lunes, 23 de diciembre de 2024

DÍA DA PAZ 2025,

O último día de clases antes das vacacións de Nadal foi, sen dúbida, un día cheo de alegría e diversión no noso colexio. O alumnado de ESO reuniuse para celebrar o peche do trimestre cunha serie de actividades que fixeron que todos nos sentiramos  como verdadeiros protagonistas dunha festa.

A xornada comezou coa esperada Gimkana de Nadal, onde a rapazada, organizada en grupos, lanzáronse a superar unha serie de probas divertidas e desafiantes. Desde xogos de habilidade ata enigmas.Cada actividade estaba deseñada para fomentar o traballo en equipo e, sobre todo, para gozar. A emoción sentíase no aire, e cada grupo competía con entusiasmo por ser o mellor.

 Logo da entrega de premios ao grupo gañador e como peche da xornada o alumnado preparou un mini concerto que deixou a todos os presentes cun sorriso.. Non só escoitamos, senón que tamén nos unimos á celebración cantando e bailando.

Así, coa  promesa dunhas merecidas vacacións, despedimos o trimestre

Felices festas a todos! Vémonos no novo ano con máis enerxía e ganas de seguir aprendendo xuntos

 





miércoles, 18 de diciembre de 2024

VISITA NAVIDEÑA AO CENTRO DE DÍA AFAL DE ARES

Onte  quixemos visitar e felicitar  ás persoas usuarias do  Centro de Día  AFAL de Ares. A rapazada da ESO elaborou felicitacións personalizadas para cada unha delas cunha dedicatoria moi especial. Ademais agasallámolos cunha serie de xogos feitos no cole  para que pasen algúns dos seus ratiños entreténdose con eles.  Rematamos cantando panxoliñas e… a Rianxeira que tanto lles gusta!.

Tamén pasamos pola oficina de correos para enviar, como todos os anos, as postais para as persoas do Centro de Día de Maiores en Caamouco. Todos elas e eles merecen o mellor e, sobre todo, que nos lembremos do moito que lles debemos.

Desexámoslles unhas Felices Festas e un próspero Ano Novo cardadiño de saúde e saudade para todas e para  o persoal que tan ben coida delas.


lunes, 16 de diciembre de 2024

GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN NA OPERACIÓN QUILO DE NADAL

Un ano máis a vosa solidariedade paliará as necesidades das persoas que máis necesitan a axuda de todas e todos nós. Graciñas familias, alumnado, profesorado e comunidade en xeral pola vosa aportación, pola vosa solidariedade e polo voso apoio nesta campaña.



martes, 3 de diciembre de 2024

O ESPÍRITO DO NADAL "CONSÓMESE"!

 


Será verdade que xa non sabemos vivir o Nadal con sentido auténtico?

Dentro  dunhas semanas deixaremos aparcados os libros por uns días para centrarnos na festa do Nadal. Con todo, observamos que cada vez máis o que rodea a estas datas é máis ben consumismo que "espírito".

Por iso convidámosvos a que a través dun comentario no blog digádesnos como recuperar ese "espírito": que valores non debemos perder, que tradicións son importantes nas vosas familias, que recordos teñen os vosos maiores, que nos sobra nas nosas vidas, ... e non deixedes de contestar a esta pregunta, QUE É PARA TI O NADAL?

P.D. Felices Festas a tod@s!