domingo, 14 de abril de 2013

GAÑADORES AUTONÓMICAS DO CONCURSO ONCE


Por segundo ano consecutivo e desde a clase de reli, un grupo de alumn@s presentaronse ao Concurso Escolar Once e, por segundo ano consecutivo, quedaron gañadores do  mesmo. Este ano baixo o lema "A cápsula do tempo: a aventura de construir o futuro" os nosos alumn@s imaxinaron como sería a sociedade do mañá en relación á dispacidade e a igualdade de oportunidades. O equipo gañador foi "As cambiaconciencias", formado por Judith Rouco, Laura Pita e Sara Martínez, alumnas de 3º da ESO. Tamén participaron no concurso o grupo "Aresáns solidarios" formado por Felipe Crespo, Antonio Lemos, Ainhoa Somorrostro e Lucía Buyo, que ainda que non gañaron fixeron un estupendo traballo. En hora boa a todos e cada un deles.
Aqui vos deixamos o vídeo gañador.

                            

lunes, 1 de abril de 2013

AS GRANDES PERSOAS FAN GRANDE A NOSA HISTORIA



 Ó longo da historia moitos personaxes aportaron "o seu gran de area" na construción dun mundo mellor. No collage están algúns deles.(Martin Luther King, Mozart, Gandhi, Madre Teresa, Séneca...)
Como ves, a imaxe central fai referencia ao traballo que queremos que fagas con esta entrada: que nos suxiras, a través dun comentario, algún outro personaxe que debería formar parte deste collage. Pedímosche, ademais, que comentes brevemente algún detalle da súa vida que o fai merecedor de ser imitado.

FELIZ PASCUA DE RESURRECCIÓN



 Domingo de Pascua en Lubre (Ares). Bendición de los bollos

                        

viernes, 15 de marzo de 2013

XA TEMOS NOVO PAPA: FRANCISCO I

O cardeal Jorge Mario Bergoglio, de 76 anos, ocupará a cadeira de Pedro co nome de Francisco. É o primeiro latinoamericano e o primeiro membro da Compañía de Jesús que dirixe a Igrexa. Tras cinco votaciones, os 115 cardeais inclinaron a votación a favor do arzobispo de Bos Aires.

martes, 5 de marzo de 2013

A AVENTURA DE CONSTRUÍR O FUTURO

"A Cápsula do Tempo: A Aventura de Construír o Futuro" é o lema da 29 edición do Concurso ONCE, que nos convida a coñecer todo o que a sociedade española avanzou nos últimos 75 anos, e todo o que aínda podemos mellorar xuntos. O alumnado de 3º da ESO do noso centro aceptou o reto, e aquí tedes algunhas das súas propostas para mellorar o futuro de todos/as aqueles/as que aínda están a atopar demasiadas barreiras, moitas delas psicolóxicas, xa que a discapacidade moitas veces está na mirada do outro.


domingo, 17 de febrero de 2013

ADEUS A BENEDICTO XVI


Benedicto XVI deixará de ser Papa o próximo 28 deste mesmo mes, por "falta de forzas". O anuncio realizouno  en persoa o propio Pontífice, en latín, durante un consistorio no Vaticano para a canonización duns mártires. O pontífice foi elixido o 19 de abril de 2005. Segundo o 'Osservatore Romano', esta decisión foi tomada "fai moitos meses" e decidiuno trala longa viaxe que en marzo de 2012 levouno a México e Cuba.
Joseph Ratzinger, de 85 anos, ten toda unha retahíla de achaques. Desde fai tempo camiña con bastón e utiliza unha plataforma con rodas empuxada por empregados do Vaticano para desprazarse pola Basílica de San Pedro. Nos últimos meses, sempre por motivos de saúde, diminuíu os seus compromisos públicos, as súas viaxes e as audiencias.
"Cando un Papa alcanza a clara conciencia de que xa non é física, mental e espiritualmente capaz de levar a cabo o seu encargo, entón ten nalgunhas circunstancias o dereito, e ata o deber, de dimitir”. E ese día xa chegou.
Respecto de que Pontífices renunciaron anteriormente ao ministerio papal, menciónase só a un: Celestino V (no ano 1294), coñecido como o 'Papa do gran rexeitamento'. Con todo, para moitos historiadores tamén habería que contar coa marcha de Gregorio XII, en 1415.
Joseph Ratzinger trasladarase á residencia de Castel Gandolfo cando comece o proceso de Sé Vacante (o tempo que transcorre desde que un Papa falece ou renuncia ata que se elixe sucesor) e unha vez que haxa novo Sumo Pontífice retirarase a un mosteiro de clausura dentro do Vaticano.
Todo apunta a que o cónclave para elixir sucesor celebrarase en marzo. Nel, participarán 120 cardeais do Colexio Cardenalicio vaticano, que debaterán na Capela Sixtina (illados, sen poder poñerse en contacto co exterior) ata que haxa 'fumata branca'.

sábado, 2 de febrero de 2013

DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA. 30 XANEIRO DE 2013

Este mércores 30 de xaneiro celebramos o Día Escolar pola Paz e a Non Violencia. Neste día, ademais de conmemorar o aniversario da morte de Gandhi, trataremos de imaxinar un mundo sen violencia, sen guerra, sen odio, sen prexuízos, sen pobreza... un mundo no que todos poidamos vivir en harmonía e igualdade. O obxectivo deste día é resaltar a importancia da educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto polos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz. E destacar o papel dos centros educativos como instrumentos de paz e entendemento entre persoas de distinta formación, raza, cultura e relixión. No noso cole quixemos resaltar a importancia deste día realizando unha serie de actividades. Así os alumnos e alumnas de 1º da ESO fixeron un programa de radio sobre a Paz que foi emitido integramente en Radio Fene dentro do seu programa a Fenestra Solidaria. Se premedes no podcast que tedes debaixo podedes escoitalo. Non vos deixará indiferentes!. En hora boa ao alumnado de 1º.

                                              

Tamén o alumnado de secundaria, amosando as súas dotes artísticas, quixo poñer o seu gran de area realizando unha serie de debuxos alusivos á paz que, posteriormente, convertimos en pegatinas. Estas foron repartidas a toda comunidade educativa. Aquí tedes unha presentación dos deseños. 

 Manifesto que os maiores de primaria leron nas clases co gallo do Día da Paz.

                   

miércoles, 16 de enero de 2013

AGRADECEMENTO DA ONG "SAVE THE CHILDREN"

A Ong "Save the Children" agradece a nosa contribución para paliar a falta de recursos dos nenos e nenas da rexión da Sahel, a través da "Carreira Quilómetros de Solidariedade". Se picades na imaxe podedes acceder ao seu blogue .




domingo, 13 de enero de 2013

ACTIVIDADES SOLIDARIAS NO NOSO CENTRO

Xuntos por un obxectivo común: que todos os nenos e nenas teñan as mesmas oportunidades. Este é o lema co que o alumnado de secundaria do CPI Conde de Fenosa de Ares afrontou a II Maratón Solidaria que se realizou no noso centro.
Cada rapaz e rapaza abonou 1 € por inscribirse na carreira. Tamén buscaron patrocinadores entre os seus familiares e os comercios e empresas do concello. A recadación que ascendeu a 450 euros foi a parar  a través da ONG “Save the Children” aos nenos e nenas da rexión do Sahel (zona entre o deserto do Sáhara no norte e a sabana sudanesa no sur).
Os rapaces estiveron apoiados pola atleta aresana Paula Mayobre que, como na anterior edición,  acompañou aos rapaces/as neste evento.
Por outra banda o centro realizou por cuarto ano consecutivo a “Operación Quilo de Nadal” na que se recolleron 500 quilos de alimentos que foron levados onte, a dúas institucións benéfico sociais, Cociña Económica de Ferrol e Cáritas de Ares.
Agradecemos ao Concello a súa colaboración transportando os alimentos ás institucións sinaladas así como no transcurso da Maratón Solidaria controlando o tráfico e a carreira.

lunes, 19 de noviembre de 2012

20 NOVEMBRO. DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA

En 1956, a Asemblea Xeral de Nacións Unidas recomendou que se instituíra en todos os países un Día Universal da Infancia, que se consagraría á fraternidade e á comprensión entre os nenos e as nenas do mundo enteiro e destinaríase a actividades propias para promover o benestar dos nenos e nenas do mundo. O 20 de novembro conmemórase a data en que a Asemblea Xeral aprobou a Declaración sobre os Dereitos do Neno en 1959 e a Convención sobre os Dereitos do Neno en 1989. Por iso, o 20 de novembro pasou a ser o Día Universal dos Nenos e as Nenas.
Os rapaces e rapazas de 1º da ESO do CPI "Virxe da Cela" a través do canal "Radio Monfero FM 3.9", realizaron un interesante programa sobre o Día dos Dereitos dos Nenos. Premede debaixo para escoitalo, seguro que nos vos deixará indiferentes. 



                                                 

sábado, 17 de noviembre de 2012

VISITAMOS O LOCAL DE CÁRITAS EN ARES

O pasado xoves o alumnado de 1º e 2º dá ESO visitou as instalacións de Cáritas sitas no baixo dá Biblioteca de Ares, lugar que cedeu amablemente o Concello para que esta institución poida atender as persoas que o necesitan.
Cando chegamos estábanos a esperar Concha que é unha dás voluntarias de Cáritas. Amablemente explicounos como xurdíu Cáritas, canto tempo levaba en funcionamento, cantos alimentos recollían ao mes e unha morea de preguntas máis que os races e rapazas  lle fixeron. Tamén amosounos as instalacións: o ropeiro con toda a roupa doada pola xente, os conxeladores onde gardan alimentos perecedeiros, a sala onde están en diversas estanterías, os alimentos recollidos. Explicounos que ademais dos alimentos que recollen na sé de Cáritas, tamén contan coa colaboración de diversos supermercados e establecementos de Ares onde a xente pode depositar a súa doazón. 
“Aínda que estamos en tempos de crise, e todos a notamos, a xente de Ares é moi solidaria”, suliñou Concha, quen nos puxo o exemplo de  xente que nun determinado momento tivo que acodir a Cáritas e  hoxe en día, esa mesma xente, que xa non necesita a axuda de Cáritas, achégase pola institución para deixar alimentos e aportar o que pode dentro dás súas posibilidades.
Esta visita é previa á que faremos no nadal cando levemos a Cáritas e á Cociña Económica de Ferrol os alimentos que recolleremos no noso centro dentro da “Operación Quilo” de Nadal.




miércoles, 10 de octubre de 2012

COMO ENSINABA XESÚS: AS PARÁBOLAS

Que son as parábolas?

As parábolas son relatos curtos, historias claras e sinxelas. A súa finalidade é transmitir unha ensinanza do modo máis comprensible e fácil de recordar.
A través delas Xesús ensínanos como debe actuar unha persoa para entrar no Reino dos Ceos e, na súa maioría, revelan tamén os seus misterios. En ocasións Xesús usou as parábolas como armas dialécticas contra líderes relixiosos e sociais, por exemplo a Parábola do fariseo e o publicano.
Unha das características das parábolas é que son desconcertantes. Ata se poden suscitar situacións absurdas. Si Xesús fai esta formulación é porque quere resaltar especialmente algún aspecto do Reino, algunha característica de Deus; ou como debe ser o comportamento dos homes.

Preme na imaxe que tes debaixo e...navega polas parábolas



ACTIVIDADE: Debedes realizar a ficha que tedes a continuación. Podedes entregala en man ou enviala por email.


miércoles, 19 de septiembre de 2012

LA SILLA ROJA

La silla roja es un símbolo de los 61 millones de niños y niñas de todo el mundo que este año también faltarán a clase. En este momento de vuelta al cole, Entreculturas quiere llamar la atención sobre la realidad de tantos niños y niñas de contextos vulnerables de todo el mundo que, al no poder acceder a la educación, carecerán de oportunidades y de herramientas para afrontar la vida. www.lasillaroja.org

domingo, 16 de septiembre de 2012




 
Comeza o novo Curso Escolar 2012-2013. Desde Enreliando  dámosvos a benvida a todos e todas.
Seguramente moitos viredes con novas ideas e propósitos para esta nova andaina. Tamén con novas forzas despois do verán. Esperamos que o comezo sexa bo para tod@s e que todas esas novas ideas e propósitos teñan cabida ao longo do curso.
 Por iso, a todos, pais e nais, profesores e profesoras e, en especial, a todo o noso alumnado.
                                                
                                                            FELIZ CURSO 2012-2013! 

sábado, 19 de mayo de 2012

O NOSO PATRIMONIO

O alumnado de 4º da ESO realizou un traballo sobre a Igrexa de Lubre para poñer en valor o patrimonio que temos no noso concello. Fixeron un excelente traballo recabando información sobre a igrexa, facendo unha magnífica reportaxe fotográfica sobre ela e, demostrando as súas dotes plásticas, a debuxaron nun precioso mural. Noraboa polo voso traballo.










jueves, 19 de abril de 2012

VISITA A EXPOSICIÓN DA PAIXON NO TILO DE ARES

O alumnado de 1º da ESO visitou a exposición sobre a "Paixón" que a Sociedade "O Tilo" esta a realizar no seu local social. Amablemente os membros da sociedade estaban a esperarnos para  ensinarnos a estupenda recreación da paixón, morte e resurrección de Xesús. Logo de ver a exposición, amosáronos como facían as figuras, as casas, as árbores.. Utilizando material de refugallo como poden ser caixas de cereais, cartóns de leite e outros materiais como Porexpan explicaronnos o proceso de fabricación.
A verdade e que a exposición e preciosa e desde aquí animamos a tod@s a que a visitedes.

O CPI "CONDE DE FENOSA" GAÑADOR PROVINCIAL DO 28 CONCURSO ESCOLAR DA ONCE

Os alumnos da clase de Reli  2º da ESO composto pol@s alumn@s: Judith Rouco Filgueiras, Antonio Lemos Margaretto, Laura Pita Sánchez, Lucía Rodríguez Buyo, Felipe Oltra Crespo, Daniel Domínguez Leira y Ainhoa Somorrostro Fernández gañaron cunha videoreportaxe o 28 Concurso Escolar organizado pola ONCE a nivel provincial co lema de "Fai o teu barrio accesible". Posteriormente,  pasarán a unha fase autonómica e logo á fase nacional.
  En hora boa a todos e todas. Aquí vos deixamos o vídeo gañador.