martes, 12 de marzo de 2024

EXPOSICIÓN 8M: SEMENTANDO IGUALDADE

Na entrada de secundaria podedes visitar esta interesante exposición para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, que recolle a biografía e fai repaso dos logros de diferentes mulleres galegas en diferentes eidos: a arte, a literatura, o deporte, a pedagoxía, a ciencia, a música... Figuras destacadas como Rosalía de Castro, Isabel Zendal, Verónica Boquete, Maruja Mallo, Belén Toimil, Luz Casal, Mabel Rivera entre outras, son algunhas das mulleres protagonistas desta exposición.


viernes, 8 de marzo de 2024

8 M. "O MUNDO DAS CORES": APRENDENDO IGUALDADE

 "O mundo das cores! é un conto nas que as protagonistas son as cores, unhas cores que non están dacordo cos seus roles e están dispostas a misturarse e a ser quen realmente queren ser.

O Mundo Das Cores by yolick20003194


AQUÍ VOS DEIXAMOS O CONTO NARRADO POLO ALUMNADO


martes, 30 de enero de 2024

DÍA ESCOLAR DA PAZ 2024

A última semana do mes de xaneiro todo o centro volcouse na celebración do Día Escolar da Paz e da Non Violencia. Todas as aulas sumáronse a variadas  propostas para visibilizar a importancia desta data e sensibilizar á comunidade educativa da necesidade dunha convivencia pacífica e enriquecedora.

Hoxe 30 de xaneiro (Día Escolar da Paz) reunímonos o alumnado e profesorado de todos os ciclos e niveis no patio cuberto e deixamos a nosa pegada a favor da paz diante dunha fermosa pomba, símbolo da paz, realizada por Alberto (o noso conserxe). Os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria colaboraron no recheo da mesma con xiz.

Un grupiño de alumnos/as representando a cada curso deron lectura a un manifesto pola paz. O acto finalizou cantando todos xuntos  a canción “ El mundo entero” que foi tamén signada polo alumnado. Ao ritmo desta melodía os rapaces e rapazas das Mirandas quixeron transmitir que respectando as diferenzas, valorando a súa riqueza é camiñando xuntos, non hai muro que nos separe e esta é a forma máis importante para eliminar a violencia e acadar a paz que está dentro de nós.

 

     

👉  Por outra banda, e en formato podcast, o alumnado de 3º de ESO realizou un programa especial

 sobre o día da paz que podedes escoitar aquí.

👉Tamén o alumnado de 4º de ESO preparou e interpretou  dous contos sobre a paz 

para os nenos e nenas de 1º a 4º de Educación Primaria. 

 


 

👉Por último o alumnado de todos os niveis deseñaron debuxos e logos alusivos á paz que foron impresos en pegatinas e repartidas a toda a comunidade educativa.

 


 Aquí queda unha presentación con todos os debuxos sobre a Paz






miércoles, 20 de diciembre de 2023

FELICITACIÓNS PARA AS USUARIAS DO CENTRO DE DÍA

Un ano máis quixemos felicitar  ás persoas maiores usuarias do  Centro de Día de Ares. A rapazada da ESO elaborou  felicitacións personalizadas para cada unha delas cunha dedicatoria moi especial. Ademais agasallámolos cunha serie de xogos feitos no cole (un quebracabezas, un dominó, un tres en raia e un xogo de memoria) para que pasen algúns dos seus ratiños entreténdose con eles. Elas merecen o mellor e, sobre todo, que nos lembremos do moito que lles debemos.

Grazas a Felipe, o profe de tecnoloxía, por axudarnos na  elaboración dos xogos e a todas as rapazas e rapaces por esas postais tan fermosas.

Desexámoslles unhas Felices Festas e un próspero Ano Novo cardadiño de saúde e saudade para todas e para  o persoal que tan ben coida delas.

 


Algunhas das postais










martes, 19 de diciembre de 2023

OPERACIÓN QUILO DE NADAL. CPI AS MIRANDAS

Hoxe entregamos os alimentos recollidos na Operación Quilo de Nadal.

Un ano máis a vosa solidariedade paliará as necesidades das persoas que máis necesitan a axuda de todas e todos nós. Graciñas familias, alumnado, profesorado e comunidade en xeral pola vosa aportación, pola vosa solidariedade e polo voso apoio nesta campaña.

                                                             BO NADAL

sábado, 25 de noviembre de 2023

25 N: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 Neste “Día Internacional Contra a Violencia de Xénero” no CPI As Mirandas o alumnado e profesorado da ESO reunímonos  nun acto no que,  alumnas e alumnos de 4º da ESO,  deron lectura a dous manifestos a través dos cales quixemos arroxar luz e denunciar esta realidade, tantas veces escondida e silenciada como é a violencia de xénero, así como recordar que se debe seguir insistindo en campañas de prevención, informando e previndo desde todos os ámbitos da sociedade: desde a familia, cunha educación en igualdade, desde os colexios, cunha coeducación real, desde o traballo e desde os poderes políticos.




 
 Rematamos o acto cantando a canción “A veciña do cuarto” de Fillas de Casandra

viernes, 24 de noviembre de 2023

CONTACONTOS POLO DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA

 O xoves 23 de novembro, e con motivo do Día dos Dereitos da Infancia, parte do alumnado de 3º da ESO realizou unha actividade de contacontos para os nenos e nenas de 1º de primaria.

A través do conto “Artai, O neno xigante” aprendemos que os nenos e nenas deben ser protexidos contra toda forma de abandono, malos tratos, crueldade e abusos. Non deberá permitirse aos nenos e nenas traballar antes da idade mínima adecuada...' e non poden ser explotados.

O alumnado da ESO repartidos por parellas e en grupos, explicáronlles aos máis pequenos/as o por qué da celebración desta data tan importante, narraron o conto de “O neno xigante”, repartiron un pequeno agasallo a todos os asistentes (uns marcapáxinas feitos por eles que contiñan un dereito fundamental) e dinamizaron a actividade cun simpático xogo de pasapalabra.

Foi unha actividade super chula. Aos pequenos/as encantoulles e estiveron super atentos e participativos.

Grazas á rapazada de 3º ESO pola  preparación e realización desta actividade. Fixéstelo xenial!











 Aquí podedes acceder ao conto.

Artai, o Neno Xigante by yolick20003194

lunes, 20 de noviembre de 2023

20 novembro. DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DOS NENXS

 Hoxe celebramos o Día Internacional dos Dereitos dos Nenxs, lembrando e reivindicando os dereitos que cada neno e nena teñen polo simple feito de ser nenos. Debemos asegurarnos de que teñan unha infancia feliz, segura e chea de oportunidades para crecer e desenvolverse plenamente.

Neste día, non debemos esquecer que cada neno, nena ou adolescente é especial e único, e merece ser tratado con dignidade e respecto. É o deber de toda a sociedade asegurarnos de que se cumpran  os seus dereitos e de traballar xuntos para construír un mundo máis xusto e equitativo para todos.

O alumnado da ESO reuniuse para conmemorar esta data e ler un manifesto a favor dos seus dereitos.

Tamén o alumnado de 3º de ESO visitou as clases de infantil e primaria para falarlles deste día tan especial e agasallalos cun cartel e uns marcapáxinas  ilustrados con todos os dereitos, que fixeron para eles os alumnos e alumnas de 2º e 3º de ESO.

Aquí vos deixamos un vídeo resumo do acto.

lunes, 24 de abril de 2023

ZERO

 Nun mundo que xulga á xente polo seu número, Zero enfróntase a un prexuízo e unha persecución constante. El anda un camiño en soidade, ata que un encontro, por casualidade, cambia a súa vida para sempre. El coñece a unha muller Cero. Xuntos, demostran que a través  da determinación, da coraxe e do amor, nada pode ser realmente algo.

Unha curta marabillosa que pode ser unha analoxía da sociedade actual, e co que podemos comprender e aprender a:

·         Coñecer e denunciar aqueles sistemas totalitarios e xerarquizados de onte e de hoxe que degradaron e degradan ás persoas pola súa condición física, mental, sexual e/o pola súa ideoloxía.

·         Os dereitos humanos, o dereito para respectar ao ser diferente e a loitar contra o racismo e contra todo tipo de discriminacións.

·         A necesidade de sentirnos queridas, queridos e valorados/as como cimento da autoestima e, con iso, poder desenvolver o noso proxecto de vida.

·         Valorar a importancia da inclusión na sociedade na que vivimos.


Despois de ver a curta cubre a ficha de traballo.

miércoles, 1 de marzo de 2023

UN ERROR DE CÁLCULO

 


Este “collage” reflicte un cadro de Dalí e unha imaxe de Dionisio o Exiguo. Non sei si sabedes que este personaxe tivo moito que ver con "algo" do que representa Dalí no seu cadro.

Debedes investigar quen foi este personaxe e plasmar nun comentario a relación que ten coa imaxe do cadro.

CONMEMORACIÓN DO DÍA ESCOLAR DA PAZ

O luns 30 de xaneiro de 2023, conmemoramos o Día Escolar da Paz e da Non Violencia nun acto conxunto no que todo o alumnado e profesorado do centro visibilizamos unidos o noso compromiso cara á erradicación da violencia e o establecimento dunha cultura da paz no noso día a día. 

Os nenos e nenas de cada clase leron as mensaxes de paz coas que adornaron as portas das súas aulas  e  rematamos o acto cantando a canción “Mensajes del agua”.


domingo, 26 de febrero de 2023

ROSALÍA DE CASTRO A TRAVÉS DOS NOSOS MURAIS

 As nenas e nenos de infantil sumáronse  á conmemoración do Día de Rosalía facendo este fermoso mural inspirado  na frase de Rosalía de Castro:

 “ Galicia florida, cal ela ningunha de frores cuberta, cuberta de espuma». 

Que preciosidade!

 Tamén o alumnado de 3º e 4º da ESO, realizou na materia de Relixión un vistoso mural. Seguindo a proposta da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), que utiliza este ano o lema #cumpriuseaxustiza, o collage denuncia as inxustizas do mundo, plantexando a pregunta... "Que diría Rosalía"?.

A rapazada buscou na prensa imaxes de conflitos bélicos de hoxe, da inmigración no mundo, da explotación no traballo, os prezos da vivenda... e plasmouno no mural ilustrando as imaxes con palabras que nos deben facer reflexionar, e que ben poderían ser ditas por Rosalía, hoxe en día:  xustiza social, loita, lei, aldraxe, desigualdade, inxustizas, dignidade, solidariedade, conciencia, moral...

 


 
 

 




jueves, 16 de febrero de 2023

FESTIVAL DE CLIPMETRAXES: Persoa tamén se escribe con A, de Alimentos e Agua.

 O alumnado de 2º ESO crearon o seguinte vídeo para concursar no Festival de Clipmetraxes sobre a pobreza e o cambio climático . Como hai un premio ao clipmetraxe máis votado, pediriámosvos que si queredes, piquedes no enlace, o vexades e nos regaledes un voto.

https://www.youtube.com/watch?v=F2x3zKzoB8A

 

 O Festival de Clipmetraxes é unha actividade que fomenta o traballo en equipo e é unha maneira divertida e participativa de implicarse nun problema global. Nesta edición, queremos reflexionar sobre a repercusión que as nosas accións individuais, como un consumo máis responsable ou a loita contra o malgasto alimentario, teñen no acceso universal á auga e aos alimentos e descubrir os ODS (obxectivos de desenvolvemento sostible) como ferramenta para mellorar a vida das persoas e loitar contra a desigualdade. 

 POR UN MUNDO MÁIS HUMANO E SOSTIBLE!!!

lunes, 31 de octubre de 2022

DÍA INTERNACIONAL para a erradicación da POBREZA

 Nun mundo caracterizado por un nivel sen precedentes de desenvolvemento económico, medios tecnolóxicos e recursos financeiros, é un escándalo moral que millóns de persoas vivan na extrema pobreza.


As persoas que viven na pobreza experimentan moitas privacións interrelacionadas que se reforzan mutuamente, impedíndolles exercer os seus dereitos e perpetuar a súa pobreza, entre elas:

 👉condicións de traballo perigosas

  👉vivenda insegura

 👉 falta de alimentos nutritivos

  👉acceso desigual á xustiza

 👉falta de poder político

 👉 acceso limitado á atención médica


A desigualdade de oportunidades e de ingresos aumentan bruscamente e, cada ano, a brecha entre ricos e pobres faise máis grande. No último ano, mentres millóns de persoas loitan contra a erosión dos dereitos dos traballadores e a calidade do emprego para chegar a outro día, o poder empresarial e a riqueza da clase multimillonaria rexistraron un aumento sen precedentes.


A pobreza e a desigualdade non son inevitables. Son o resultado de decisións deliberadas ou da falla de medidas que desempoderan aos máis marxinados das nosas sociedades e violan os seus dereitos fundamentais. A violencia silenciosa e sostida da pobreza dificulta a saída das persoas atrapadas na pobreza extrema e nega a súa humanidade.



TRABALLO QUE CHE PIDO: 1. Que institucións hai na túa contorna para axudar aos empobrecidos? (só tes que citar os seus nomes) 2. Dirías que a pobreza é algo que teñas habitualmente na túa contorna? A túa resposta pode ser SI ou NON, pero para estar máis seguros, PROCURA FIXARTE, durante toda unha semana na túa contorna (o teu barrio, as rúas polas que pasas, os locais que frecuentas, as persoas coas que te atopas / cruzas, os xornais ou noticia que les) e achega os datos da túa investigación. 3. ESTE VÍDEO que te convido a ver fálanos de dous mundos moi distantes, pero non tan distintos (Nova York e Quenia).



4. E España! Busca datos na internet sobre a pobreza no noso país na actualidade. Logo comenta os dous datos que máis che fixeron pensar. SOBES a túa resposta a través dun comentario a esta entrada e NON ESQUEZAS escribir o teu NOME, número e curso. GRAZAS!

jueves, 15 de septiembre de 2022

O SENTIDO DA VIDA

 O sentido da vida: O brúxula que nos orienta

Achar o sentido da vida non sempre é fácil. Hai persoas que atravesan por unha crise existencial antes de atopalo e outras, nunca se plantexaron sequera esta cuestión e viven simplemente por inercia. Con todo, o sentido da vida é o que nos motiva e impulsa, o que nos enche e fainos máis felices. Ter un obxectivo na vida axúdanos a superar os obstáculos e permítenos comprender que cousas son verdadeiramente importantes e cales son nimiedades que só serven para roubarnos tempo e enerxía. Por iso, a longo prazo, ter un sentido da vida permítenos ser máis eficaces, enfrontar os problemas desde unha perspectiva máis madura e, por suposto, ser máis felices.

Por sorte, ou por desgraza, o sentido da vida non é unha fórmula máxica nin unha meta que se poida transferir dunha persoa a outra, debe ser unha resposta que veña do teu interior e que che satisfaga só a ti. Con todo, algunhas preguntas poden axudarche a atopar o verdadeiro sentido da vida. E antes de respondelas, ten en conta a  frase de Voltaire: “A un home non se lle xulga polas súas respostas senón polas súas preguntas”.

1.-  Existe Deus?: "Todos fixémonos algunha vez esa pregunta. E quizais non todos teñamos a resposta clara. É probable que en ocasións dubidemos. Si eres dos que se fan preguntas e queres seguir investigando sobre a existencia de Deus, aquí tes un vídeo con algunhas respostas (e moita outras preguntas)


  


2.- Por qué sufrimos? "Si existe Deus e din que é bo e todopoderoso… por qué non impide o mal no mundo?, por qué sufrimos? Encontrámonos ante o problema do mal, nunca completamente resolto. Se queres investigar un pouco máis, se non che vale calquera resposta, con este vídeo podes seguir buscando".



2.- Cómo é Deus?: É un tirano? É bondadoso? É un xuiz castigador? Cómo é realmente Deus? Quizais nos alonxamos del  porque temos unha imaxe falsa ou deformada. Se queres averiguar cómo é,  ofrecémosche este vídeo".

 

El Sentido de La Vida