O
Día de Todos os Santos é unha
celebración cristiá que ten lugar o 1 de novembro na Igrexa católica e o
primeiro domingo posterior a Pentecostés na Igrexa Ortodoxa.
TRABALLO QUE CHE PIDO: que contestes a
este TEST a través dun comentario e da información que poidas sacar da túa
familia ou na internet.
1. Esta festa celébrase desde o
século...
2. O Papa que promulgou que se celebrase
en toda a Igrexa foi...
3. Os primeiros santos do Cristianismo foron
asasinados, por iso chámaselles...
4. Sabes se o teu nome corresponde a
algún santo da historia do Cristianismo?. Si é así, investiga sobre el.
5. Se investigas un pouco na internet verás
que nesta festa, ao longo do mundo, hai moitas tradicións, segundo o país en
que se celebre... Cal desas tradicións chamouche máis a atención?
6. Nalgunhas partes de España o típico de hoxe
son os Panellets ou os Osos de Santo... sabes que son?
7. E sabías que a orixe da frase que co
tempo derivou en Halloween garda relación coa Festa cristiá no mundo
anglosaxón...pero qué relación?
8.
Os santos lémbrannos que as PERSOAS temos "poderes"... pero que nada
teñen que ver con SUPERHEROES ou con maxia e superstición... qué poderes son
eses e como se poden usar?
9. Finalmente, saberías dicirme algúha
costume ou tradición que teñades na túa familia relacionada con este día...