos que existen no
mundo aniñan dentro do noso propio corazón". Intentemos pois construíla e celebrar a paz de todos os
días, a convivencia, compartir vivencias xuntos, para que o 30 de Xaneiro, non
se converta nunha rutina, para que a paz sexa algo máis que un conto de pombas
e globos, flor dun día, cada ano, por moi brillante que sexa.
E para conmemorar esta data os alumnos dos coles de Ares e Monfero colaboraron conxuntamente para realizar este pequeno vídeo sobre a paz. Aquí tedes o resultado.
E para conmemorar esta data os alumnos dos coles de Ares e Monfero colaboraron conxuntamente para realizar este pequeno vídeo sobre a paz. Aquí tedes o resultado.
OS ALUMNOS DE 4º ESO DONAN A CÁRITAS A CESTA DE NADAL
Grazas ao alumnado de 4º da ESO que doou a Cáritas de Ares a cesta que sorteaban para recadar fondos para a súa excursión de fin de curso. A solidariedade ante todo. Parabens!!!.
lunes, 12 de enero de 2015
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
-
Viento impetuoso, temblor del cielo, fuego sobre los hombres... pintar Pentecostés es un reto para el arte. "Pentecostés", obra ...
-
Preparados para a Semana de Acción Mundial pola Educación (SAME) 2019?. Este ano baixo o lema "Defendemos a educación, sostemos o mund...
-
Son muchos los libros que se han publicado en los últimos años respondiendo a la pregunta de si Fe y Ciencia son compatibles. Uno de los ...