Como non poidemos ir de peregrinación a Santiago, os alumnos/as de 1º e 2ª da ESO fixemos un simulacro de peregrinación a ermida de Santa Olaia de Lubre. Como bos peregrinos, puxémonos en camiño para percorrer o treito que separa o noso cole da ermida, sen prisa pero sen pausa…O chegar o adro da ermida fixemos unha “busca do tesouro”: os rapaces tiveron que atopar as pistas que, agochadas polo campeiro, polas paredes da igrexia e polos arredores, os levaban a resolver o enigma que se atopaba nunha cuncha de viera, que por suposto tiñan que encontrar. Foi unha xornada amena e divertida na que todos e todas o pasamos moi ben. Por suposto que ao final houbo premio para todos, xa que repuxemos forzas con unha mini merenda que nos sentou moi ben. Para o ano mais.
De camiño a Lubre
Atoparon a vieira do preregrino
Resolvendo o enigma que contiña agochado a vieira
Trala camiñata e a búsqueda....un merecido "picnic"
No hay comentarios:
Publicar un comentario