"A cadeira vermella" é a campaña que Entreculturas lanza para concienciar á
poboación do dereito á educación de máis de 61 millóns de nenos en todo o mundo
que están sen escolarizar. Un grupiño de alumos/as de 3º da ESO axudaron a
presentar esta campaña reivindicando a escolarización universal para todos os nenos
e nenas do mundo.
Un mural (feito
por Ana Martínez de 2º ESO), unha frase ben sinxela: “Polo dereito á educación de todos os nenos e nenas do mundo” e
unha simple cadeira vermella recórdanos a importancia da educación e de que ese
dereito se faga realidade para os 61 millóns de nenos e nenas que, a día de
hoxe, están sen escolarizar en diferentes lugares do mundo e non teñen a sorte
e o privilexio de asistir a unha escola e aprender.
Hoxe para
celebrar o Día dos Dereitos da Infancia realizamos
unha sesión de contacontos para o alumnado de 1º de Primaria. Os alumnos/as
encargados de toda esta montaxe foron un grupiño de rapazas e rapaces de 3º da
ESO do noso cole.
O conto cuxo
título é “Mahán e a cadeira vermella” está
inspirado na campaña "A cadeira
vermella”" lanzada pola ONG Entreculturas
e foi creado polos nenos e nenas de 1º da Eso do CPI “Virxe da Cela” de Monfero.
As nosas compañeiras de 3º Andrea, Begoña, Lucía e Ainhoa foron as encargadas
de contar a historia de Mahán aos nosos
pequerrechos de 1º EP, así como facer unha pequena dinámica e un xogo para facelos
recapacitar sobre á importancia da educación.
As profes dos pequerrechos tamén demostraron as súas dotes interpretativas na dinámica que levamos a cabo.
Pero a sesión non
rematou aquí. As nosas compañeiras Raquel e Eva crearon un conto titulado “A
historia de Niara”. Esta historia ten a peculiaridade de que está sen rematar, así que as profes levaron unha copia para que
entre todos os nenos e nenas, escriban como lles gustaría que rematase a historia de Niara.
Por último, os
pequerrechos levaron de agasallo unha pegatina feita por Paola Toribio de 2º da ESO, que ilustra moi
ben esta campaña, así como unha pequena cadeira vermella como símbolo dos 61
millóns de nenos e nenas que non poden ir á escola.
Parabéns a todos os alumnos/as que preparáchedes a sesión por demostrar esas capacidades creativas e deixar voar a vosa imaxinación, e
aos pequerrechos de primaria por ser tan participativos e estar tan atentos.
Dicir que nas
vindeiras semanas seguiremos coas sesións de contacontos para que todos os cursos de infantil e
primaria poidan gozar da historia de “Mahán e a cadeira vermella”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario