martes, 30 de enero de 2018

DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA NO CPI AS MIRANDAS

No Día escolar da Paz e a Non Violencia, recordamos no noso centro educativo que a paz non é soamente a ausencia de guerra. A paz resulta da xustiza e a participación activa de todos os cidadáns e cidadás.
Nesta  xornada que estamos a conmemorar lembramos que a paz baséase no principio de que todos  –sen distinción de raza, ideoloxía, nacionalidade, lingua ou relixión- somos iguais, cidadáns da mesma terra e en consecuencia estamos e sentimos a chamada a ser máis humanos, a vivir  a non-violencia e a traballar pola paz.
E para expresar ese desexo de paz  os nenos e nenas de diferentes cursos  en representación de todos, mostraron o noso compromiso pola paz coa lectura de diversos poemas.
Para finalizar o acto Uxía, de 3º da ESO, en representación de toda a  comunidade educativa  leu  o  manifesto  pola paz  do  noso cole.

Rematamos cantando xuntos a canción “Color Esperanza” que foi interpretada tamén en lingua de signos polas nenas e nenos do cole.

Aquí vos deixamos un vídeo da xornada.


        



UNIDADE DIDÁCTICA SOBRE A PAZ DE ENTRECULTURAS

domingo, 28 de enero de 2018

VISITA DO ALUMNADO DE 2º ESO A COMPOSTELA

Os alumnos de Segundo de ESO saímos de excursión o luns 15 para visitar Compostela. O programa incluía unha visita ás cubertas da Catedral, percorrido polo exterior e interior do magnífico edificio e despois tiñamos unha actividade sorpresa. A visita ás cubertas foi moi espectacular polas fantásticas vistas da cidade e moi didáctica polas explicacións da nosa guía que o sabía todo sobre historias de arcebispos e construtores de catedrais. As 130 escaleiras non nos pareceron tantas e, despois dunha hora de percorrido, por fin rematou a misa e puidemos visitar o interior. Os rapaces querían visitar as reliquias que uns pensaban de Santiago e outros de Prisciliano. Percorremos o interior, sobre todo vendo as capelas da ábsida e a Capela da Corticela. Con isto e a visita polas fachadas exteriores, rematamos a parte da Catedral e comeza a actividade sorpresa.


Os rapaces, divididos en grupos aleatorios, tiñan que buscar diferentes lugares no casco antigo de Compostela. Axudados pola tecnoloxía realizamos unha busca de lugares. Cunha aplicación de móbil onde, nun plano da cidade, se marcaban os diferentes puntos que tiñan que atopar e dentro de cada punto información e pistas sobre o que buscaban, os rapaces partiron cara a aventura. Tiñan que localizar 7 puntos da cidade e, en cada un, facer un selfi onde saíran todos os integrantes do grupo. Namentres as profesoras fomos indo dun punto a outro vendo como os diferentes grupos se apañaban entre o móbil, o plano e as preguntas que lles ían facendo aos turistas e composteláns.


Fixérono de marabilla e todos eles puxeron moito empeño na tarefa, de maneira que nos pareceu un xeito divertido de aprender un montón sobre Compostela e de cooperar en grupo, porque todos os grupos traballaron moi ben xuntos, e tamén un bo exercicio de orientación sobre o plano. Rematamos cansos e chegou a hora de xantar. Tiñan diferentes opcións, algúns levaron a comida e xantaron na Alameda onde tiñan un lugar estupendo; outros optaron polo equilibrado menú do Burguer King ou unha Pizza. Todos comemos a presa porque o tempo fíxose pouco e xa tocaba volver a casa . Ás profesoras o resultado pareceunos moi positivo, os rapaces tiveron un estupendo comportamento, aprenderon un montón de cousas sobre Compostela e ademais pasaron un día moi divertido todos xuntos.

Aquí vos deixamos unha reportaxe fotográfica da xornada


NOVO ÉXITO DA CARREIRA SOLIDARIA 2017

Desde o CPI As Mirandas queremos amosar, un ano máis, o noso agradecemento a todo o alumnado, pais, nais e profesores pola participación e colaboración na carreira “Quilómetros de Solidariedade”.

MOITAS GRAZAS!!!!



GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN NA OPERACIÓN QUILO DE NADAL

Un ano máis queremos dar as grazas a todo o alumnado, familias e profesorado pola vosa solidariedade na Operación Quilo de Nadal, a través da cal repartimos alimentos entre as institucións de  Cáritas e a Cociña Económica de Ferrol.

Grazas de novo pola vosa colaboración.




martes, 17 de octubre de 2017

17 DE OUTUBRO: DÍA INTERNACIONAL POLA ERRADICACIÓN DA POBREZA

Hoxe, 17 de outubro, celébrase o Día Internacional para a erradicación da pobreza. Con tal motivo a ONG Entreculturas publica unha unidade didáctica para traballar con rapaces/zas de entre 8 e 16 anos o concepto de desigualdade e as consecuencias que esta ten sobre as persoas a nivel global, explorando alternativas, roles e hábitos de consumo e participación que poden adoptar para contribuír ao deseño dunha contorna global máis xusta e equitativa.

martes, 19 de septiembre de 2017

SOMOS: UNIDOS PARA CAMBIAR O MUNDO

A unión fai a forza, e de momento, xa SOMOS máis de tres millóns de persoas dispostas a cambiar o mundo. Así nace SOMOS, unha iniciativa que agrupa a numerosas ONGs coa finalidade de fomentar a solidariedade na sociedade na que vivimos, e para recoñecer todo o que os colaboradores das ONGs fan día a día. 

O noso cole leva mostrando o seu compromiso coa solidariedade en diferentes proxectos, e neste día,  queremos mostrar a todo o mundo que podemos dar a volta ás cousas. Deixaremos a nosa testemuña a través dos retratos dos rapaces e rapazas e dos profes, que decidiron exhibir unha prenda de vestir ao revés, sumándose a este soño de cambiar o mundo e de dar volta ás cousas.


ACTIVIDADE:
Pedímosche  que fagas, no apartado de comentarios na entrada de  SOMOS: UNIDOS PARA CAMBIAR O MUNDO ,unha  proposta persoal de 10 máximas que sirvan para cambiar o mundo e facelo máis humano e solidario:
Como exemplo aquí vai a miña lista: 

 1. Nunca fagas dano: trata sempre de evitar ou ferir ás persoas coa túa actitude, as túas palabras, os teus feitos.
2. Na vida hai que marcarse metas, obxectivos e non acomodarse.
3. Esforzarse por coñecer ás persoas, non quedarse coa primeira impresión.
4. Non finxas ser quen non es.
5. Rompe co teu pasado; aprende del, pero avanza.
6. A solidariedade non ocupa lugar.
7. Loita polo que queres.
8. Fai o que sexa necesario para ser feliz, respectando aos demais.
9. Non te fixes só en ti mesmo.
10. Traballar, traballar, traballar = resultado.

BENVIDOS AO NOVO CURSO 2017-2018

Desexámosvos a todos un ano cargado de alegrías, actividades, proxectos,  e... ¡moitas aprendizaxes!


sábado, 29 de abril de 2017

CONCURSO ESCOLAR ONCE: "TODOS SOMOS DIFERENTES, NON INDIFERENTES"

Baixo o lema “Somos diferentes, non indiferentes” os alumnos e alumnas do CPI As Mirandas de Ares e do CPI Plurilingüe Virxe da Celade Monfero, uniron esforzos para elaborar e realizar  unha serie de vídeos para o Concurso Escolar Once.  Este ano desde a ONCE pretendeuse que o alumnado desenvolvese un modelo de convivencia baseado nos valores cívicos como o respecto, tolerancia e igualdade, aprendendo a tratarse asertivamente e previndo modelos xerarquizados de acoso escolar ou bullying.
Na convivencia non ten cabida o sufrimento, o rexeitamento ou a pasividade, convivir é abrir a porta ao encontro cos que nos rodean, estar dispostos a escoitar, empatizar e impregnarnos das súas vivencias. Este concurso quere contribuír a sensibilizar á comunidade educativa, especialmente ao alumnado, da importancia de convivir democraticamente con todos aqueles que nos rodean. Todos somos dignos de ser recoñecidos (non ignorados) e tratados con respecto dadas as nosas diferenzas (étnicas, sexuais, por razón de discapacidade, relixiosa...). 

  Ante o acoso,  “Todos somos diferentes, non indiferentes”









viernes, 28 de abril de 2017

NO NOSO COLE PEDIMOS A PALABRA POLA EDUCACIÓN (SAME 2017)

No noso cole levantamos a man e pedimos aos gobernos o cumplimento dos ODS(Obxectivos de Desenvolvemento Sostible) e sobre todo reivindicamos que todas as persoas do mundo teñan acceso á educación e que todas as nenas e todos os nenos terminen os ciclos do ensino primario e secundario, que debe ser gratuíto, equitativo e de calidade.



lunes, 17 de abril de 2017

FELIZ PASCUA DE RESURRECCIÓN


XA ESTÁ AQUÍ A "SAME",CAMPAÑA MUNDIAL POLA EDUCACIÓN, 2017

Este ano do 24 ao 29 de abril celebraremos a Semana de Acción Mundial pola educación (SAME), baixo o lema “Pide a palabra pola educación”, para esixir  aos representantes políticos que cumpran os seus compromisos en materia educativa e que promovan espazos que permitan a participación da cidadanía no proceso. O dereito a unha educación gratuíta, equitativa, inclusiva e de calidade para todas as persoas.

                    

XOGAR POLA EDUCACIÓN
Si premes no seguinte enlace poderás coñecer a través dun xogo o que sabes sobre a SAME e as educación no mundo. Atrévete a xogar!!!


domingo, 19 de marzo de 2017

XOGAMOS UN TRIVIAL?


Estamos en Cuaresma e está xa próxima a Semana Santa que en Ares, como xa sabéis, se celebra de manera intensa. Os proponemos un Trivial super chulo a través do cal coñeceremos os textos da Paixón, Morte e Resurrección de Xesús de Nazaret a través da fonte orixinaria dos evanxeos. Isto axudaranos a coñecer de primeira man o que os cristiáns celebramos na Semana Santa á vez que poderemos descubrir o que di o evanxeo, comparar o texto da Biblia impresa coa Biblia online, vendo que a Biblia sempre é a mesma independientemente da súa edición.



Desenvolvemento
Formade grupos. Cada grupo terá unha folla coas preguntas e as citas bíblicas para poder resolvelas.
Para buscar a resposta poderedes utilizar a Biblia impresa e a Biblia online (no blog, á dereita no apartado de enlaces de interese, tedes un link para acceder á Biblia online).
Gañará o grupo que en dúas sesións resolva todas as preguntas ou acerte o maior número delas.


miércoles, 8 de marzo de 2017

HOMENAXE AS MULLERES DESDE O CPI AS MIRANDAS

Todos os días semellan iguais mais este 8 de marzo o queremos celebrar dun xeito especial, lembrándolle á sociedade que tod@s temos que asegurarnos de que as mulleres participen plenamente e gocen da igualdade en todos os ámbitos da vida.

Velaí vai este recoñecemento a todas as mulleres e o noso desexo dun mellor futuro para todas. Grazas, avoas, nais, fillas, irmáns, amigas e mulleres todas por saber  escribir a historia con tinta indeleble e por deixar a vosa pegada  nas nosas vidas. 

          

sábado, 11 de febrero de 2017

12 DE FEBREIRO: DÍA DOS NENOS SOLDADO

El próximo 12 de febrero se conmemora el Día Internacional contra la Utilización de Menores Soldado. Desde Colombia, nos envían una propuesta que allá trabajan todos los años en los colegios desde el SJR (Servicio Jesuita a Refugiados). Esta propuesta se enmarca dentro de la campaña que allá llaman Mano Roja (símbolo contra la utilización de menores soldado). Os hacemos llegar adjunta dicha propuesta por si queréis adaptarla para conmemorar y hacer presente de alguna manera en vuestro centro esta terrible situación que todavía hoy afecta a cerca de 300.000 niños y niñas en el mundo. El gesto es muy sencillo, una mano roja para mostrar nuestro rechazo a la utilización de menores en conflictos armados. Un abrazo grande desde Entreculturas.


martes, 17 de enero de 2017

miércoles, 21 de diciembre de 2016

OPERACIÓN QUILO DE NADAL

Graciñas a todo o alumnado, familias e profesorado do CPI As Mirandas de Ares pola vosa solidariedade e colaboración na Operación quilo de nadal. Hoxe entregamos o recollido a Caritas de Ares e a Cociña Económica de Ferrol. Sin vós non sería posible.


XA ESTÁ AQUI A CARREIRA SOLIDARIA!!!

Un ano máis o noso centro organiza a VI Carreira Quilómetros de Solidariedade. Enmarcada dentro das actividades solidarias do noso colexio, é unha actividade con dobre finalidade: por unha banda, espertar nos nosos alumnos e alumnas un espírito crítico e solidario cara as inxustizas que afectan a millóns de nenos e nenas de todo o mundo e, por outra banda, recadar fondos en colaboración coa ONG “Save the Children” para axudar á infancia mais desfavorecida e facer que se respecten os seus dereitos.
Nesta actividade solidaria,  o alumnado aboará 1 € por inscribirse na carreira e recibirá un dorsal, un carné de corredor e un diploma acreditativo de participación. Pola súa banda, o que “voluntariamente” queira buscar patrocinadores entre os seus familiares ou achegados, poderá facelo recollendo as súas aportacións a través do carné de corredor. Este ano a recadación irá a parar a través de Save the Children aos programas de desenvolvemento e emerxencia que esta ONG  leva a termo para combater a desnutrición infantil nos países máis empobrecidos.
Un ano mais, a atleta aresán Paula Mayobre  estará connosco  e  apoiará esta causa coa súa presenza,  participando na xornada con todos os rapaces e rapazas do noso centro.

ORGANIZACIÓN

ESO: Saída as 10:15 horas. Ruta: Colexio, Igrexa, Porto deportivo, Paseo marítimo, Parque infantil Rosalía de Castro, volta ao colexio pola Avda de Mugardos.

Infantil e Primaria:  A carreira terá lugar no pavillón do colexio.

 Agradecemos a todo o alumnado a súa participación e  solidariedade e invitamos a todos os pais e nais a que veñan a apoiar aos nosos corredores solidarios.

Agradecemos a colaboración de Supermercados Claudio e GADIS, Floristería Real, Frutas Mari, Protección Civil e Policía local de Ares.