Preme na imaxe e realiza a actividade
martes, 10 de abril de 2012
martes, 20 de marzo de 2012
28 CONCURSO ESCOLAR DA ONCE
Como ven sendo habitual a ONCE convocou o 28 Concurso Escolar co lema de "Fai o teu barrio accesible". Os nosos alumn@s puxéronse no lugar das persoas que teñen problemas para ver, escoitar, para camiñar... analizaron o noso contorno desde unha nova perspectiva, a de aquelas persoas que viven con algún tipo de discapacidade. E así, uns elaboraron fotoreportaxes e outros videos para denunciar que tod@s temos os mesmos dereitos, que os nosos barrios deben ter accesibilidade para que todo o mundo poida moverse por eles e que os barrios e as cidades teñen que ser accesibles para tod@s.
Aquí vos deixamos algúns dos videos que os alumnos e alumnas de 1º e 2º da ESO realizaron para o concurso.
Video elaborado por Iago, Elisabeth, Noelia e Cristina de 1º ESO
Video elaborado polo alumnado de 2º de ESO
Video realizado polo alumnado de 2º de ESO
domingo, 11 de marzo de 2012
XESÚS DE NAZARET. STORY BOARD
Un story board é o desenvolvemento dunha historia visualmente, empregando a linguaxe de planos e máis o debuxo (cómic), como procedemento básico. Os alumnos de 2º da ESO fixeron un sobre a vida de Xesús de Nazaret.
Picade enriba del para velo en grande
Open publication - Free publishing
miércoles, 15 de febrero de 2012
lunes, 13 de febrero de 2012
Unha imaxe vale mais que mil palabras...
Que te suxire a viñeta?
Que contestarías ti se foses o neno ? Por qué?
Qué eliminarías da televisión? Por qué?
Cales son os teus programas favoritos?
Cales son os teus programas favoritos?
Cal sería a noticia que che gustaría que aparecese na televisión?
miércoles, 8 de febrero de 2012
QUE É O MAIS IMPORTANTE PARA MIN?
As persoas somos seres necesitados, pero cales son as nosas necesidades reais?. Estivemos reflexionando en clase sobre as cousas máis importantes na nosa vida e chegastes á conclusión de que entre elas estaban as seguintes:
- Que a túa familia te queira.
- Intentar levarse ben coa xente.
- Ser solidario, responsable e cooperar na construción dun mundo mellor.
- Ter un bo traballo
- Ter liberdade para facer o que queira sen danar a ninguén.
- Ser honrado e boa persoa.
- Que a vida teña sentido.
- Estar seguro das decisións que tomas.
- Estar en paz coas persoas achegadas.
- Non obsesionarche co diñeiro.
- Ser positivo.
- Cumprir os obxectivos da vida.
- Aceptar o teu corpo tal e como é.
- Ter fe e crer en algo.
- Ter confianza nun mesmo.
- Ser educado e amable.
- Tratar aos demais como quero que me traten a min.
- Gañar moito diñeiro
- Ter un bo físico, xa que iso che abre moitas portas.
- Que a miña xente e mais eu teñamos saúde.
Actividade: Tedes que seleccionar as tres máis importante para vós e dicir, a través dun comentario, por que elixistes esas.
jueves, 2 de febrero de 2012
ACTIVIDADES NO DÍA DA PAZ
Como a paz no pode ser somente cousa dun día, os nosos rapaces estiveron facendo unha morea de actividades durante toda a semana e esperamos seguir así todo o ano...
Entre as actividades que fixemos ademais de realizar os deseños das pegatinas para a paz, os alumnos de 2º e 3º da ESO fixeron un mural super chulo cunha pomba e un lema que di "cada noite, antes de que pechemos os nosos ollos para durmir, lembremos que a paz é o noso soño".
Tamén os nenos e nenas de 5 anos visitaron a aula de música no edificio de secundaria. Alí os alumnos e alumnas de 3º da ESO e mais o alumnado de 2º da ESO de “Reli” contáronlles aos pequerrechos dous contos sobre a paz titulados “Buscando a paz “ e “A espada pacifista”. O remate dos contos os rapaces e rapazas de 3º dirixidos pola profe de música Teresa, interpretaron o Himno a Alegría. Os pequerrechos de infantil portáronse moi ben e foron agasallados con uns caramelos. Esperamos que volvan pronto a facernos unha visita.
Antonio contándolle o conto aos pequerrechos
sábado, 21 de enero de 2012
SE TI QUERES PODES CAMBIAR O MUNDO
Qué te suxire este vídeo?
Cres que estas actitudes son habituais na nosa sociedade?. Son habituais na túa vida?
Viches a película "Cadena de favores?. Encontras algunha similitude co video?
(Contesta a través dun comentario)
sábado, 14 de enero de 2012
30 de Xaneiro: Día Escolar pola Paz 2012
Achegámonos a unha nova edición do Día Escolar da Non violencia e a Paz (DENYP), na súa denominación completa e tal como a acuñou Llorenç Vidal, alá por mediados os anos '60, en coincidencia co aniversario da morte violenta de Mahatma Gandhi, un 30 de Xaneiro de 1948.
Ademais de celebrar o Día Escolar pola Paz, cada 30 de Xaneiro, cousa que debemos facer, sería mellor (e desde logo máis efectivo) celebrar a paz de todos os días e preguntarmonos e interpelar ao alumnado sobre onde está a paz, e en que lugar debemos buscala. Porque non está, como adoitamos crer, fóra de nós, nos grandes líderes mundiais, nin tampouco nas pombas que soltamos, ou nos paneis que debuxamos, nas mans de cores que estampamos en muros e corredores... como ás veces cre o noso alumnado, senón que debemos aprender a escoitar a voz da nosa propia conciencia (Jonan Fernández), dentro do noso corazón, desde aí é desde onde construímos a paz, cada día, connosco mesmo e cos demais. Tal e como o dicía maxistralmente o propio Mahatma Gandhi: "Os únicos demos que existen no mundo aniñan dentro do noso propio corazón".
Tranversalmente, na materia de Educación para a Cidadanía, nas horas de titoría, e en todas e cada unha das materias, dentro e fóra das aulas, no Plan de Centro, no clima escolar, a educación é sobre todo atmosfera, dicía Henry Adams, temos que aprender a construíla e así celebrar a paz de todos os días, a convivencia, compartir vivencias xuntos, para que o 30 de Xaneiro, non se converta nunha rutina, para que a paz sexa algo máis que un conto de pombas e globos, flor dun día, cada ano, por moi brillante que sexa.
Porque as rutinas anulan a paixón e sen paixón dificilmente podemos aprender e educar para facer as paces, así en plural, fronte a todas as violencias.
O Seminario Galego de Educación para a Paz, suxire, nesta ocasión, reflexionar, debater, traballar sobre "A aprendizaxe da democracia na escola", sobre un texto magnífico de José Tuvilla, con distintos recursos e materiais que podedes baixar da web: www.sgep.org.
Unha das actividades realizadas polos alumnos de 1º da ESO na asignatura de "Reli", foi a de deseñar pegatinas alusivas á paz. Estas pegatinas serán repartidas no noso colexio o vindeiro luns, Dia da Paz a todos os nenos e nenas do centro.
Autores: Xosé Manuel, Carlos, Nando e Alejandro (1º ESO)
Autora: Elisabeth Domínguez (1º ESO)
Autora: Cristina Fernández (1º A)
Autoras: Andrea Salido, Eva Gil e Begoña Muiño (1º ESO)
Que teñamos, que teñades, un feliz Día Escolar da Non violencia e a Paz, neste 64 aniversario da morte de Gandhi, para que o 30 de Xaneiro sexa o principio da celebración da paz de todos os días...
martes, 10 de enero de 2012
domingo, 25 de diciembre de 2011
CARREIRA "QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE"
A pesar do mal tempo que nos acompañou o martes, o milagre fíxose posible e os nos@s rapaces vencendo a choiva e o frío correron no maratón solidario que organizou o noso colexio.
Desde o CPI “Conde de Fenosa” agradecemos a todo o alumnado a participación na carreira “Quilómetros de Solidariedade” e por suposto, a nosa atleta Paula Mayobre por apoiar esta causa e correr cos rapaces e rapazas do noso colexio. Mención especial para os alumnos e alumnas que buscaron patrocinadores entre os profesores/as e tamén fora das aulas, grazas aos cales a recadación superou os 800 euros.
Noraboa a tod@s e grazas pola vosa implicación e solidariedade.
Nota de prensa
Os nosos atletas solidarios
Paula recibindo de máns da directora un agasallo
EXITO DA "OPERACIÓN QUILO" REALIZADA NO NOSO COLEXIO

Por segundo ano consecutivo o noso colexio realizou a campaña de recollida de alimentos para a Cociña Económica. Recadáronse perto de 600 quilos de alimentos que foron levados, coa colaboración do Concello, ata Ferrol. Grazas a todos e todas: familias, alumnado, profesorado e comunidade educativa en xeral pola vosa aportación, pola vosa solidariedade e polo voso apoio nesta campaña.

domingo, 18 de diciembre de 2011
I CERTAME DE PANXOLIÑAS CONCELLO DE ARES
O sábado 17 de decembro tivo lugar na Igrexia Parroquial de Ares o I Certame de Panxoliñas organizado polo noso Concello. Actuaron o coro xuvenil ( no que temos grandes cantantes do noso cole), o coro Voces Amigas, a Coral do casino, o coro parroquial e a Rondalla Trovadores. Aqui vos deixamos un pequeno video con unha das panxoliñas de fondo que cantou o coro xuvenil. FELIZ NADAL A TOD@S.
martes, 13 de diciembre de 2011
MARATÓN SOLIDARIO: VIII CARREIRA QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE
Dende fai 8 anos celébrase en miles de centros educativos de toda España a Carreira Quilómetros de Solidariedade. É unha actividade con dobre finalidade: por unha banda, espertar nos rapaces e rapazas un espírito crítico e solidario cara as inxustizas que afectan a millóns de nenos e nenas de todo o mundo e, por outra banda, recadar fondos para axudar a infancia mais desfavorecida e facer que se respecten os seus dereitos.
O noso centro o CPI “Conde de Fenosa”, a través dos departamentos de relixión e educación física, está a participar este ano nesta actividade en colaboración coa ONG “Save the Children”, polo que, o martes 20 de decembro, os rapaces de secundaria do noso colexio realizarán un Maratón Solidario facendo un percorrido por Ares.
Cada rapaz e rapaza abonará 1 € por inscribirse na carreira e recibirá un dorsal, un carné de corredor e un diploma acreditativo de participación. Pola súa banda, a recadación das inscricións irá a parar a través de Save the Children a reconstrución de infraestruturas escolares na República Democrática do Congo.
Estaremos acompañados nesta carreira pola atleta aresá Paula Mayobre que apoiará esta causa coa súa presenza , acompañando aos rapaces e rapazas do noso centro.
Agradecemos ao alumnado do noso centro a súa participación e solidariedade e invitamos a todos os pais e nais a que o día 20 saian a rúa a apoiar aos nosos corredores solidarios.
lunes, 12 de diciembre de 2011
OPERACIÓN QUILO DE NADAL 2011
Solidarios coa Cociña Económica de Ferrol
Tras o éxito acadado coa I Operación Quilo no pasado Nadal, na que grazas á implicación de toda a comunidade educativa (alumnado, pais e nais, profesorado…) conseguimos perto de 500 quilos de alimentos, este ano estamos a planificar a II Operación Quilo de Nadal 2011, unha campaña de recollida de alimentos para colaborar coa Cociña Económica de Ferrol. Esta é unha das institucións benéfico-sociais más importantes da cidade, e o seu comedor alberga diariamente a centos de persoas, que acoden a recibir unha ración de xantar coa que poder subsistir.Por isto alumnado, profesorado e familias poderán contribuír de maneira voluntaria aportando calquera alimento non perecedeiro, do 1 ao 15 de Decembro. Esperamos a vosa colaboración e que participedes xunto cos vosos/as fillos/as para contribuír a facelos máis solidarios e xenerosos fronte os menos favorecidos.
Grazas pola vosa colaboración
lunes, 21 de noviembre de 2011
20 de Novembro Día Internacional dos Derechos da Infancia
Todos temos dereitos, adultos e nenos. A gran diferenza é que os adultos podemos pelexar por eles, esixir que se cumpran, en cambio os nenos, necesitan de nós para que os seus dereitos se respeten. Os nenos deben ser protexidos e coidados, non só pola súa familia e o seu grupo primario, polo Estado, polos políticos, pola cidadanía enteira. Os dereitos dos nenos son tan amplos como amplos son os aspectos dunha vida, teñen dereito a estudar, a vivir en condicións dignas, a que se coide da súa saúde (física e mental), a ser alimentados e sobre todo amados. Cada un de nós, seguramente desde o seu lugar, tenta que estes dereitos sexan respectados, pero non sempre a realidade permite que iso se cumpra. As políticas de seguridade social, saúde, educación moitas veces non contemplan estes dereitos básicos. É un deber de todos coñecer cales son os dereitos que os nosos mozos teñen porque, coñecendo, é máis fácil loitar por que todos gocen deles.
domingo, 13 de noviembre de 2011
lunes, 10 de octubre de 2011
Semana de Mobilización contra a Pobreza. Outubro 2011
Entre o 9 e o 17 de outubro de 2011 celébrase en toda España a Semana de Mobilización contra a Pobreza. Desde o ano 2005 a sociedade mundial mobilízase durante esta Semana para esixir aos líderes políticos o fin da pobreza. Acabar coa pobreza é unha decisión política e o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio é o primeiro paso para acadala. Existen medios suficientes, tecnoloxías, desenvolvemento e capacidade para cumprilos. Tan só esixe vontade política por parte dos Estados.
A erradicación da pobreza só é posible co apoio e o esforzo de todas e todos. Todos podemos colaborar dando a coñecer a situación, sensibilizando ás nosas familias e compañeiros e compañeiras do centro educativo e actuando para que a erradicación da pobreza antes do ano 2015 sexa unha realidade e non só un soño. TODOS SOMOS RESPONSABLES.
Convidámoste a participar na Semana de Mobilización contra a Pobreza. Este ano, baixo o lema: ÚNETE Á REBELIÓN.
“A pobreza non é un fenómeno natural. É o resultado da acción humana e pode ser superada e erradicada coas accións dos seres humanos” . Nelson Mandela
SOMOS A PRIMEIRA XERACIÓN QUE PODE ERRADICAR A POBREZA.
domingo, 2 de octubre de 2011
" POR NADA": un corto que aborda la problemática del acoso escolar
COMENTARIO DIDÁCTICO
"Por nada" es un corto de ficción basado en hechos reales descritos por personas que llevan años analizando los comportamientos violentos de sectores muy concretos de nuestra juventud, más concretamente del que fuera el Primer Defensor del Menor, Javier Urra.
En él se nos presenta a unos alumnos de un colegio, la pandilla de Roi, aburridos y consentidos, resultado de una educación permisiva y superprotectora, que produce tanto daño como el autoritarismo, en nuestra juventud.
Aborda también el tema de la violencia, de su práctica y de su publicación a través de Internet, en Youtube en este caso, y del llamado ciberacoso, la grabación no autorizada de imágenes, reales o ficticias, que luego son publicitadas sin consentimiento en la red.
Permite reflexionar sobre la violencia, el ciberacoso o matonismo y la convivencia, sobre el respeto, la justicia, la responsabilidad sobre los propios actos, el aburrimiento o la diversión.
En él se nos presenta a unos alumnos de un colegio, la pandilla de Roi, aburridos y consentidos, resultado de una educación permisiva y superprotectora, que produce tanto daño como el autoritarismo, en nuestra juventud.
Aborda también el tema de la violencia, de su práctica y de su publicación a través de Internet, en Youtube en este caso, y del llamado ciberacoso, la grabación no autorizada de imágenes, reales o ficticias, que luego son publicitadas sin consentimiento en la red.
Permite reflexionar sobre la violencia, el ciberacoso o matonismo y la convivencia, sobre el respeto, la justicia, la responsabilidad sobre los propios actos, el aburrimiento o la diversión.
Vamos pues a reflexionar sobre ello, sobre si las situaciones que se describen en él se adaptan a la realidad, si se quedan cortas o si piensas que son una exageración...
Tras el debate del tema y la exposición del mismo en clase, deberéis de hacer un comentario reflexivo y agregar las conclusiones a las que lleguéis en el blog.
X NADA (1ª parte)
X NADA (2ª parte)
CHOCOLATADA SOLIDARIA EN ARES A FAVOR DE SOMALIA
Este venres celebrouse a I Chocolatada Solidaria en Ares. A verdade e que foi todo un éxito. O diñeiro recadado irá a parar a Somalia a través de cáritas.
Desde aquí felicitar as persoas que organizaron o evento e a toda a xente que solidariamente acudíu a el.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
-
Viento impetuoso, temblor del cielo, fuego sobre los hombres... pintar Pentecostés es un reto para el arte. "Pentecostés", obra ...
-
Son muchos los libros que se han publicado en los últimos años respondiendo a la pregunta de si Fe y Ciencia son compatibles. Uno de los ...
























