martes, 13 de diciembre de 2011

MARATÓN SOLIDARIO: VIII CARREIRA QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE


Dende fai 8 anos celébrase en miles de centros educativos de toda España a Carreira Quilómetros de Solidariedade. É unha actividade con dobre finalidade: por unha banda, espertar nos rapaces e rapazas un espírito crítico e solidario cara as inxustizas que afectan a millóns de nenos e nenas de todo o mundo e, por outra banda, recadar fondos para axudar a infancia mais desfavorecida e facer que se respecten os seus dereitos.
 O noso centro o CPI  “Conde de Fenosa”, a través dos departamentos de relixión e educación física, está a participar este ano nesta actividade en colaboración coa ONG “Save the Children”, polo que,  o martes 20 de decembro, os rapaces de secundaria do noso colexio realizarán un Maratón Solidario facendo un percorrido  por Ares.
Cada rapaz e rapaza abonará 1 € por inscribirse na carreira e recibirá un dorsal, un carné de corredor e un diploma acreditativo de participación. Pola súa banda, a recadación das inscricións irá a parar a través de Save the Children a reconstrución de infraestruturas escolares na República Democrática do Congo.
Estaremos acompañados nesta carreira pola atleta aresá Paula Mayobre que apoiará esta causa coa súa presenza , acompañando aos rapaces e rapazas do noso centro.
Agradecemos ao alumnado do noso centro a súa participación e  solidariedade e invitamos a todos os pais e nais a que o día 20 saian a rúa a apoiar aos nosos corredores solidarios.


3 comentarios:

Eva María dijo...

Magnífica iniciativa: solidaria, educativa,saludable y genial. Muy bien por las organizadoras y por el colegio. Saludos

laura pita dijo...

esta actividade pareceme moi positiva xa que se pode axudar a os nenos a que tellan unha oportunidade coma a temos nos

Paola Lopez dijo...

A min a actividade pareceme moi boa xa que asi podemos axudar a outros nenos doutras partes do mundo que o necesitan mais que outros e que necesitan unha oportunidade polo menos.