martes, 9 de marzo de 2010

8 DE MARZO, DÍA DA MULLER



O día oito é o Día da Muller traballadora. Ben sabedes que o día 8 de Marzo de 1908, 146 mulleres que protestaban en Nova York polos baixos salarios nunha fábrica téxtil, foron calcinadas polas bombas incendiarias que lanzou a policía.
Lembremos á nosa muller galega que traballaba na casa, criaba os fillos e tamén traballaba nas leiras.
Á muller do emigrante, que facía fronte á vida ela sola.
Ás avoas dos matrimonios emigrantes que fixeron de nais para cos seus netos.
Á muller do mariñeiro, tanto o que pescaba en alta mar coma o de baixura. Mulleres estas, moitas veces viúvas, polos naufraxios que enchían de dor e bágoas os nosos peiraos galegos.
Ás mulleres “viúvas de vivos” que dixo Rosalía. Porque había un océano de por medio que impedía a comunicación.
Mulleres, en fin, que pola súa condición feminina, hoxe, ou non atopan traballo, ou reciben un salario menor.
Unha lembranza garimosa para ás nais solteiras, víctimas do desamparo, abandonadas, esquencidas, pero que poñen todo o seu amor en criar, educar uns fillos que teñen dereito a recibir axuda, amor compartido, dos pais.

Galicia ten nome de muller, porque é unha terra traballadora, farturenta e chea de vitalidade, anque marxinada terra de tantas mulleres traballadoras que o día 8 de Marzo quere homenaxear.


   



No hay comentarios: