domingo, 3 de abril de 2022

ACTO EN APOIO AO POBO UCRAÍNO

Hoxe na praza da Constitución da nosa vila realizouse un acto en apoio ao pobo ucraíno,organizado polo concello. Un acto no que se reivindicou a paz e amosouse a solidariedade coas 3 familias chegadas de Ucraína, e que agora conviven con nós. No acto membros destas familias leron unha declaración en contra da guerra e finalizouse o acto coa actuación da banda de música Xábrega que interpretou o “Himno á alegría”.

Desde aquí queremos dar as grazas aos rapaces de 1º de ESO: Carlos, Lucas, Daniel e Manuel que estiveron toda á mañá realizando unha acción solidaria recadando fondos a través da venda de bolígrafos coa lenda “Pola Paz”. Grazas polo voso tempo e grazas tamén a toda a xente que aportou o seu graíño de area para esta causa.


O recadado hoxe (650 €), sumado ao recadado no noso colexio irá, a través de Save the Children, íntegramente destinado a axuda humanitaria para as nenas e nenos en Ucraína. Esto inclúe apoio no seu acceso á educación, apoio psicosocial, distribución de kits de inverno e de hixiene e entrega de pequenas aportacións en efectivo ás familias para que poidan satisfacer as súas necesidades básicas (alimentos e medicamentos).




No hay comentarios: