O 30 de xaneiro celébrase en
todos os coles o Dia Escolar da Paz e a Non Violencia, unha data na que debemos recordar que a paz non é só cousa dun día,
senón de todos, e temos que axudar a construíla cos nosos
pequenos actos de cada día: na convivencia, no respecto a todas e todos, na
tolerancia a diversidade, na tarefa de
compartir vivencias xuntos... ...para que o 30 de Xaneiro, non se converta
nunha rutina, para que a paz sexa algo máis que un conto de pombas e globos,
flor dun día, cada ano, por moi brillante que sexa.
E iso quixemos transmitir todo o
alumnado e profesorado do noso centro nun acto conxunto no que os nenos e
nenas,rapaces e rapazas de infantil,
primaria e secundaria manifestaron os
desexos de paz que todos queremos, desexos que quedan reflectidos na xenial ilustración que a nosa alumna Ana Martínez realizou para este día, e que encabeza esta entrada do blog.
Aquí podedes ver o vídeo do acto, no que os rapaces fixeron uns manifestos pola paz e que culminou coa canción SOMOS EL MUNDO.
No hay comentarios:
Publicar un comentario