martes, 20 de marzo de 2012

28 CONCURSO ESCOLAR DA ONCE

Como ven sendo habitual a ONCE convocou o 28 Concurso Escolar co lema de "Fai o teu barrio accesible". Os nosos alumn@s puxéronse no lugar das persoas que teñen problemas para ver, escoitar, para camiñar... analizaron o noso contorno  desde unha nova perspectiva, a de aquelas persoas que viven con algún tipo de discapacidade. E así, uns elaboraron fotoreportaxes e outros videos para denunciar que tod@s temos os mesmos dereitos, que os nosos barrios deben ter accesibilidade para que todo o mundo poida moverse por eles e que os barrios e as cidades teñen que ser accesibles para tod@s.
Aquí vos deixamos algúns dos videos que os alumnos e alumnas de 1º e 2º da ESO realizaron para o concurso.

                              
            Video elaborado por Iago, Elisabeth, Noelia e Cristina de 1º ESO

                                
     Video elaborado polo alumnado de 2º de ESO
                               
                              

                                         Video realizado polo alumnado de 2º de ESO

1 comentario:

Yolick dijo...

Concurso escolar ONCE.
En hora boa a todos e todas polos vosos traballos para o concurso da ONCE. A verdade é que moitos de vós traballáchedes moito para facer os videos. Felicitar a Iago pola montaxe do video do seu grupo e pola entrevista ao presidente da asociación de minusválidos.
Noraboa a todos e todas