A
última semana do mes de xaneiro todo o centro volcouse na celebración do Día
Escolar da Paz e da Non Violencia. Todas as aulas sumáronse a variadas propostas para visibilizar a importancia desta
data e sensibilizar á comunidade educativa da necesidade dunha convivencia
pacífica e enriquecedora.
Hoxe 30 de xaneiro (Día Escolar da Paz) reunímonos o alumnado e profesorado de todos os ciclos e niveis no patio cuberto e deixamos a nosa pegada a favor da paz diante dunha fermosa pomba, símbolo da paz, realizada por Alberto (o noso conserxe). Os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria colaboraron no recheo da mesma con xiz.
Un grupiño de alumnos/as representando a cada curso deron lectura a un manifesto pola paz. O acto finalizou cantando todos xuntos a canción “ El mundo entero” que foi tamén signada polo alumnado. Ao ritmo desta melodía os rapaces e rapazas das Mirandas quixeron transmitir que respectando as diferenzas, valorando a súa riqueza é camiñando xuntos, non hai muro que nos separe e esta é a forma máis importante para eliminar a violencia e acadar a paz que está dentro de nós.
👉 Por outra banda, e en formato podcast, o alumnado de 3º de ESO realizou un programa especial
sobre o día da paz que podedes escoitar aquí.
No hay comentarios:
Publicar un comentario