miércoles, 13 de octubre de 2010

Peregrinación de gaiteiros de Ares a Santiago

A Banda de Gaitas de Ares, que preside María Sánchez e dirixe Manu Chao, terminou o pasado domingo a quinta e última etapa da súa peregrinación a Santiago de Compostela. Un total de 56 persoas, entre as que se encontraban alumnas do noso colexio, percorreron en cinco xornadas os quilómetros que separan a vila aresana da capital compostelá. Fixérono en cinco domingos desde o 5 de setembro ata o 3 de outubro. «Foi un reto moi importante, porque iamos con nenos de 6 anos, pero resultou moi ben», conta María Sánchez. A banda tiña previsto celebrar a chegada a Santiago cun concerto polas rúas do casco histórico, porén, a cantidade de chuvia que caeu a pasada fin de semana impediuo. «Farémolo noutra ocasión », sinala María.


A continuación vemos a compostela que conseguiron as nosas compañeiras do cole.




2 comentarios:

Anónimo dijo...

Ohhh :)
iio tambiien lo hicee :)
ii estoii en la foto :)

Anónimo dijo...

Está moi guai o de Santiago. O Camiño é impresionante, facelo con teus amigos máis, pero coñecer a xente tamén está ben.