sábado, 21 de enero de 2012

SE TI QUERES PODES CAMBIAR O MUNDO



Qué te suxire este vídeo?

Cres que estas actitudes son habituais na nosa sociedade?. Son habituais na túa vida?

Viches a película "Cadena de favores?. Encontras algunha similitude co video?

(Contesta a través dun comentario)

1 comentario:

Yolick dijo...

Moi ben Cristina. Ese é o espirito que quere transmitir o video. Si todos axudasen dentro das súas posibilidades o mundo podería ser distinto. Algunha vez dixen que a xenerosidade compensa, pero creo que non todo o mundo ten claro que significa esa palabra e que é facer un favor. A gran sorte dunha persoa é poder facer favores sen que llos teñan que devolver, creo que ese é o espírito. Si fas un favor ou dás algo esperando que un día devólvancho, entón non é xenerosidade.
O curioso, é que moitas veces sí obtés algo a cambio sen esperalo, ese algo é a satisfacción de facer o ben, de poder axudar a alguén que o necesita e que esa persoa se sinta ben. Cando alguén me fai un favor a min e nalgún momento sei que necesita algo e eu non podo axudarlle, pídolle a alguén que lle bote unha man. A ese alguén se cadra tamén lle fixen un favor e está encantado de botar unha man a un amigo, este á súa vez quedará agradecido con el e seguramente algunha vez teñan algúns amigos que necesiten algo… Ao final isto convértese unha cadea de favores, a maioría indirectos, algúns dos que xamais sacas nada, pero que en xeral compensa, aínda que só sexa anímicamente.