jueves, 24 de abril de 2025
VISITA DO ALUMNADO DE 2º ESO A COMPOSTELA
martes, 22 de abril de 2025
DESCANSA EN PAZ , PAPA FRANCISCO
Faleceu O papa Francisco, pero deixounos un gran legado
“Non teñades medo da tenrura. A tenrura non é debilidade; é fortaleza. É a linguaxe do corazón, o que máis necesita este mundo ferido. Se algunha vez sentides que todo se derruba, abrazade ao que sofre, escoitade ao que cala, e orade mesmo sen palabras. Deus non se cansa de perdoar, somos nós os que nos cansamos de pedir perdón. A esperanza non defrauda, e o amor nunca falla.”
miércoles, 19 de febrero de 2025
jueves, 30 de enero de 2025
DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA 2025
Hoxe 30 de xaneiro, o noso colexio celebrou o Día Escolar da Paz e da Non Violencia cunha serie de actividades que nos uniron a todos e todas na busca dun mundo mellor. A xornada comezou coa elaboración dun fermoso mural que representaba un tren da paz. Cada vagón levaba unha mensaxe especial, un recordatorio de que a paz se constrúe a través do respecto e a comprensión. Os alumnos e alumnas colaboraron na creación deste símbolo de unión e esperanza.
A continuación, un grupiño de alumnos/as
representando a cada curso deron lectura a un manifesto pola paz onde nos
comprometemos a ser embaixadores da paz no noso día a día. A celebración do
Día Escolar da Paz e da Non Violencia non só nos recordou a importancia de
vivir en harmonía, senón que tamén nos inspirou a seguir traballando xuntos por
un mundo mellor.
Para pechar a celebración, todos xuntos
cantamos a fermosa canción “A peor xogada”, composta no CEIP de Caión. Ao ritmo
desta melodía, os rapaces e rapazas das Mirandas quixeron transmitir unha
poderosa mensaxe: respectando as diferenzas e valorando a súa riqueza, podemos
camiñar xuntos. Non hai muro que nos separe se estamos unidos na busca da paz.
CANCIÓN
lunes, 23 de diciembre de 2024
DÍA DA PAZ 2025,
O último día de clases antes das vacacións de Nadal foi, sen dúbida, un día cheo de alegría e diversión no noso colexio. O alumnado de ESO reuniuse para celebrar o peche do trimestre cunha serie de actividades que fixeron que todos nos sentiramos como verdadeiros protagonistas dunha festa.
A xornada comezou coa esperada Gimkana de Nadal, onde a rapazada, organizada en grupos, lanzáronse a superar unha serie de probas divertidas e desafiantes. Desde xogos de habilidade ata enigmas.Cada actividade estaba deseñada para fomentar o traballo en equipo e, sobre todo, para gozar. A emoción sentíase no aire, e cada grupo competía con entusiasmo por ser o mellor.
Logo da entrega de premios ao grupo gañador e como peche da xornada o alumnado preparou un mini concerto que deixou a todos os presentes cun sorriso.. Non só escoitamos, senón que tamén nos unimos á celebración cantando e bailando.
Así, coa promesa dunhas merecidas vacacións, despedimos
o trimestre
Felices festas a todos! Vémonos no novo ano
con máis enerxía e ganas de seguir aprendendo xuntos
domingo, 22 de diciembre de 2024
miércoles, 18 de diciembre de 2024
VISITA NAVIDEÑA AO CENTRO DE DÍA AFAL DE ARES
Onte quixemos visitar e felicitar ás persoas usuarias do Centro de Día AFAL de Ares. A rapazada da ESO elaborou felicitacións personalizadas para cada unha delas cunha dedicatoria moi especial. Ademais agasallámolos cunha serie de xogos feitos no cole para que pasen algúns dos seus ratiños entreténdose con eles. Rematamos cantando panxoliñas e… a Rianxeira que tanto lles gusta!.
Tamén pasamos pola
oficina de correos para enviar, como todos os anos, as postais para as persoas
do Centro de Día de Maiores en Caamouco. Todos elas e eles merecen o mellor e,
sobre todo, que nos lembremos do moito que lles debemos.
Desexámoslles unhas
Felices Festas e un próspero Ano Novo cardadiño de saúde e saudade para todas e
para o persoal que tan ben coida delas.
lunes, 16 de diciembre de 2024
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN NA OPERACIÓN QUILO DE NADAL
Un ano máis a vosa solidariedade paliará as necesidades das persoas que máis necesitan a axuda de todas e todos nós. Graciñas familias, alumnado, profesorado e comunidade en xeral pola vosa aportación, pola vosa solidariedade e polo voso apoio nesta campaña.
martes, 3 de diciembre de 2024
O ESPÍRITO DO NADAL "CONSÓMESE"!
Será verdade que xa non sabemos vivir o Nadal con sentido auténtico?
Dentro dunhas
semanas deixaremos aparcados os libros por uns días para centrarnos na festa do
Nadal. Con todo, observamos que cada vez máis o que rodea a estas datas é máis
ben consumismo que "espírito".
Por iso convidámosvos a que a través dun
comentario no blog digádesnos como recuperar ese "espírito": que valores non
debemos perder, que tradicións son importantes nas vosas familias, que recordos
teñen os vosos maiores, que nos sobra nas nosas vidas, ... e non deixedes de
contestar a esta pregunta, QUE É PARA TI O NADAL?
P.D. Felices Festas a tod@s!
martes, 26 de noviembre de 2024
25N. MANIFESTO NO DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES
Hoxe 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, desde o noso centro adherímonos a todas aquelas iniciativas que suman esforzos e solucións á erradicación da violencia de xénero. Apoiamos ás accións que tratan de concienciar ao tecido social e todas as actividades educativas baseadas na formación en valores para que a sociedade avance no camiño da igualdade, no benestar común e a convivencia que todas e todos queremos.
Alumnas e alumnos
do centro leron un manifesto de compromiso para condenar a violencia e recordar
que debemos seguir insistindo en campañas de prevención, informando e previndo
desde todos os ámbitos da sociedade: desde a familia, cunha educación en igualdade,
desde os colexios, cunha coeducación real, desde o traballo e desde os poderes
públicos.
A Comunidade
educativa do CPI As Mirandas, dicimos NON á violencia de xénero!
jueves, 21 de noviembre de 2024
SESIÓN DE CONTACONTOS PARA CONMEMORAR O DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DA INFANCIA
O 20 de novembro celebramos o Día Internacional dos Dereitos da Infancia, e para conmemorar esta data tan importante os alumnos e alumnas da 4º e 3º de ESO da clase de relixión, prepararon unha actividade de contacontos para os nenos e nenas de infantil e primaria.
A través do conto “Na procura dun mundo marabilloso”, lles
narraron a historia dun grupiño de nenos e nenas liderados por Liberdade que se
embarcan nunha viaxe por un camiño longo e verde na procura dun mundo mais
humano e mellor.
As rapazas e rapaces da ESO explicaron aos máis pequenos/as o porqué da celebración desta data tan importante e amosaronlles a importancia de respectar en todo o mundo os Dereitos dos Nenos e as Nenas. Tamén reflexionaron entre todos sobre os distintos dereitos, incidindo tamén en que non só teñen dereitos senón que tamén teñen deberes que cumprir para vivir nunha sociedade xusta, plural, solidaria e igualitaria.
Finalizaron cun
simpático xogo de pasapalabra rematando a sesión cun pequeno agasallo realizado
polo alumnado da ESO para todos os asistentes.
miércoles, 2 de octubre de 2024
17 DE OUTUBRO, DÍA INTERNACIONAL PARA A ERRADICACIÓN DA POBREZA
Nun mundo caracterizado por un nivel sen precedentes de desenvolvemento económico, medios tecnolóxicos e recursos financeiros, é un escándalo moral que millóns de persoas vivan na extrema pobreza.
As persoas que viven na pobreza experimentan moitas
privacións interrelacionadas que se reforzan mutuamente, impedíndolles exercer
os seus dereitos e perpetuar a súa pobreza, entre elas:
- condicións de traballo perigosas
- vivenda insegura
- falta de alimentos nutritivos
- acceso desigual á xustiza
- falta de poder político
- acceso limitado á atención médica
A pobreza e a desigualdade non son inevitables. Son o
resultado de decisións deliberadas ou da falta de medidas que desempoderan aos
máis marxinados das nosas sociedades e violan os seus dereitos fundamentais. A
violencia silenciosa e sostida da pobreza dificulta a saída das persoas
atrapadas na pobreza extrema e nega a
súa humanidade.
TRABALLO QUE CHE PIDO:
1. Que institucións hai na túa zona para axudar aos empobrecidos (só tes que citar os seus nomes)?
2. Dirías que a pobreza é algo que teñas habitualmente na túa contorna? A túa resposta pode ser SI ou NON, pero para estar máis seguros, PROCURA FIXARCHE, durante toda unha semana na túa contorna (o teu barrio, as rúas polas que pasas, os locais que frecuentas, as persoas coas que che atopas / cruzas, os xornais locais) e achega os datos da túa investigación.
3. ESTE VÍDEO que che convido a ver fálanos de dous mundos moi distantes, pero non tan distintos (Nova York e Quenia).
4. E España! Busca datos na internet sobre a pobreza no noso país en 2024 ou 2025. Logo comenta os dous datos que máis che fixeron pensar. SOBES a túa resposta a través dun comentario a esta entrada e NON ESQUEZAS escribir o teu NOME, número e curso. GRAZAS!
lunes, 16 de septiembre de 2024
HAI CORDAS QUE NON ATAN, SENÓN QUE LIBERAN
jueves, 12 de septiembre de 2024
miércoles, 17 de abril de 2024
TRANSFORMA-T PARA CON(VIVIR): CAMPAÑA MUNDIAL POLA EDUCACIÓN 2024
A través do lema “Transforma-T para (con)vivir”, neste 2024 a CME quere visibilizar a loita contra os discursos de odio e como a educación transformadora é a ferramenta para conseguir unha sociedade máis xusta e igualitaria. A coalición galega de Campaña Mundial quere facer unha chamada para que toda a sociedade se mobilice e reclame o cumprimento íntegro dos compromisos políticos en favor do ODS 4, unha Educación inclusiva, equitativa, igualitaria e de calidade para todas e todos.
Este año queremos poner el foco en identificar las causas y posibles consecuencias del discurso de odio, así como procesos para deconstruir pensamientos y narrativas violentas y construir otras prosociales y transformadoras, al tiempo que desarrollar habilidades necesarias para la convivencia en la pluralidad. En este contexto, la Educación Transformadora para la Ciudadanía Global (ETCG) es clave para hacer frente a la incitación al odio y avanzar hacia sociedades pacíficas, justas e inclusivas que posibiliten el logro de los siguientes Objetivos de Desarrollo Sostenible (ODS): ODS 4 Garantizar una educación inclusiva, equitativa y de calidad y promover oportunidades de aprendizaje durante toda la vida para todas las personas, ODS 10 Reducir la desigualdad en y entre los países, ODS 16 Promover sociedades justas, pacíficas e inclusivas.
A CAMPAÑA MUNDIAL POLA EDUCACIÓN é unha coalición internacional formada por ONG, sindicatos do entorno educativo, centros escolares e movementos sociais de moi diverso signo, que ten o obxectivo principal de mobilizar á cidadanía para reclamar o cumprimento íntegro dos compromisos internacionais asinados polos estados, e así garantir o acceso a unha educación pública e de calidade para todas as persoas do mundo. O empoderamento e mobilización das persoas son un rol fundamental da Campaña Mundial pola Educación: a unión de toda a sociedade baixo a mesma mensaxe e co mesmo obxectivo a defensa do dereito humano á Educación.
lunes, 8 de abril de 2024
OS NOSOS MAGNÍFICOS CONTACONTOS
Hoxe un grupiño de rapazas e rapaces de terceiro da ESO realizou, como en outras ocasións, unha sesión de contacontos para os nenos e nenas de 1º de primaria. A través do conto “O mundo das cores” reflexionamos sobre o importante que somos cada un de nós a pesar das nosas diferenzas, porque somos Diversamente Iguais e imprescindibles para dar cor e luz ao mundo.
Ao
remate os pequenos levaron como agasallo unha pulseira co lema “Diversamente
Iguais”.
Parabéns a esta rapazada que tan ben prepara e
conta historias. Os pequenos xa están desexando volver!
VISITANDO O PATRIMONIO DA NOSA CONTORNA
Esta semana, antes das vacacións de Semana Santa, aproveitamos o fin dos exames e o bo tempo para visitar un dos lugares máis fermosos da nosa contorna, a Igrexa e o entorno de Lubre.
Fomos cos dous cursos de 2º da ESO, que este ano estudaron Arte
Románica, para ver un exemplo perfecto deste estilo artístico. Pero, tanto con segundo como con terceiro da ESO, fomos moito máis atrás no tempo para lembrar
o significado que tiñan os Lubres como lugares de culto, espazos máxicos, na
época Castrexa. Foron da man os novos coñecementos, o asentamento de contidos
vistos na aula, e tamén o desfrute de facelo ó aire libre, sempre máis
agradable e lúdico. En resumo, foi un bo momento que compartimos e do que tamén
queremos facervos partícipes a vós.
MELLOR SEN LIXO.
Os rapaces e rapazas de 4º de ESO realizaron unha recollida de lixo na contorna do paseo marítimo e na Praia de Ares, un xesto contra o Cambio Climático que debería facernos reflexionar sobre como debemos xestionar os nosos residuos adecuadamente.
Esta saída non só foi unha actividade
educativa, senón tamén un recordatorio da importancia de coidar a nosa contorna
e difundir a mensaxe entre a sociedade para que entre todos consigamos crear un
mundo mellor e máis sostible.
Por uns océanos e
praias libres de lixo
#mellorSenLixo
GAÑADORES AUTONÓMICOS DO CONCURSO ESCOLAR ONCE. AGORA A REPRESENTAR A GALICIA NO NACIONAL!!!
Parabéns ao alumnado de 1º A da ESO que se presentou ao 40 Concurso Escolar ONCE no que acadaron o primeiro premio autonómico. Os alumnos e alumnas participantes tiveron que crear unha nova palabra que exprese e defina a importancia da inclusión das persoas con discapacidade na sociedade actual para incluía no “Inclusionario”: o primeiro dicionario da inclusión creado polos nenos e nenas. Un dicionario con novas palabras que definan as necesidades das persoas con discapacidade.
-
Viento impetuoso, temblor del cielo, fuego sobre los hombres... pintar Pentecostés es un reto para el arte. "Pentecostés", obra ...
-
"Persoas capaces de facer cousas novas" ... Iso SODES tod@s vosoutr@s... Oxalá, tamén desde esta materia, saibamos darvo...









.png)

















