martes, 18 de febrero de 2014

HAI CORDAS QUE NON ATAN, SENÓN QUE LIBERAN

"Cuerdas" foi o filme que obtivo o Premio Goya 2014 na categoría de mellor curtametraxe de animación. A película, repleta de matices, narra en 10 minutos a historia de amizade entre María e un neno moi especial que chega ao colexio. Unha tenra historia de amizade que fala tamén de valores e ilusións. Pedro Solís, autor e director da curta, toma como inspiración a historia do seu fillo Nicolás, afectado de nacemento por unha parálise cerebral, e cuxa figura inspira a do neno protagonista desta ficción. Aquí vola deixamos. Non deixedes de vela é espectacular.



Despois de visionar a curta, fai unha pequena reflexión sobre ela no apartado de comentarios.

36 comentarios:

Miguel García 4 E.S.O dijo...

Hoxe o venres día 7 na clase de relixión fomos a ver a curtometraxe que gañou un Óscar na que aparecían un neno con parálise cerebral sentado nunha cadeira de rodas que ingresaba nun orfanato porque era o único lugar que quedaba para él e fíxose amigo de María unha nena que non entendía a sua enfermidade e púxose a xogar con él e como non podía atoulle cordas a os brazos e pernas e coma se fose un títere manexado por ela e con iso pasaban xogando os recreos.
Cando María máis o quería recibiu a noticia de que o seu amigo morrera.
E na sua cadeira so quedaba un anaco de corda coa que xogaban e María atouna como pulsera.
20 anos despois María é profesorave leva a msma corda que levaba daquela.
Nesta historia vese a integración dunha persoa descapacitada e a nena non lle importaba a enfermidade, e eu creo que todos deberíamos ser como María porque todos debemos integrar a persoas discapacitadas sen importarnos as súas discapacidades porque tods somos iguais e ao mesmo tempo diferentes e ninguén está a salvo de surir uha desgraza o u umha enfermidade ouaccidente vernos envoltos nesa situación

Sofía 3º ESO dijo...

O 14 de Marzo de 2014, na clase de relixión vimos o corto que aqui se expón.
A través do seu argumento de dúcense moitos temas e valores como: a solidariedade, a amizade, o cariño, a experiencia de poñerse na pel dos demais,... Todo esto indica que é moi significativo calquera detalle. O simple feito de que apoies a alguén cando é ignorado polas súas diferencias físicas e/ou psíquicas sérvelle de moito á persoa afectada. Todos eles necesitan ter un amigo que os axude tanto emocionalmente como a desenvolver as súas propias emocións e sentimentos cara alguén que lles importa. Que hoxe en día, nunha sociedade desenvolvida como a nosa, siga a haber diferenzas notorias que os limiten a pesar das súas propias limitacións de nacemento, é algo moi común; consecuencia que debería ser ao revés, pois eles teñen os mesmos dereitos e deberes que nós e non teñen porque sufrir as consecuencias dunha sociedade pouco sensibilizada e sen nengún tipo de escrúpulos á hora de ignoralos e tomalos como seres inexistentes. Cambiar esta situación non será posible en moitos anos, pois non é algo dun día para outro, pois incumbe a moitisima xente, máis de 7 mil millóns, porque é algo global; pero hai que recordar que cada gran de area conta, asi que se eu poño o meu e cada persoa o seu todo será máis levadeiro para estas persoas.
Estaría moi ben que cada un fixera unha reflexión sobre este tema, pero tamén sobre moitos máis temas e valores como a solidariedade, o cariño,... Todos somos unha peza importante para cambiar esta sociedade: CORRE A VOZ!

Manuel Santamariña dijo...

Cuerdas. Un nombre que desmenuza todo el corto. Las "cuerdas" toman una parte clave en el breve argumento de este magnífico cortometraje. Desde un punto de vista subjetivo, debo decir que este corto me ha maravillado. Me ha maravillado porque de una manera muy simple enseña la historia entre una niña de preescolar, María, que le coge cariño a un alumno con parálisis cerebral. Se llama cuerdas porque el niño iba en un carrito para bebés, y cuando la niña le intentaba "enseñar" algo en lo que necesitara moverse, lo hacía mediante cuerdas. Si jugaban a las palmas, la niña se ataba sus muñecas a las del niño, si era el fútbol, pues le ataba la pierna al niño, le ponía la pelota delante del pie y tiraba de la cuerda. Detalles como este, ver la ilusión de la niña, ver su exagerada inocencia y pensar: "Cuando se dé cuenta de lo que le pasa, se va a poner triste, y mucho". Pues el momento rompedor, el que, según mi opinión, le dio el mayor impulso al argumento, fue cuando al final se veía el orfanato, reconvertido en un centro de atención especial mientras la profesora entraba en clase con una cuerda atada a la muñeca y decía:

-Hola chicos, soy vuestra nueva profesora, mi nombre es María.

Este es el mejor momento. Ver que aún después de 20 años, María siga afectada por la muerte del niño, es conmovedor.

Técnicamente hablando, el corto no es nada del otro mundo, el pelo de los personajes se mueve estáticamente con la cabeza. Pero no es la animación lo que hace el corto interesante. La razón está un párrafo más arriba.

Laura Sanjuán dijo...

Este venres, 14 de marzo, en relixión vimos o corto de "Cuerdas".
Este corto é un corto no que mostra valores como a ilusión, a amizade e tamén que todos somos iguais.
Móstranos unha historia real, non só porque está basado en feitos reais senon porque isto nos podería pasar a calquera de nós.
Eu persoalmente sintome moi orgullosa de María, porque vexo que é unha nena moi valente e duns sentimentos moi bos, xa que lle axudaba ao neno e estaba con el nos recreos e tiña ilusión de que algún día poidera andar e falar con el.
Vinte anos despois, María dá clase de matemáticas onde coñeceu ao neno, e segue levando a corda que encontrou na cadeira de rodas o día que se enterou de que morrera, que pertencera ao seu amigo, atada á man.

Adrián 3º ESO dijo...

O venres 14 de marzo vimos a curtometraxe "cordas"que conta como unha cativa normal xoga co neno novo , que ten parálisis cerebral. As outras cativas tómana por rara pero a ela dalle o mesmo e desfruta xogando co neno.Cando escoita que morreu núbraselle todo pero mostra unha gran superación. A través da experiencia que tivo con él decide estudar e 20 anos despois acaba traballando nun centro de educación especial. Esta curtometraxe transmite uns valores como poden ser a amizade , o dereito, a educación e a superación.

Daniel lence meizoso dijo...

É unha historia tráxica,pero é moi bonita,xa que María axúdaballe ao neno a moverse con cordas.
E ao final esa mesma nena, convértese en profesora para que o que pasou aquel neno non o ttivera que pasar ningún outro.
Nesta historia vese a integración dunha persoa descapacitada, e a nena non lle importaba a enfermidadeá, eu creo que todo o mundo debería ser así,e axudar a integrar ás persoas descapacitadas.

Brais Fernández dijo...

Hoxe o venres 14 na clase de relixión vimos unha curtametraxe.
Na curtametraxe,aparecían un neno con parálise cerebral sentado nunha cadeira de rodas que ingresaba nun orfanato, éra axudado por una nena chamada María quen non entendia o que lle ocurria pero estivo o seu lado seguido ata que un dia a nena se enterou de que morrera.
Ésta curtametraxe ensinanos os valores do respecto, integracion social e a amizade, valores moi importantes non só para a xente con discapacidades xa que todalas persoas deben ter os mesmos valores e respectos

Sandra 4ºESO dijo...

o pasado venres 7 en relixión vimos un corto que para min significou moito.O corto trataba dun neno con paralise cerebral que ingresaba nun orfanato, Maria una das nenas do orfanato fíxose amiga de el e pasaron a maioria do tempo xuntos: xogaban nos recreos,estaba sempre con el. Ela nn entendia a súa enfermidade e para xogar, como el non podía, ela atáballe cordas nos pés para que lanzase o balon, movialle as mans, ata a comba xogaban... o paso dos dias o neno morreu e María sentiu unha tristeza moi grande.Na cadeira na que estaba o neno había unha corda pequena e ela púxoa na man e o paso de 20 anos cando xa era profesora ela seguia tendo esa corda atada.Para min este corto expresoume unha gran amizade que sentía Maria polo neno, a pesar de que el tiña unha enfermidade ela estaba con el e penso que nos deveriamos facer o mesmo que cando teñamos oportunidade de estar con un descapacitado,temos que axudarlle a que el se sinta cómodo e así nos tamen nos sentiremos ben.

Nina e Alba 3º ESO dijo...

O venres 14 de Marzo a profesora de relixión ensinounos unha curtametraxe sobre un neno con parálise cerebral que chega a un colexio novo onde se encontra con unha nena que lle quere axudar a andar, ao final a nena encontrase coa cadeira de rodas onde o neno estaba sentado, pero esta vez estaba baleira ela alegrase porque pensa que el comezou a andar pero de repente escoita que o neno morreu esa noite, aos 20 anos seguintes a nena e profesora nun centro de educación especial.
O corto o que nos quere expresar e que sempre ai que axudar aos demais e facelos felices aínda que non sexan coma nos, porque todos somos iguais pero algúns con defectos.

Pablo Medín dijo...

O corto que vimos pareceme moi interesante e creo que todo o mundo o debería ver, porque reflexa unha situación real que viven moitos nenos e nenas. Pero en moitos deses casos non teñen ningún amigo co que poder relacionarse e pasanno moi mal. Penso que a xente tense que concienciar de que todos somos iguais e temos os mesmos dereitos. A xente deberíase comportar como o fai María, porque deben pensar que de ser eles os que estivesen no lugar do neno con parálise cerebral e ninguén os axudase sentiriánse sós e non lles gustaría. Por iso é imprescindible relacionarse con todo o mundo.
O comportamento de María é exemplar, sen embargo, os outros nenos e nenas non lle facían caso ao neno con parálise cerebral e ademais chamabánlle rara a María por xogar con el.
Ademais de axudarlle durante a súa estancia no centro, non o esqueceu, todo o contraroio, cando aparece como profesora no futuro dese centro, seguía conservando a corda do neno e levabaa atada no pulso. Por iso creo que o comportamento de María e máis que exemplar, e que deberiamos comportarnos coma ela.

Rocío Pérez dijo...

O pasdo día 14 de Marzo de 2014 na clase de relixón vimos unha curtometraxe que é bonita e taxíca o mesmo tempo .Na curtometraxe vimos un neno que chega ao cole que ten paralisis celebral e os nenos non o aceptan salvo unah nena que o acepta .A min este curtometraxe parecume moi ben porque destes casos hai moitos e eu creo que non se debería de discrimir a algúen que teña enfermidades ,xa que son como outros nenos e teñen os mesmos dereitos que un neno normal . Este cartometraxe transmite valores como soliradidade , amizade.

Laura Muiño dijo...

O venres 14 de Marzo vimos un corto que esta moi ben porque trata moitos sentimentos. Maria unha das protagonistas, axuda a un neno que tiña parálisis cerebral e axudao a integrarse na escola, faille a súa estancia mais agradable, e incluso o axuda a recuperarse físicamente. Para min o comportamento de Maria é axeitado xa que é a única persoa da clase que se achega ao rapaz, ao contrario do resto que lle viran a cara. A postura de Maria indícanos que todas as persoas somos iguais en dignidade, ainda que teñamos algún tipo de discapacidade. Gustoume moito o final cando se ve que Maria entra nunha clase de educación especial como profesora, e leva na súa man a corda co que axudou a ese neno .E importante a dignidade e a integración das persoas con discapacidade.

Óscar P.S. dijo...

Esta curtometraxe conta os valores que debemos ter todos para axudar a integrar a un compañeiro con discapacidade, representados nunha nena que lle facilita a súa estancia no colexio, xoga con él atándolle cordas nos brazos e mans , fanse tan amigos que chega a non deixalo de axudar xa que pensa que se poderá recuperar algún día.
O final María o nome desa nena, decátase as escondidas de que seu amigo morreu, ela ponse moi triste porque era o seu mellor amigo e agora nunca mais o podería volver a ver o único que lle serviría para recordalo era unha corda que casualmente estaba na súa cadeira de rodas.
É unha historia moi realista xa que este problema podeo ter calquera e está moi ben promover a mentalidade solidaria que todos debemos ter.

Silvia López dijo...

O pasado venres, na clase de relixión tivemos o gusto de poder ver a curtametraxe de animación que temos aquí e que foi gañadora dun Óscar.
Neste curto podemos apreciar valores como a ilusión e a amizade entre outras. María, unha nena pequena cuxo único obxectivo que ten é que o seu novo compañeiro da clase non se sinta diferente, fai todo o posible para que o seu novo amigo non se sinta diferente e que ninguén o vexa como unha persoa rara.
Habitualmente estamos acostumados a que cando vemos a unha persoa con algunha discapacidade, tanto física como psíquica, tratala diferente de como trarariamos a outra persoa que non teña ningunha discapacidade pero non nos damos conta de que eso é unha das peores cousas que lle podemos facer. Calquera detalle mínimo, que para nos pareza insignificante, podemos facer que a outra persoa se sinta acollida e que non se sinta diferente.
A min todo o curto pareceume precioso pero unha das cousas que máis me gustou foi o final cando o autor do curto confirma a súa fonte de inspiración, o seu fillo Nicolás que sufre unha paralise cerebral.

P.D: Recorda que se ves a unha persoa con algún tipo de discapacidade non o trates diferente, tratao como se fora un neno ou nena como ti.

Maria 4º ESO dijo...

O venres día 7 de marzo, vimos na clase de relixión unha curtometraxe chamada Cordas.
Trata dun neno que sofre paralisís cerebral, entón os seus pais ingresano nun orfanato. Alí, María (unha nena que vivía no orfanato) fíxose a súa amiga e dende aquela pasaba con él todos os recreos. María non entendía a súa enfermidade e enton para axudarlle a moverse ataballe cordas as mans ou os pes, dependendo de a que xogaran, para que así se movera. Pero uns días despois o neno morreu, cando María se enterou foi ata a súa cadeira e nela viu un pequeno cacho de corda que colleu e atou na súa man.
Despois de vinte anos, María volve como profesora ao orfanato, que agora era un centro para nenos con discapacidades e podese observar que aínda despois de vinte anos María segue levando o anaco de corda.
Este corto persoalmente a min gustoume moitísimo xa que todos deberíamos tomar exemplo de María porque non lle importou que o neno fora diferente mentras que outros o daban de lado, e o máis importante e integralos xa que son persoas normais como calquera de nos e deben de ter as mesmas oportunidades.

Yaiza 4º ESO dijo...

O 7 de Marzo de 2014, na clase de relixión vimos o corto titulado “Cuerdas” que foi gañadora dun Óscar. A través do seu argumento dedúcense moitos temas e valores como: a solidariedade, a amizade, o cariño, a experiencia de poñerse na pel dos demais... O simple feito de apoiar a alguén cando é ignorado polas súas diferenzas físicas e/ou psíquicas sérvelle de moito á persoa afectada. Todos eles necesitan ter un amigo que os axude tanto emocionalmente como a desenvolver as súas propias emocións e sentimentos cara alguén que lles importa. Que hoxe en día, nunha sociedade desenvolvida como a nosa, siga a haber diferenzas notorias que os limiten a pesar das súas propias limitacións de nacemento, é algo moi común; consecuencia que debería ser ao revés, pois eles teñen os mesmos dereitos e deberes que nós e non teñen porque sufrir as consecuencias dunha sociedade pouco sensibilizada e sen ningún tipo de escrúpulos á hora de ignoralos e tomalos como seres inexistentes. Cambiar esta situación non será posible en moitos anos, pois non é algo dun día para outro, pois incumbe a moitisima xente, porque é algo global.

Antía Gómez 3º ESO dijo...

Venres 14-3-14, CPI Vires da Cela
Hoxe na clase da relixión vimos o corto gañador do Goya de este ano. Este corto basado en feitos reais é unha forma de ensinarlle o mundo, dunha maneira didáctica e fácil, o verdadeiro valor da amizade, da ilusión e da esperanza como principais temas.
María é un claro exemplo disto, as súas gañas por conseguir que o seu novo amigo camiñase eran suficientes para que el o notase e pasase os seus últimos días feliz. É, tamén, un exemplo de intentar axudar á xente, como se ve ao final María ‘de maior’ foi profesora de persoas con necesidade de atencións especiais. Creo que é unha cortometraxe moi emotiva é moi persoal, e posiblemente, un exemplo do que a vida nos pode deparar no futuro a nos ou ás persoas que temos preto. Tamén se ve como os demais compañeiros o desprezan por ter esa enfermidade, e o neno non tivo culpa de que lle tocase ser a el o ‘‘diferente’’. Persoalmente é un homenaxe moi emotivo e que nos recorda que hai necesidades especiais e que sempre lle podemos intentar ver o lado positivo ou aquel ldado que simplemente sexa bonito.

Cintia Grueiro Buján. dijo...

Hoxe, día 14 de marzo, os alumnos do colexio de C.P.I. Virxe Da Cela fomos ver coa profesora de relixión un pequeno corto onde se representa moi ben diferentes valores como a amizade, a igualdade é a integridade dos nenos con problemas, fainos pensar se son tratados de igual maneira que o resto de rapaces e rapazas sen discapacidades é se teñen as mesmas oportunidades que os demáis.
Amósanos que a amizade, neste caso entre María é o neno con parálise cerebral, non ten nada que ver cos problemas que poida ter un.
Cóntanos que, aínda que todos somos distintos, xa sen ter que ver coas enfermedades ou cos problemas que poida ter un, todos temos dereito a ser tratados por igual, xa que todos somos persoas e todos temos os mesmos dereitos e deberes.
Neste pequeño corto ensínanos a través das accións de María que cousas que parecen case imposibles de conseguir, cun pouco de intención, de ganas é de tempo, pódese conseguir; neste caso, María consigue que o neno con discapacidade ao que todos deixan de lado, poida facer un pequeno movemento. Cousa que iso lle enche de alegría a María.

Rubén G.P. 4º ESO dijo...

Para min este corto parezeme que ten un significado que é o de que calquera persoa por moitos problemas que teña pode ser como outra calquera.
No corto vemos como María quere ese proposito e pola miña parte creo que o consegue ainda que nn durara moito.
Ela acordarase para a toda a vida dese neno por que lle cambiou a vida

Jennifer 4°de ESO dijo...

O venres 7 de marzo, vimos na clase de relixión un pequeno corto no que un neno sufría desde que naceu unha parálise cerebral, e os seus pais decidiron levalo a un orfanato no que tan pronto chegou, María, unha nena da súa clase xa foi a primera que lle falou, e no recreo estaba solo e foi xunta el, a partir de ahí estuvo todolos recreos con el a pesar das suas diferenzas psíquicas, e amín eso chamoume moito a atención porque lle daba igual o que os demais pensaran só o trataba como un amigo máis. Ela quería que xogara e fixo o posible para que se divertira e atoulle cordas nas mans e pes para que se movera, despois de tantos días el moveu o pe pero ao seguinte día morreu, a María cambioulle a vida por completo e a corda que tiña el puxoai ela de recordo. Pareceume moi bonito o corto porque isto pasa moitas veces con alguien que ten un problema como este e nono aceptan como outro amigo máis a pesar das suas indiferenzas e a María encheselle o corazón de alegría cada día por el.

Martín 4 ESO dijo...

Neste curtometraxe,podemos ver a historia dun neno con parálisis cerebral que chega a un orfanato, María unha nena que tamén habitaba alí, colleulle cariño, e fixose ao seu amigo. Él non era quen de facer o que os seus compañeiros facían, pero María ataballe unha corda, e conseguíao. Un día o amigo morrera. Pero quedoulle un anaco de corda que gardou de recordo, e sempre a levou atada á man toda a súa vida. Podese captar a forma de integración que fixo María, mentres os outros nenos seguían ao seu. E temos que pensar que as persoas discapacitadas, son persoas, e hainas que tratar como tal.

Laura Pita 4ºA dijo...

O outro día na clase vimos o cortonetraxe que gañou O Óscar na que se vei reflexado a historia inseparable de dous nenos, un deles chamado Nicolás sufria paralisis cerebral, este recen integrado nun orfanato é visto por unha nena chamada María e é hai onde empeza a súa amizade.No recreo María fixouse que Nicolás estaba só e decidiu xogar con el atandole unhas cordas as súas extremidades para movelo.Pero un dia Nicolás morreu e María colleu un trozo da corda e fixo unha pulsera con ela.Esta de maior foi unha proferora de nenos con discapacidades para axudalos a integrarse na sociedde.

Anónimo dijo...

Ola eu son Angel Varela de 1 da eso
Vouvos falar de "cuerdas".
Ese filme tratávase de un neno e unha nena.
O neno nn se movia nin falaba nin andaba...
A nena estuvo todos os días no recreo con el.
Ataba unha corda ao pé del e a nena tiraba e marcáballe un gol; e así todos os días.
Un día coma outro morre o neno e a nena estaba polo pasillo e as profes comentaban de que o neno morrera.
Claro;ao estar a nena polo pasillo enterouse e foise chorando.
De recordo a nena atou a corda a man dela.
Dentro duns anos a nena era profesora e seguía ca corda na man.
Este filme gañou un óscar.

Andrea Brage 1º ESO dijo...

Este corto que vimos é para facer unha reflexión sobre a aceptación das persoas discapacitadas e, nalgúns casos de poder facelo con persoas que necesitan cariño e axuda. Nicolás é un neno que está en cadeira de rodas e non pode moverse, María é unha nena que é mostra de superación e de que axudar aos demais é divertido. María fixo que Nicolás puidese deixar de ser un excluído e xogar con el e facendo que se sentira ben, que pensara que se movía utilizando cordas de aquí o nome do corto. Nesta historia Nicolás morre e María queda tan marcada que decide adicarse a ser profesora de discapacitados.
“ Cuerdas” da que pensar.

Laura 1º E.S.O dijo...

Vou falar de "Cuerdas" este corto acontece nun colexio.Veu un neno chamado Nicolás, tiña unha enfermidade que era paralese cerebral ,pero aninda asi unha nena chamada María xogaba con él, ainda que él nn se podia mover porque estaba en silla de rodas e no se movia nin falaba.E ao final faleceu Nicolas.María desde aquel día leba unha coda na sua moneca e fixose profesora de Educación Especial.

kevin sanjurjo dijo...


Voubos dar a miña opinion dun corto
dunha catiba chamada Maria e un neno chamao Nicolas.
A nena Maria foi moi boa co neno Nicolas que tiña paralisis zerebral.

Logo fixeronse moi amigos.
E nicolas morreu nuha traxica noite.

Martín 1º ESO dijo...

Gustoume esta historia Cuerdas porque María lle axudaba a Nicolás un neno que tiña parálisis cerebral. María estivo con Nicolás xogando con el e intentando que Nicolás se puxera de pé.O día que Nicolás morreu María cria que Nicolás se puxera de pé.
Pero cando lle escoitou - almenos fue por la noche sin sufrir-
María se dio cuenta de que Nicolás morrera.
Ao final a María impactoulle a morte de Nicolás que se fixo profesora de ensinanza especial, e levaba na súa man un trozo de corda que atopara na silla de rodas de Nicolás.

Tania Grueiro Buján 1º E.S.O dijo...

“Cuerdas “e un dos mellores cortos que vin,a min amosoume que non se pode despreciar as persoas porque teñen algunha enfermidade.
Nicolas era un neno que non se podia mover e estaba en silla de, rodas pero coñeceu a unha nena chamada María.Esta axudaba a Nicolas a poder ser como os demais nenos. Un día cando María veu que non habia ninguén na silla de Nico, pensou que conseguira que se poidese mover pero despois descubreu que morrera. Entón sinteuse moi triste e pillou un cacho de corda e atouna a man. Despoís de vinte anos María seguia coa corda atada a man. Estudou para ser profesora nun colexio de nenos descapacitados

Sergio Torrado Morado1º de Eso dijo...

A min o corto de cordas pareceme unha cousa moi boa por que non hai discriminacions entre os compañeiros. O neno chamado Nico xogaba con unha nena chamada Marìa. Nico era o que tiña uha enfermidade chamada paralisis cerebral non podia falar non podia moverse , a nena movialle as articulacions con cordas.Cando Nico morreu María durante toda a sua vida levaba unha corda na man e traballou para un colexio de educaciòn especial.

Gustoume moito porque se ve que non hai discriminaciòns.

ANTIA LISTA RAMOS 1º ESO dijo...

O corto de Cordas representa moitos valores da vida cotidia nos que a Maria non lle importa o que lle pasara a Nicolas , non lle importou que andubera nunha silla de rodas ou que non pondera falar , ela acercouse a el e axudouno no que puido , esa experiencia marcouna pa toda a vida , cando se enterou de que Nicolas morreu atouse un anaco de corda co que lle axudaba a moverse , e ese anoco de corda volvese a ver a o final do corto no que faise profesora de nenos con discapacidade , no mesmo orfanato no que ocorreu o corto , pero amin o que mais me impactou foi que Maria pasados un anos sique ca corda atada man en memoria de Nicolas.

Ángel seijas dijo...

Na clase de relixión vimos un corto que se chama cuerdas. O neno nico chegou un dia ao cole de maría q foi a nena q lle axudou ao neno ao adaptarse ao ambiente porque o neno tiña paralises celebral e estaba nunha silla de rodas cada día e en cada momento maría estaba con nicolas e eran moi amigos.

Xogaban ao futbol a saltar a corda...
E unha traxedica noite o neno nicolas morreu pola culpa da sua enfermedade. E a nena atouse a corda a man. Ca que lle axudaba ao neno e de mallor maría foi profesora no centro especial e ainda tiña a corda posta na man.

Este corto gañou un oscar.

Raul de 1ºde eso dijo...

Na clase de relixion vimos un corto chamado cuerdas. Trataba dunha nena chamada Maria que lle axudaba a un neno que tiña paralisis. O neno chamabase Nico e ela axudaballe a xogar e estaba con el sempre. Un dia morreu e ela dende ese dia levou a corda de pulseira.Ela de maior foi profesora de nenos coma el.

Iván 1º E.S.O. dijo...

Hoxe na clase clase de relixión vimos un curtometraxe que gañou un Óscar, chamado "Cuerdas".

Este corto trataba dun neno con parálise cerebral, chamado Nico.
Este neno intégrase nun orfanato-colexio non especializado na súa enfermidade.
Pero nel coñece a María, unha nena normal e corrente, que ao coñecer a Nico, "enamórase" (gústalle) estar con él e para axúdalo, e para que pouco a pouco ese neno con parálise cerebral que nin falaba, nin se movía... consiga mover ata unha perna gracias ao xogos que María lle organizaba coa axuda dunhas cordas; por exemplo:
Para xogar ao fútbol atáballe unha corda aos pés, e cando a nena tiraba da corda, ao neno movíaselle a perna e dáballe ao balón, o cal salía disparado ata a portería, na que se atopaba María.
Pero o peor foi que ás poucas semanas, o neno, por fin, deu movido unha perna, e sen a axuda de María deulle unha patada el só ao balón; a nena púxose supercontentísima xa que pensaba que o seu esforzo para que él, aínda que minimamente,conseguira moverse un pouco, e aínda que non o puidera demostrar fisicamente, o neno seguramente tamén estaba contento; pero pouco tempo diso, ao día seguinte a nena encontrou a cadeira na que se atopaba Nico, pero ela cría que era porque por fin se dera movido só, pero xusto nese momento oíu falar á enfermeira do colexio que o neno, non estaba xa entre eles. María despois de oír iso sentiuse fatal xa que ao contrario de antes a nena cría que todo o que fixera non valera para nada. Pero o máis importante e o que máis me chamou a atención foi que 20 anos despois a nena seguiu nese orfanato-colexio, pero non de alumna, senón de profesora. O que a min me ensinou este corto foi, fundamentalmente, AMOR, pero tamén ensina a que cada persoa, sexa como sexa, merece vivir dignamente e con xente ao seu lado que as poda apoiar nos momentos tantos bos como malos, e sobre todo, cada persoa ten nas súa mans a posibilidade de cambiar un pouco o mundo, pois non hai máis que dicir que... !PONTE EN MARCHA¡

kevin sanjurjo dijo...

vouvos dar a miña opinion sobre o corto de Maria e Nicolas que se fixeron moi vos amigos e xogaban xuntos.
Unha traxica noite Nicolas faleceu e Sara enterouse e fixose profesora dun centro especializado en cativos paraliticos

Iagoooo dijo...

Esta cortometraxe estivo nominada a un Óscar o que di a sua calidade. Gustoume porque demostra que calquer ser humano pode ter sentimentos e demostrar a sua humanidade se quere, dende o mais cativo ao mais grande. Estivo moi interesante.

Unknown dijo...

Thanks for sharing, nice post! Post really provice useful information!

An Thái Sơn với website anthaison.vn chuyên sản phẩm máy đưa võng hay máy đưa võng tự động tốt cho bé là địa chỉ bán máy đưa võng giá rẻ tại TP.HCM và giúp bạn tìm máy đưa võng loại nào tốt nhất hiện nay.