martes, 26 de noviembre de 2024

25N. MANIFESTO NO DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

Hoxe 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, desde o noso centro adherímonos a todas aquelas iniciativas que suman esforzos e solucións á erradicación da violencia de xénero. Apoiamos ás accións que tratan de concienciar ao tecido social e todas as actividades educativas baseadas na formación en valores para que a sociedade avance no camiño da igualdade, no benestar común e a convivencia que todas e todos queremos.

Alumnas e alumnos do centro leron un manifesto de compromiso para condenar a violencia e recordar que debemos seguir insistindo en campañas de prevención, informando e previndo desde todos os ámbitos da sociedade: desde a familia, cunha educación en igualdade, desde os colexios, cunha coeducación real, desde o traballo e desde os poderes públicos.

A Comunidade educativa do CPI As Mirandas, dicimos NON á violencia de xénero!

jueves, 21 de noviembre de 2024

SESIÓN DE CONTACONTOS PARA CONMEMORAR O DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DA INFANCIA

O 20 de novembro celebramos o Día Internacional dos Dereitos da Infancia, e para conmemorar esta data tan importante os alumnos e alumnas da 4º e 3º de ESO da clase de relixión,  prepararon unha actividade de contacontos para os nenos e nenas de infantil e primaria.

A través do conto “Na procura dun mundo marabilloso”, lles narraron a historia dun grupiño de nenos e nenas liderados por Liberdade que se embarcan nunha viaxe por un camiño longo e verde na procura dun mundo mais humano e mellor. 

As rapazas e rapaces da ESO  explicaron  aos máis pequenos/as o porqué da celebración desta data tan importante e amosaronlles a importancia  de respectar en todo o mundo os  Dereitos dos Nenos e as Nenas. Tamén reflexionaron entre todos sobre os distintos dereitos, incidindo tamén en que non só teñen dereitos senón que tamén teñen deberes que cumprir para vivir nunha sociedade xusta, plural, solidaria e igualitaria.

Finalizaron  cun simpático xogo de pasapalabra rematando a sesión cun pequeno agasallo realizado polo alumnado da ESO para todos os asistentes.







Na Procura Dun Mundo Maravi... by yolick20003194