Durante unha excursión de clase, un grupo de alumnos entrou nunha igrexa para visitala. Ao pasar fronte á zona máis adornada e iluminada do templo -era o altar, pero iso algúns non o sabían- un dos nenos fixo un descubrimento que lle encheu de estrañeza. Achegouse ao seu mestre e sinalou unha especie de caixa. «Que fai un microondas aí?», preguntou cos ollos fixos no sagrario.
Se a educación ten como obxectivo dotar duns coñecementos e destrezas básicas para interpretar a realidade que rodea ao alumno, por que deixar ao marxe unha dimensión, como é a relixiosa? A clase de relixión pode axudar a evitar estas "confusións" que, por certo, todo apunta a que cada día son máis frecuentes.
Ola a todos e todas. Xa estamos de volta das nosas "merecidas" vacacións e chega de novo o outono, e con el o cole, os madrugóns, as presas,...pero non todo é malo!.O curso que comeza ofrécevos novos retos e novas oportunidades para aprender, para encontrarnos,comunicarnos, axudarnos, compartir experiencias…. Así que... xa sabedes!. Esperamos a vosa colaboración, as vosas achegas, as vosas suxestións e sobre todo que vos tomedes os vosos quefaceres con renovada ilusión e enerxía para levalos a cabo.
Estes produtos audiovisuais xurdiron a partires da realización de diversos textos sobre a solidariedade, o amor universal, a educación para todos, os valores universais… que fixemos na clase. O alumnado de 2º de ESO, redactou os textos e seleccionou imaxes para a animación.
Empregando as novas tecnoloxías a través de programas como Crazy Talk e Audacity os propios rapaces e rapaces gravaron as pistas de audio recitando os seus textos, aplicáronlles efectos de son e realizaron as animacións das imaxes. Podedes descubrir o espectacular resultado…
O alumnado de 3º e 4º da ESO elaboraron durante este curso un mural sobre os valores universais, eses valores que nos fan mellores e nos axudan a crecer como persoas e nos acercan mais aos demais.
Ningún é novo. Cada valor representa o mellor de cada ser para vivir plenamente e en armonía co mundo,e crear e sustentar as relacións humanas con dignidade e profundidade. Cooperación, liberdade, felicidade, respecto, responsabilidade, tolerancia… son algunhas das expresións que nos tocan día a día e que corresponden co mellor de cada un de nós, do que podemos facer para conseguir, a través da nosa forma de actuar, unha sociedade mellor de todos e para todos.
A verdade e que todos os rapaces e rapazas fixeron un bo traballo de elaboración dos valores, pero sobre todo o que pretendemos e aspiramos é a levalos á práctica.
Aquí vos dixamos unha mostra do traballo.
Picade enriba da seguinte presentación para vela en grande
Qué palabras usamos cando falamos de Deus?. Católicos, musulmáns, xudeos, anglicanos, budistas, hinduistas e tamén non crentes e ateos, falannos na súa propia linguaxe acerca do divino.
No ano no que o Día Internacional da Muller conmemora o seu 100 aniversario, a Campaña Mundial pola Educación ten como tema central a educación das mulleres e das nenas.
O acceso a unha educación de calidade para homes e mulleres debería estar garantido. Non obstante, a realidade mundial mostra que as mulleres seguen sendo discriminadas no exercicio do dereito a educació
Nós tamén queremos unirnos á Campaña Mundial pola Educación e ás accións da SAME 2011.
Baixo o lema A EDUCACIÓN NON É UN CONTO: POLOS DEREITOS DAS NENAS E As MULLERES, millóns de persoas en todo o mundo mobilizarémonos para lembrar aos líderes políticos as dificultades que millóns de nenas e mulleres teñen para acceder a unha educación de calidade e para pedirlles que tamén lembren e cumpran o seu compromiso de facer realidade a Educación para Todos e Todas en 2015.
Para iso, a actividade central da SAME 2011 consistirá na GRAN HISTORIA, é dicir, na elaboración dun gran libro de contos escritos por alumnos, alumnas, docentes e personalidades destacadas do mundo da interpretación nos que se reflicta como o acceso á educación -ou a falta desta- poden marcar a vida das mulleres e das nenas. Unha Gran Historia, que fale sobre os dereitos das nenas e mulleres e como a oportunidade para ir á escola cambiou o rumbo das súas historias.
Axúdanos a mostrar que a educación de calidade é necesaria para todos e todas.
Como podes facelo:
Podes colgar ti mesmo o relato a través da páxina internacional da Campaña Mundial pola educación http://www.cme-espana.org/ : Como? Só tes que asinar (Sign Up), escribir os teus datos (como persoa particular ou como profesor-organizador) e escribir unha pequena historia que quedará reflectida. Así poderás ler tamén as diferentes historias que se escribiron nos demais países.
Cantos máis relatos teñamos en todo o mundo máis alto e máis claro quedará a mensaxe!
Mans Unidas presenta un xogo online para “concienciar aos xóvenes dos problemas do mundo” e mostrar alternativas reais para cambialo. Pica na imaxe para acceder ao xogo.
A Basílica estreaba fai oito séculos o Pórtico do Mestre Mateo. Entón foron o monarca leonés e o arcebispo Pedro Muñiz quenes presidiron os actos nunha cidade e unha Catedral que eran sensiblemente distintas das que o próximo mes de abril poderán contemplar os que participen nos actos.
O 21 de abril de 1211, o arcebispo D. Pedro Muñiz, por orde da súa santidade Inocencio III, consagrou a basílica nun cerimonial encabezado polo rei de León Alfonso IX e o seu fillo o príncipe Fernando, dando tres voltas ao redor do conxunto catedralicio en solemne procesión.
A historia da catedral é moi anterior a 1211, remontandose posiblemente á época romana, cun mausoleo romano que se transformaría nunha pequena igrexa ordenada construír por Alfonso II, o Casto. Tal igrexa iríase ampliando até a basílica existente cando a consagración, e moi distinta a como a vemos nós 800 anos despois.
Sirva este 800 aniversario para, unha vez máis, facer unha ruta de travesía, cultural ou peregrinación a Santiago de Compostela .
Podedes facer unha visita virtual picando na imaxe da catedral
Grazas a todos e todas, familias, alumnado, profesorado e comunidade educativa en xeral pola vosa aportación e apoio na Campaña de recollida de alimentos para axudar á “Cociña Económica”. A verdade é que non podemos mais que sentirmos orgullosos no lugar onde vivimos, porque a solidariedade é outra das características da nosa vila e esta campaña demostrouno con creces.
Tamén queremos transmitir o noso agradecemento ao Concello de Ares por colaborar no transporte dos alimentos ata o seu destino.
O 10 DE DECEMBRO CONMEMÓRASE A DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS DESDE 1948.
DESPOIS DE TANTO TEMPO, DEBEMOS REFLEXIONAR SOBRE SI SE RESPECTAN ESTES DEREITOS E O QUE NÓS PODEMOS APORTAR PARA LOGRAR QUE SEXAN UNIVERSAIS. PARA ELO OFRECÉMOSCHE ESTA ESCOLMA DE ENLACES:
O 20 de Novembro celébrase o Día Universal do Neno desde que así o recomendase aos seus membros a Asemblea Xeral da Nacións unidas en 1954, para que ese día se adicase á fraternidade e a comprensión entre os nenos do mundo enteiro e para que ese día se celebrasen actividades destinadas a promover o benestar de todos os nenos.
Na Cume do Milenio no 2000 establecéronse os 8 obxectivos de desenvolvemento do Milenio que teñen moi presente, como non podía ser doutra maneira, a saúde, a educación dos nenos e a preservación dun medio saudable:
1. Erradicar a pobreza e a fame
2. Lograr o ensino primario universal
3. Promover a igualdade de xénero e a autonomía da muller
4. Reducir a mortalidade infantil
5. Mellorar a saúde materna
6. Combater VIH/SIDA, o paludismo e outras enfermidades prevalecentes
7. Garantir a sostibilidade do medio ambiente
8. Fomentar unha asociación mundial para o desenvolvemento
O neno debe ser protexido e coidado, non só pola súa familia e o seu grupo primario, polo Estado, polos políticos, pola cidadanía enteira. Os dereitos dos nenos son tan amplos como amplos son os aspectos dunha vida, teñen dereito a estudar, a vivir en condicións dignas, a que se coide da súa saúde (física e mental), a ser alimentados e sobre todo amados. Cada un de nós, seguramente desde o seu lugar, tenta que estes dereitos sexan respectados, pero non sempre a realidade permite que iso se cumpra. É un deber de todos coñecer cales son os dereitos que os nosos mozos teñen porque, coñecendo, é máis fácil loitar por que todos gocen deles.
Todos e cada un dos dereitos da infancia son inalienables, irrenunciables, innatos e imprescindibles para unha boa infancia.
Todos os nenos e nenas teñen o mesmo dereito a desenvolver o seu potencial: todos, en todas as situacións, todo o tiempo, en todas partes.
Nun mundo tan plural como o noso, non é nada difícil encontrarnos, charlar, convivir, con persoas doutras culturas, doutras razas e doutras relixións.
De moitas destas relixións non sabemos nada ou case nada e doutras só utilizamos tópicos que para nada axudan ao dialogo e ao entendemento entre a xente.
Imos afondar con este traballo no coñecemento dunha das grandes relixións do mundo.
Cada un de vos poderá elixir unha das grandes relixións ( Cristianismo, Hinduísmo, Budismo, Xudaísmo ou Islam). Debedes reunir información, ordenala e elaborar un traballo escrito para expoñer na clase(en formato word, power point ou en mural) sobre o tema elixido.
Estas preguntas poderanvos servir de guión para o traballo, aínda que podedes modificar o guión sempre que recollades o esencial da relixión que elixistes:
- Quen fundou a devandita relixión? - Cando e onde se fundou? - En que países se encontra implantada actualmente? - Cales son os seus mandamentos principais? - Ten "libro sagrado"? Como se chama? - Os seus seguidores teñen algunha particularidade especial, chaman a atención por algo? - Hai algún rito particular da devandita relixión? - Cales son os seus lugares sagrados? - Existe algún día ou lugar especial de reunión? Para que se reúnen?
Good Vibrations 2009 (Boas vibracións) é unha curtametraxe animada creada para a campaña "Proxecto de responsabilidade" da compañía de seguros “Liberty Mutual”. Forma parte dunha serie de curtos de animación destinada a crear un debate na xente sobre os actos persoais da responsabilidade e sobre a necesidade das persoas de tomar a iniciativa en lugar de curiosear e fisgar.
Este vídeo foi escrito e dirixido por Jeremy Clapin (París 1974) artista gráfico, ilustrador para prensa e varias casas editoriais e director independente de anuncios publicitarios.
PARA COMENTAR NA CLASE:
1. Resume a breve historia. 2. Os personaxes que aparecen (Executivo con lentes,señor con lentes,paxaro comendo pan,ancián, neno en bici, persoas nas ventás do edificio). 3. Que quere dicir esta pequena historia? 4. Que lles fai reaccionar ás persoas que están nas ventás?, 5. Que lle fai actuar ao ancián de xeito diferente? 6. Podemos pensar en nós mesmos: que nos fai vibrar na vida?. 7. Somos persoas espectadoras das cousas ou gústanos actuar? 8. Comenta algunha acción que fagas en que deixes de ser espectador do que estaba acontecendo. 9. Pensa nalgún personaxe que na historia deixe de ser espectador para traballar e facer algo polos demais. 10. Gustouche esta historia?
A Banda de Gaitas de Ares, que preside María Sánchez e dirixe Manu Chao, terminou o pasado domingo a quinta e última etapa da súa peregrinación a Santiago de Compostela. Un total de 56 persoas, entre as que se encontraban alumnas do noso colexio, percorreron en cinco xornadas os quilómetros que separan a vila aresana da capital compostelá. Fixérono en cinco domingos desde o 5 de setembro ata o 3 de outubro. «Foi un reto moi importante, porque iamos con nenos de 6 anos, pero resultou moi ben», conta María Sánchez. A banda tiña previsto celebrar a chegada a Santiago cun concerto polas rúas do casco histórico, porén, a cantidade de chuvia que caeu a pasada fin de semana impediuo. «Farémolo noutra ocasión », sinala María.
A continuación vemos a compostela que conseguiron as nosas compañeiras do cole.