martes, 20 de marzo de 2012

28 CONCURSO ESCOLAR DA ONCE

Como ven sendo habitual a ONCE convocou o 28 Concurso Escolar co lema de "Fai o teu barrio accesible". Os nosos alumn@s puxéronse no lugar das persoas que teñen problemas para ver, escoitar, para camiñar... analizaron o noso contorno  desde unha nova perspectiva, a de aquelas persoas que viven con algún tipo de discapacidade. E así, uns elaboraron fotoreportaxes e outros videos para denunciar que tod@s temos os mesmos dereitos, que os nosos barrios deben ter accesibilidade para que todo o mundo poida moverse por eles e que os barrios e as cidades teñen que ser accesibles para tod@s.
Aquí vos deixamos algúns dos videos que os alumnos e alumnas de 1º e 2º da ESO realizaron para o concurso.

                              
            Video elaborado por Iago, Elisabeth, Noelia e Cristina de 1º ESO

                                
     Video elaborado polo alumnado de 2º de ESO
                               
                              

                                         Video realizado polo alumnado de 2º de ESO

domingo, 11 de marzo de 2012

XESÚS DE NAZARET. STORY BOARD

Un story board é o desenvolvemento dunha historia visualmente, empregando a linguaxe de planos e máis o debuxo (cómic), como procedemento básico. Os alumnos de 2º da ESO fixeron un sobre a vida de Xesús de Nazaret. 

Picade enriba del para velo en grande

lunes, 13 de febrero de 2012

Unha imaxe vale mais que mil palabras...

Que te suxire a  viñeta?

Que contestarías ti se foses o neno ? Por qué?

Qué eliminarías da televisión? Por qué?

Cales son os teus programas favoritos?

Cal sería a noticia que che gustaría que aparecese na televisión?

miércoles, 8 de febrero de 2012

QUE É O MAIS IMPORTANTE PARA MIN?





As persoas somos seres necesitados, pero cales son as nosas necesidades reais?. Estivemos reflexionando en clase sobre as cousas máis importantes na nosa vida e chegastes á conclusión de que entre elas estaban as seguintes:


  • Que a túa familia te queira.
  •  Intentar levarse ben coa xente.
  •  Ser solidario, responsable e cooperar na construción dun mundo mellor.
  •  Ter un bo traballo
  • Ter liberdade para facer o que queira sen danar a ninguén.
  • Ser honrado e boa persoa.
  •  Que a vida teña sentido.
  •  Estar seguro das decisións que tomas.
  •  Estar en paz coas persoas achegadas.
  •  Non obsesionarche co diñeiro.
  •  Ser positivo.
  • Cumprir os obxectivos da vida.
  •  Aceptar o teu corpo tal e como é.
  •  Ter fe e crer en algo.
  •  Ter confianza nun mesmo.
  •  Ser educado e amable.
  •  Tratar aos demais como quero que me traten a min.
  •  Gañar moito diñeiro
  • Ter un bo físico, xa que iso che abre moitas portas.
  • Que a miña xente e mais eu teñamos saúde.
Actividade: Tedes que seleccionar as tres máis importante para vós e dicir, a través dun comentario, por que elixistes esas.

jueves, 2 de febrero de 2012

ACTIVIDADES NO DÍA DA PAZ

Como a paz no pode ser somente cousa dun día, os nosos rapaces estiveron facendo unha morea de actividades durante toda a semana e esperamos seguir así todo o ano...
Entre as actividades que fixemos ademais de realizar os deseños das pegatinas para a paz, os alumnos de 2º e 3º da ESO fixeron un mural super chulo cunha pomba e un lema que di "cada noite, antes de que pechemos os nosos ollos para durmir, lembremos que a paz é o noso soño".



Tamén os nenos e nenas de 5 anos visitaron a aula de música no edificio de secundaria. Alí os alumnos e alumnas de 3º da ESO e mais o alumnado de 2º da ESO de “Reli” contáronlles aos pequerrechos dous contos sobre a paz titulados “Buscando a paz “ e “A espada pacifista”. O remate dos contos os rapaces e rapazas de 3º dirixidos pola profe de música Teresa, interpretaron o Himno a Alegría. Os pequerrechos de infantil portáronse moi ben e foron agasallados con uns caramelos. Esperamos que volvan pronto a facernos unha visita.

Antonio contándolle o conto aos pequerrechos






sábado, 21 de enero de 2012

SE TI QUERES PODES CAMBIAR O MUNDO



Qué te suxire este vídeo?

Cres que estas actitudes son habituais na nosa sociedade?. Son habituais na túa vida?

Viches a película "Cadena de favores?. Encontras algunha similitude co video?

(Contesta a través dun comentario)

sábado, 14 de enero de 2012

30 de Xaneiro: Día Escolar pola Paz 2012



Achegámonos a unha nova edición do Día Escolar da Non violencia e a Paz (DENYP), na súa denominación completa e tal como a acuñou Llorenç Vidal, alá por mediados os anos '60, en coincidencia co aniversario da morte violenta de Mahatma Gandhi, un 30 de Xaneiro de 1948.

Ademais de celebrar o Día Escolar pola Paz, cada 30 de Xaneiro, cousa que debemos facer, sería mellor (e desde logo máis efectivo) celebrar a paz de todos os días e preguntarmonos e interpelar ao alumnado sobre onde está a paz,      e en que lugar debemos buscala. Porque non está, como adoitamos crer, fóra de nós, nos grandes líderes mundiais, nin tampouco nas pombas que soltamos, ou nos paneis que debuxamos, nas mans de cores que estampamos en muros e corredores... como ás veces cre o noso alumnado, senón que debemos aprender a escoitar a voz da nosa propia conciencia (Jonan Fernández), dentro do noso corazón, desde aí é desde onde construímos a paz, cada día, connosco mesmo e cos demais. Tal e como o dicía maxistralmente o propio Mahatma Gandhi: "Os únicos demos que existen no mundo aniñan dentro do noso propio corazón".

   Tranversalmente, na materia de Educación para a Cidadanía, nas horas de titoría, e en todas e cada unha das materias, dentro e fóra das aulas, no Plan de Centro, no clima escolar, a educación é sobre todo atmosfera, dicía Henry Adams, temos que aprender a construíla e así celebrar a paz de todos os días, a convivencia, compartir vivencias xuntos, para que o 30 de Xaneiro, non se converta nunha rutina, para que a paz sexa algo máis que un conto de pombas e globos, flor dun día, cada ano, por moi brillante que sexa.

   Porque as rutinas anulan a paixón e sen paixón dificilmente podemos aprender e educar para facer as paces, así en plural, fronte a todas as violencias.

O Seminario Galego de Educación para a Paz, suxire, nesta ocasión, reflexionar, debater, traballar sobre "A aprendizaxe da democracia na escola", sobre un texto magnífico de José Tuvilla, con distintos recursos e materiais que podedes baixar da web: www.sgep.org.

Unha das actividades realizadas polos alumnos de 1º da ESO na asignatura de "Reli", foi a de deseñar  pegatinas alusivas á paz. Estas pegatinas serán repartidas no noso colexio o vindeiro luns, Dia da Paz a todos os nenos e nenas do centro.

  Autores: Xosé Manuel, Carlos, Nando e Alejandro (1º ESO)

   Autora: Elisabeth Domínguez (1º ESO)

 Autora: Cristina Fernández (1º A)

 Autoras: Andrea Salido, Eva Gil e Begoña Muiño (1º ESO)

 Autor: Francisco Rañales (1º ESO)


 Noelia Calvo (1º ESO)

Que teñamos, que teñades, un feliz Día Escolar da Non violencia e a Paz, neste 64 aniversario da morte de Gandhi,  para que o 30 de Xaneiro sexa o principio da celebración da paz de todos os días...

domingo, 25 de diciembre de 2011

CARREIRA "QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE"


A  pesar do mal tempo que nos acompañou o martes, o milagre fíxose posible  e os nos@s rapaces vencendo a choiva e o frío correron no maratón  solidario que organizou o noso colexio.
Desde o CPI “Conde de  Fenosa” agradecemos a todo o alumnado a participación na carreira  “Quilómetros de Solidariedade” e por suposto, a nosa atleta Paula  Mayobre por apoiar esta causa e correr cos rapaces e rapazas do noso  colexio. Mención especial para os alumnos e alumnas que buscaron  patrocinadores entre os profesores/as e tamén fora das aulas, grazas aos cales a recadación superou os  800 euros.
Noraboa a tod@s e grazas pola vosa implicación e solidariedade.
  Nota de prensa

Os nosos atletas solidarios 


Paula recibindo de máns da directora un agasallo

EXITO DA "OPERACIÓN QUILO" REALIZADA NO NOSO COLEXIO




Por segundo ano consecutivo o noso colexio realizou a campaña de recollida de alimentos para a Cociña Económica. Recadáronse perto de 600 quilos de alimentos que foron levados, coa colaboración do Concello, ata  Ferrol. Grazas a todos e todas: familias, alumnado, profesorado e comunidade  educativa en xeral pola vosa aportación, pola vosa solidariedade e polo voso apoio nesta campaña.



 Nota de prensa no Diario de Ferrol. www.diariodeferrol.com

domingo, 18 de diciembre de 2011

I CERTAME DE PANXOLIÑAS CONCELLO DE ARES

O sábado 17 de decembro tivo lugar na Igrexia Parroquial de Ares o I Certame de Panxoliñas organizado polo noso Concello. Actuaron  o coro xuvenil ( no que temos grandes cantantes do noso cole), o coro Voces Amigas, a Coral do casino, o coro parroquial e a Rondalla Trovadores. Aqui vos deixamos un pequeno video con unha das panxoliñas de fondo que cantou o coro xuvenil.  FELIZ NADAL A TOD@S.



           

martes, 13 de diciembre de 2011

MARATÓN SOLIDARIO: VIII CARREIRA QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE


Dende fai 8 anos celébrase en miles de centros educativos de toda España a Carreira Quilómetros de Solidariedade. É unha actividade con dobre finalidade: por unha banda, espertar nos rapaces e rapazas un espírito crítico e solidario cara as inxustizas que afectan a millóns de nenos e nenas de todo o mundo e, por outra banda, recadar fondos para axudar a infancia mais desfavorecida e facer que se respecten os seus dereitos.
 O noso centro o CPI  “Conde de Fenosa”, a través dos departamentos de relixión e educación física, está a participar este ano nesta actividade en colaboración coa ONG “Save the Children”, polo que,  o martes 20 de decembro, os rapaces de secundaria do noso colexio realizarán un Maratón Solidario facendo un percorrido  por Ares.
Cada rapaz e rapaza abonará 1 € por inscribirse na carreira e recibirá un dorsal, un carné de corredor e un diploma acreditativo de participación. Pola súa banda, a recadación das inscricións irá a parar a través de Save the Children a reconstrución de infraestruturas escolares na República Democrática do Congo.
Estaremos acompañados nesta carreira pola atleta aresá Paula Mayobre que apoiará esta causa coa súa presenza , acompañando aos rapaces e rapazas do noso centro.
Agradecemos ao alumnado do noso centro a súa participación e  solidariedade e invitamos a todos os pais e nais a que o día 20 saian a rúa a apoiar aos nosos corredores solidarios.


lunes, 12 de diciembre de 2011

OPERACIÓN QUILO DE NADAL 2011

                    Solidarios coa Cociña Económica de Ferrol

Tras o éxito acadado coa I Operación Quilo no pasado Nadal, na que grazas á implicación de toda a comunidade educativa (alumnado, pais e nais, profesorado…) conseguimos perto de 500 quilos de alimentos, este ano estamos a  planificar a II Operación Quilo de Nadal 2011, unha campaña de recollida de alimentos para colaborar coa Cociña Económica de Ferrol. Esta é unha das institucións benéfico-sociais más importantes da cidade, e o seu comedor alberga diariamente a centos de persoas, que acoden a recibir unha ración de xantar coa que poder subsistir.Por isto alumnado, profesorado e familias poderán  contribuír de maneira voluntaria aportando  calquera alimento non perecedeiro, do 1 ao 15  de Decembro. Esperamos a vosa colaboración e que participedes xunto cos vosos/as fillos/as para contribuír a facelos máis solidarios e xenerosos fronte os menos favorecidos.

                                          Grazas pola vosa colaboración



lunes, 21 de noviembre de 2011

20 de Novembro Día Internacional dos Derechos da Infancia

Todos temos dereitos, adultos e nenos. A gran diferenza é que os adultos podemos pelexar por eles, esixir que se cumpran, en cambio os nenos, necesitan de nós para que os seus dereitos se respeten. Os nenos deben ser protexidos e coidados, non só pola súa familia e o seu grupo primario, polo Estado, polos políticos, pola cidadanía enteira. Os dereitos dos nenos son tan amplos como amplos son os aspectos dunha vida, teñen dereito a estudar, a vivir en condicións dignas, a que se coide da súa saúde (física e mental), a ser alimentados e sobre todo amados. Cada un de nós, seguramente desde o seu lugar, tenta que estes dereitos sexan respectados, pero non sempre a realidade permite que iso se cumpra. As políticas de seguridade social, saúde, educación moitas veces non contemplan estes dereitos básicos. É un deber de todos coñecer cales son os dereitos que os nosos mozos teñen porque, coñecendo, é máis fácil loitar por que todos gocen deles.
Todos e cada un dos dereitos da infancia son inalienables, irrenunciables, innatos e imprescindibles para unha boa infancia.
O alumnado  da ESO da clase de Reli, reflexionou sobre o tema e fixemos diversas actividades como murais, power points e videos. Aquí podedes ver unha mostra do seu traballo.





lunes, 10 de octubre de 2011

Semana de Mobilización contra a Pobreza. Outubro 2011

Entre o 9 e o 17 de outubro de 2011 celébrase en toda España a Semana de Mobilización contra a Pobreza. Desde o ano 2005 a sociedade mundial mobilízase durante esta Semana para esixir aos líderes políticos o fin da pobreza. Acabar coa pobreza é unha decisión política e o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio é o primeiro paso para acadala. Existen medios suficientes, tecnoloxías, desenvolvemento e capacidade para cumprilos. Tan só esixe vontade política por parte dos Estados.

A erradicación da pobreza só é posible co apoio e o esforzo de todas e todos. Todos podemos colaborar dando a coñecer a situación, sensibilizando ás nosas familias e compañeiros e compañeiras do centro educativo e actuando para que a erradicación da pobreza antes do ano 2015 sexa unha realidade e non só un soño. TODOS SOMOS RESPONSABLES.
Convidámoste a participar na Semana de Mobilización contra a Pobreza. Este ano, baixo o lema: ÚNETE Á REBELIÓN.

“A pobreza non é un fenómeno natural. É o resultado da acción humana e pode ser superada e erradicada coas accións dos seres humanos” . Nelson Mandela
SOMOS A PRIMEIRA XERACIÓN QUE PODE ERRADICAR A POBREZA.

domingo, 2 de octubre de 2011

" POR NADA": un corto que aborda la problemática del acoso escolar

COMENTARIO DIDÁCTICO
"Por nada" es un corto de ficción basado en hechos reales descritos por personas que llevan años analizando los comportamientos violentos de sectores muy concretos de nuestra juventud, más concretamente del que fuera el Primer Defensor del Menor, Javier Urra.
En él se nos presenta a unos alumnos de un colegio, la pandilla de Roi, aburridos y consentidos, resultado de una educación permisiva y superprotectora, que produce tanto daño como el autoritarismo, en nuestra juventud.
Aborda también el tema de la violencia, de su práctica y de su publicación a través de Internet, en Youtube en este caso, y del llamado ciberacoso, la grabación no autorizada de imágenes, reales o ficticias, que luego son publicitadas sin consentimiento en la red.
Permite reflexionar sobre la violencia, el ciberacoso o matonismo y la convivencia, sobre el respeto, la justicia, la responsabilidad sobre los propios actos, el aburrimiento o la diversión.

Vamos pues a reflexionar sobre ello, sobre si las situaciones que se describen en él se adaptan a la realidad, si se quedan cortas o si piensas que son una exageración...

Tras el debate del tema y la exposición del mismo en clase, deberéis de hacer un comentario reflexivo y agregar las conclusiones a las que lleguéis en el blog.



X NADA (1ª parte)


X NADA (2ª parte)



CHOCOLATADA SOLIDARIA EN ARES A FAVOR DE SOMALIA

Este venres celebrouse a I Chocolatada Solidaria en Ares.  A verdade e que foi todo un éxito. O diñeiro recadado irá a parar a Somalia a través de cáritas. 
Desde aquí felicitar as persoas que organizaron o evento e a toda a xente que solidariamente acudíu a el.