sábado, 2 de febrero de 2013

DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA. 30 XANEIRO DE 2013

Este mércores 30 de xaneiro celebramos o Día Escolar pola Paz e a Non Violencia. Neste día, ademais de conmemorar o aniversario da morte de Gandhi, trataremos de imaxinar un mundo sen violencia, sen guerra, sen odio, sen prexuízos, sen pobreza... un mundo no que todos poidamos vivir en harmonía e igualdade. O obxectivo deste día é resaltar a importancia da educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto polos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz. E destacar o papel dos centros educativos como instrumentos de paz e entendemento entre persoas de distinta formación, raza, cultura e relixión. No noso cole quixemos resaltar a importancia deste día realizando unha serie de actividades. Así os alumnos e alumnas de 1º da ESO fixeron un programa de radio sobre a Paz que foi emitido integramente en Radio Fene dentro do seu programa a Fenestra Solidaria. Se premedes no podcast que tedes debaixo podedes escoitalo. Non vos deixará indiferentes!. En hora boa ao alumnado de 1º.

                                              

Tamén o alumnado de secundaria, amosando as súas dotes artísticas, quixo poñer o seu gran de area realizando unha serie de debuxos alusivos á paz que, posteriormente, convertimos en pegatinas. Estas foron repartidas a toda comunidade educativa. Aquí tedes unha presentación dos deseños. 

 Manifesto que os maiores de primaria leron nas clases co gallo do Día da Paz.

                   

1 comentario:

Anónimo dijo...

Moi bonito o programa de radio